Skip to main content
a galiña en pel

a galiña en pel

By a Lobeira today

O primeiro podcast "puro" da Lobeira today, no que tentaremos a base de pequenas historias, vivencias e música, poñérlle o pelo de punta, isto é, a galiña en pel, á escoitanza. Atréveste a escoitalo sen que se che ouricen? Proba e fainos saber se o acadamos.

Envía as túas "galiñas en pel" ao noso correo agalinhaenpel@gmail.com ou a calquera das redes da Lobeira today.
Currently playing episode

a galiña en pel #2 Terra de pandeireteiras (especial)

a galiña en pelJan 30, 2022

00:00
29:37
a galiña en pel #2 Terra de pandeireteiras (especial)

a galiña en pel #2 Terra de pandeireteiras (especial)

Embarca nesta viaxe pola nosa terra dende Portozás atá as súas inexistentes fronteiras, pasando por Ribeira, Vigo,  o lugar de Silván, no concello de Coristanco, a illa de Ons, a vila de Pontedeume e a comarca de Santiago. Desfruta deste viaxe sonoro que busca emocionarte, conmoverte, provocarche a piloerección, isto é, acadar que se che poña a galiña en pel.  Se así é, fainolo saber comentando no episodio en anchor, ou por calquera das redes da Lobeira today.

Neste episodio extra podes atopar o seguinte:

- Mareas Vivas (o mar de Portozás) de Mercedes Peón.

- Cantar de bois e muiñeira punteada de Mercedes Peón no Luar de marzo do 1993.

- Anubía de Berrogüetto en colabora coas Cantareiras de Cantigas e Agarimos.

- Canto de arrieiro de María Castro Romero no programa Luar.

- Muiñeira de Ons de Xosé Lois Romero e Aliboria.

- Vamos Dançar de Faltriqueira.

- A voz das Evas de Leilía.

- Terra de Tanxugueiras, audio da actuación na final do Benidorm Festival de 2022.

Jan 30, 202229:37
a galiña en pel #1 - Pantasmas en Alaska

a galiña en pel #1 - Pantasmas en Alaska

Dun Xapón futurista e cheo de ciborgs á turística illa grega de Mikonos, pasando por un Brasil olímpico, unha Alaska comezando a perder o xeo, a poboación da Estrada clamando pola cultura e Aquilonia comandada polo seu novo rei. 

Desfruta deste viaxe sonoro que busca emocionarte, conmoverte, provocarche a piloerección, isto é, acadar que se che poña a galiña en pel. Se así é, fainolo saber comentando no episodio en anchor, ou por calquera das redes da Lobeira today.

Neste episodio podes atopar o seguinte:

- Utai IV: Reawakening de Kenji Kawai

- Narración de Julia Luna e Javier Soriano do 1º ouro de Mireia Belmonte en Río 2016

- Final do 5º episodio da 2ª tempada de Doutor en Alaska explicada por Uxío Broullón e comezo da DW suite de Lindsey Buckingham.

- Cultura Crítica de NAO, Tanxugueiras e Son Da Rúa.

- Anvil of Crom de Basil Poledouris (da banda sonora de Conan o Bárbaro)

- Extreme Ways de Moby (da banda sonora de O ultimatum de Bourne) 

Jan 28, 202226:47