Skip to main content
Ai, Diomio! con olaxonmario

Ai, Diomio! con olaxonmario

By olaxonmario
Ai, Diomio! é un podcast onde eu (olaxonmario) e as convidadas falamos sobre identiade local, a súa construción e manifestación, ou así. Polo caminho discutimos a actualidade, a vida, os nosos gustos e cousas desas.
Listen on
Where to listen
Breaker Logo

Breaker

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

A Burelidade con Paula Jorge

Ai, Diomio! con olaxonmario

1x
A Cuenquidade co Christo Casas - AI, DIOMIO! 01x09
Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!
01:07:01
September 22, 2021
A Ourensanía coa Arancha Nogueira - AI, DIOMIO! 01x08
Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!
58:34
September 15, 2021
A Pontevedridade co Guille Juncal - AI, DIOMIO! 01x07
Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e  sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!
01:07:14
September 4, 2021
A Cedeiridade con Cousas RarirmASMR - AI, DIOMIO 01x06
Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de  ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de  la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das  caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer  celebridades e de freixós.   #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast
59:45
August 14, 2021
A Burelidade con Paula Jorge
Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!
59:46
July 28, 2021
A Ribadensidade co Daniel Castro
Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a  condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar  ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da  Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da  canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella  Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos  Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de  traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!
58:11
July 12, 2021
A Camarinhidade co Cousxs
Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!
58:39
June 15, 2021
A Llinassencidade con AL-V
AL-V é une artiste catalán-galege que acaba de sacar o seu EP debut, 'Non quero morrer'. Natural de Llinars del Vallès (Barcelona), a metade das súas raices están na Pobra de Trives (Ourense). Hoxe estivemos discutindo como é medrar na área metropolitana de Barcelona conxugado coa súa procedencia galega. Ademais estivemos a falar do seu EP, de fonética catalá, da persona drag Licorka Fey, aprender gaiego, de bed and breakfast en Manzaneda, de apropiación cultural galega, do himno catalán, de ser dun sitio random, de ser co-host en Radio Primavera Sound, do pracer de conducir, do descubrimento folcórico e de hórreos no balcón. Xa disponhíbel nas túas plataformas de audio de confianza!
57:33
June 3, 2021
A Rianxeiridade co Aquel-e
No primeiro capítulo de 'Ai, Diomio!' estiven discutindo con Miguel Silva (O Aquel-e) a condición de ser de Rianxo, a Rianxeiridade. Ademais disto tamén estivemos falando de TikTok, do Mesón Boiro, da ser 'dos cochinas marranas', de Samantha Hudson, das festas do Castro, da Guadalupe, de ser 'da vila',  do Antros Pinos, da lotería, dos pisos de Mahía, de comer cruasáns, de xoubas e de heteros. Comentar se ser bonito e así!
59:57
May 24, 2021