Skip to main content
ProcastiNation

ProcastiNation

By Bocachanclas Productions
Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation.

Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?
Listen on
Where to listen
Apple Podcasts Logo

Apple Podcasts

Breaker Logo

Breaker

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

ProcastiNation - Love, Series & Procastinaters

ProcastiNation

1x
Especial: Procastimusics
Seguimos Procrastinando! Hoxe traemos un especial con músicas que nos marcaron na nosa vida...de diferentes formas xD. Igual é a nostalxia de que está cerca o Nadal! Non temos claro o motivo. Apetecíanos. Quen non ten músicas que lle foron importantes por algo? Existirá esa persoa? 😉
01:05:05
November 26, 2021
Elemental, querido Conan
Desta vez Procastinamos algo menos! É que pasamos a falar de S.Holmes e investigar da moito traballiño…o noso Pablo cóntanos detalles e curiosidades do rastreador más famoso da literatura. Acompañádenos na procura! Todo detalle será benvido para a análise do caso.
01:09:12
November 9, 2021
Dereitos Torcidos
Seguimos Procastinando! Neste caso O'Roi tráenos o polémico tema do dereitos de autor. Para quecer motores falamos antes dos trocos na lista das mellores cancións da historia da revista Rolling Stone. Moita música e charlas procastinadoras ;)
01:10:17
October 22, 2021
Estudo de Caso: Scenes from a marriage
Chega un novo formato a Procastination! Os Estudos de Caso. Poñemos a bata branca e collemos o bisturí. Analizamos Escenas de un matrimonio, miniserie de HBO. Debullade con nós!
01:22:56
October 16, 2021
Denis nas Dunas
Metémonos nas areas movedizas do Sci-fi! Aproveitamos o fenómeno Dune para facer unha pequena retrospectiva e reflexión do director Denis Villeneuve. Necesitábamos expresar a experiencia post pantalla grande. E comentar iso de si o canadiense é “comercial ou “artista”. Acompañádenos! E se é coa peli vista mellor! Procrastinar ocupa lugar.
01:02:07
October 1, 2021
Unha volta brava
Volve o baile e tamén a Procastinación! A República independente do Procastine. O caso é que estamos aquí de novo. Presentando novos contidos e cunha pequena charla informamente friki co amigo Alex Carro.
48:16
September 24, 2021
ProcastiNation - Love, Series & Procastinaters
Boa noite de San Xoán! Nós decidimos pechar a temporada charlando dunha das nosas series preferidas: Love & Death & Robots. Meigas e ciencia ficción. Somos de mesturas curiosas! Conversamos principalmente da segunda temporada. Grazas por acompañarnos! Volveremos en setembro!
01:23:05
June 23, 2021
ProcastiNation - Oscars, antioscars e antiheroes
Coa calor...Procastinar ocupa máis lugar!! Nós desta vez abrimos con debate interno Razzies-Oscars, e despois O’Roi vainos falar de Walter Hill e os antiheroes. Poñede crema para o sol!
01:07:39
June 4, 2021
ProcastiNation - Xeración Naomi Klein
Volven as nosas ensaladas! Esta semana con golfiños ci-fi, a canle xabarín e unha app curiosa (por non dicir algo máis). Na sección desta vez Lois nos fala de Naomi Klein, activista e xornalista, facendo un pequeno percorrido polos seus libros máis relevantes. Rematade Maio con nós! 22 xa…está claro que procastinar ocupa lugar.
01:04:52
May 28, 2021
ProcastiNation - Especial 🎬Cuñados🎬 con Araceli Gonda
Desta vez vai de familias!! Estivo con nós Araceli Gonda, guionista de Cuñados. Detrás dos focos tamèn hai estrelas! Parte do éxito dunha das pelis da tempada leva o seu bo facer. Falamos un pouco de todo, que aparte de escribir tamén hai que vivir
58:12
May 21, 2021
ProcastiNation - Xela e as Lobas que se fan oír
Feliz día das Letras Galegas!! Tivemos a inmensa sorte de celebralo coas chicas da Banda da Loba. Viñeron tres das cinco: Andrea, Marcela e Estela. En riguroso diferido, como di Pablo, que esta semana elas non paran coa presentación do seu EP Hasme Oír, feito cos versos de Xela Arias. E o seu talentazo!
01:00:53
May 17, 2021
ProcastiNation - Falcon and the Winter Carro
Unha xente denominada como Disney rematou serie nova. E nós debatimos sobre os pros/contras e temáticas de Falcon and the winter soldier. No final o título cambiou. O que non muda é o noso experto nestas temáticas, don Alejandro Carro. Non poñades o escudo coas estrelas e unirse ó conto con nós.
01:27:28
April 30, 2021
ProcastiNation - De illas e churrascadas con Melania Cruz
A nosa querida Melania Cruz visitou a sede central de Procastination. Tomamos froita, confesámonos, rimos, debatimos...e todo coa excusa de falar de Ons. Que ben se está cando se está ben ;)
01:13:51
April 23, 2021
ProcastiNation - Vamos de bares
Procrastinar non aburre! Desta vez falamos de traballos do futuro, de Leo e os coches eléctricos e de expresións con china que nada teñen que ver coa pandemia. Lois falaranos dunha obra de actualidade en Santiago, que protagoniza o noso invitado de luxo: Francesco Carril. Escoitade que non contaxia e cumpre todas as medidas legais!!
01:09:00
April 16, 2021
ProcastiNation - Os 5 de Blyton
Volven as ensaladas! Porque na primavera hai que coller tipo para o verán. Por iso traemos temas frescos: algo de momias exipcias, astrofísica e fútbol...e a Liga da Xustiza de Snyder. O noso Pablo fálanos dunha das autoras que lle marcou a infancia Enid Blyton.
52:02
April 10, 2021
ProcastiNation - Especial Dia do 🎭Teatro🎭: Fariña
Hoxe é o Día Mundial do Teatro!! E nós celebrámolo cun programa moi especial, falando do espectáculo de Fariña e do seu fenómeno. Fixemos un vermú con María Vázquez, Cris Iglesias e Carlos Blanco. Pasámolo moi ben ;)
58:53
March 27, 2021
ProcastiNation - Especial TierList: Christopher Nolan
Había unha vez un rapaz ó que lle gustaba (seguramente por tradición familiar) xogar a facer puzzles. Este neno chamábase (e agora tamén) Christopher Nolan. O tema é que agora moitas e moitos temos certa atracción en resolver estes enigmas. Vaia…que fixemos unha Tier List de pelis del! E pasámolo moi ben e todo. A ver que vos parece!
01:39:27
March 19, 2021
ProcastiNation - Especial: WandaVision
Procrastinar tamén sabe ir á moda. Algo máis tarde que os youtubers claro, hai que ser coherentes co noso. Volve con nós o grande Alejandro Carro, para evitar que os frikis nos tachen de incultos do MCU. Vaia...que review de Wandavisión! Con spoilers of course! (Procastination non se responsabiliza dos efectos secundarios de escoitarnos)
01:42:47
March 12, 2021
ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Peliculas
Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.
01:21:30
February 26, 2021
ProcastiNation - Especial Golden Globes 2021 Series
Como o noso é Procrastinar… o seu é trasnoitar! Vaia, que analizamos os Globos de Ouro. Con quiniela incluída, arriscando con todas as da ley. O moito que nos justa a nós unha boa serie a unha boa película. Acompañádenos se vos apetece! Poñemos alfombra vermella virtual tamén… e palomitas claro.
01:25:48
February 25, 2021
Sección - Jean Seberg e as Panteiras Negras
Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964). Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou. Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.
34:50
February 21, 2021
A elegancia de Seberg frente ás malas educacións e primitivismos polémicos
Dende a República de Procanistán seguimos comunicando! Desta vez comentamos de "Os Best insultos in España" (por comunidades), un tema delicado chamado canibalismo...e Pablo poñerá algo de sentido común falando de Jean Seberg. Acudide! Aquí dentro non hai pandemias, só algunhas tolemias.
01:04:33
February 19, 2021
Sección - The Queen's Gambit
The Queen's Gambit é unha historia ficticia baseada na vida dunha rapaza orfa e prodixio do xadrez, Beth Harmon (Anya Taylor-Joy). A serie céntrase na súa evolución para converterse na mellor xogadora de xadrez do mundo, superando problemas con dependencia de menciñas e alcohol. A historia comeza a mediados da década de 1950 e continua durante a década de 1960.
34:17
February 14, 2021
O axedrez é a nova droga
Procrastinar... se é para xogar ao axedrez, parece menos procrastinar. Roi quixo falar de Gambito de dama, por se quedaba alguén por vela. Falamos do "baratismo" de McDonald's, a financiación de Okdiario (coa colaboración dun gran especialista) e movidas apocalípticas...coa excusa dun asteroide que pasará (disque) perto de nós. Acompañádenos!
01:15:50
February 12, 2021
Sección - Patría / Antidisturbios
Sección de Lois do episodio PN08 adicado as series Patria e Antidisturbios. Patria é unha serie de televisión española de 2020 producida por Alea Media para HBO Europa, coa participación de HBO Latinoamérica. A serie está baseada na novela homónima de Fernando Aramburu. Creada e escrita por Aitor Gabilondo, a serie conta a historia de dúas mulleres que adoitaban ser amigas achegadas e que se enemistan cando o marido dunha delas é asasinado por ETA. Antidisturbios é unha miniserie española de televisión por suscripción, enmarcada nos xéneros de drama policíaco e thriller, creada e coescrita por Isabel Peña e Rodrigo Sorogoyen para Movistar+.
31:43
February 7, 2021
Anuarios, aniversarios e moito papel hixiénico
Procrastinar procrastinarei...o viño de clarear....esta semana temos: análise de marcas de papel hixiénico. Clave para as vosas vidas. Sopramos as pelas con wikipedia, lembraremos unha figura clave de dobraxe galega...e Lois traerá dúas series que igual vos soan: Patria e Antidisturbios.
01:07:34
February 5, 2021
Sección - Stieg Larsson
Sección de Pablo do episodio PN07 adicado a Stieg Larsson. Karl Stig-Erland Larsson, coñecido coma Stieg Larsson, nado en Skelleftehamn, Condado de Västerbotten, o 15 de agosto de 1954 e finado en Estocolmo o 9 de novembro de 2004, foi un xornalista e escritor sueco. Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millenium, composta polos seguintes títulos: Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban as mulleres), Flickan som lekte med elden (A rapaza que xogaba con lume) e Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado).
35:41
February 1, 2021
ProcastiNation - Stieg Larsson non se tería ido a Andorra
Pois... resulta que procastinar non cansa! Desta vez falamos de progreso ecolóxico en capitais, o fenómeno Ibai e cotilleos...e de neve artificial xa que ninguén se enterou de que nevou en Madrid. Pablísimo nos fala dun escritor...con nome de directivo de Ikea: o gran Stieg Larsson
01:04:49
January 29, 2021
ProcastiNation - Especial O Charco de Ulises
Procrastinamos tamén coa cultura galega! Estiveron con nós Marián Bañobre e Santi Cortegoso, de Ibuprofeno Teatro. Capitanean tamén a primeira montaxe da nova etapa do CDG (Centro Dramàtico Galego). Charlamos de O Charco e Ulises...e moito máis!!
01:06:25
January 22, 2021
ProcastiNation - Especial The Mandalorian
Fai moito, moito tempo, unha galaxia moi lonxana conquistou o corazón de moita xente. Súmase un novo procastinador neste novo episodio, o señor Alejandro Carro...ou “Carropedia” para os amigos. Analizamos a segunda temporada de The Mandalorian! Acompañádenos de man da forza ó noso templo máis tolo que dogmàtico.
01:23:37
January 15, 2021
Sección - James "The Amazing" Randi
Sección de Roi do episodio PN04 adicado a James Randi. Randall James Hamilton Zwinge, nado en Toronto o 7 de agosto de 1928 e finado en 2020, foi un mago, escéptico, e declarado inimigo da parapsicoloxía canadense, máis coñecido como James "O Asombroso" Randi (The Amazing Randi). Acadou sona polo Desafío paranormal do millón de dólares, polo que a Fundación Educativa James Randi dará ese premio a calquera capaz de demostrar calquera tipo de poderes paranormais, sobrenaturais ou ocultos baixo condicións de proba acordadas por ámbalas dúas partes.
23:56
January 11, 2021
ProcastiNation - James Randi e as especulacións cotiáns
Seguimos procastinando! Desta vez mergullámonos entre especulacións, tanto misteriosas como económicas…a auga entrando en Bolsa. Tamén nos deu tempo (o bo que ten perdelo!) para descubrir un novo Forrest Gump…italiano!. Roi tráenos na súa sección a un mago (e científico) que atacou magufos (entre outras cousas), o gran James Randi. Agardamos que vos guste!
54:44
January 8, 2021
ProcastiNation - Especial Nadal: Marvel e Star Wars
Disney toleou! E trouxo un montón de novas en forma de proxectos. Por iso nós, O'Lois + O’Pablo + O’Roi, viñemos comentar Marvel e Star Wars en forma de regalo de Nadal para vós. Desfrutade con precaución! Tampouco collades fartura de Disney +.
01:02:43
December 25, 2020
Sección - Normal People / Explota Explota
Sección Don Lois do episodio PN02 Normal People é unha serie (poderiamos dicir "de autora"), que percorre a historia de amor entre dous rapaces o longo de varios anos. Baseada na novela homónima, adaptada pola propia autora, Sally Rooney.  Explota Explota baséase na música de Rafaela Carrá para contarnos a liberación sexual que se produciu na televisión pública española nos anos 70. Protagonizada por Ingrid García-Johnson, busca facernos bailar.
27:36
December 20, 2020
ProcastiNation - Constitucións e Amores de hoxe
Hoxe Procrastinamos con: Ayuso e o seu pelo. Constitucións virxinais ou tocables As persoas cultas tamén follan Contrastes entre Normal People e Explota Explota!
58:23
December 18, 2020
ProcastiNation - Té con Gotas - The Crown e Brexit: The Uncivil War
Comezamos a iniciativa #VémonosNosPodcasts e temos invitamos de honra: os compañeiros de Té con Gotas. Xunto con Miguel e Duarte falamos da última temporada de The Crown e da pélicula Brexit: The Uncivil War, tiñamos ganas de ver que lles parece a estes especialistas da actualidade política británica sobre ambas produccións... e como non, deixar a conversa rodar e evolucionar por conta propia. 
54:46
December 11, 2020
Bocachanclas Dezasete - Connery, Sean Connery con Antonio Mourelos
Eran un, dous e tres os famosos Bocachanclas... 🎼 e hoxe temos un invitado de excepción: Antonio Mourelos (@AntonioMourelos), co que repasamos a obra dunha das figuras fundamentais do cine frente a cámara: Sean Connery. O actor escocés que deixou para o recordo múltiples películas e aínda máis memorables personaxes.
01:03:14
November 29, 2020
Bocachanclas Dezaseis - Sensible Spielberg
Levamos uns dias complicados, tivemos que beber moita auga para repoñer tanta bágoa derramada. Os Bocachanclas volvemos á carga para revisar a outra cara de Spielberg, o Spielberg intenso, comprometido e sen concesións. Nesta remesa de películas pouco discutimos, é unha categorización incontestable... cunha imperiosa sorpresa :) Tier List Sensible Spielberg
01:38:20
November 16, 2020
Bocachanclas Quince - Spielberg Yourself
Volvemos! Ca temporada 2! Renovamos o contrato! E volvemos humildes e tratando temas da nosa altura (e catadura moral). Imos darlle unhas voltas as pelis reventa taquillas de Spielberg, algo sinxelo dun director único na historia do cine. Benvido Rei Midas de Hollywood, imos a polo tier list. Tier List Blockbuster Spielberg
01:09:01
October 25, 2020
Bocachanclas Catorce - Tarantarino de terrazas
Hoxe foi o dia, por fin. Despóis do confinamento chegou o ansiado momento, a volta o habitat natural dun bocachanclas de pro... amañar o mundo de terraceo acompañados dunhas cervezas e a promesa dun churrasco #VivamosComaGalegos. Toca tamén final de temporada, e como tal temos que falar dun tema á nosa altura: Quentin Tarantino, "Tarantarino" para os amigos. Desgranamos a sua filmografia con democráticos resultados.
01:18:26
July 6, 2020
Bocachanclas Trece - De contradiccións, Euclides e xoias escondidas
De volta estamos, os Bocachanclas poden chegar tarde pero chegan. Desta vez Lois desnuda as súas contradiccións musicais, Pablo tráenos poscións irreconciliables matemáticas e Roi quere traer algo que non chega a callar... pero intentao. Seguimos a investigar que pasa no medio dos programas, que cando paramos parece que nos interveñen a emisión e mentennos cousas raras.
01:09:05
July 1, 2020
Bocachanclas Doce - Anarquistas, Detectives e Mascaras a xogo
Beeeeeenvidos amigos das chanclas!!!!! Que ganiñas tiñamos de volver, estamos facendolle as beiras ó verán e notase nas ganas de seguir os nosos instintos caóticos. Desta vez falamos de novo de Moore e o seu V de Vendetta, de Holmes e Poirot e das implicación e compromisos estéticos que necesita o novo complemento da moda actual: as mascaras.
01:00:45
June 14, 2020
Bocachanclas Once - Mazás Grandes e Voces pequenas
Ola, ola, ola! Os Bocachanclas por fin volvemos. Sabemos que notachedes a nosa ausencia... cousas técnicas e perfeccionismo :P. Nesta semana falamos dun grande do Cine a tráves dunha das suas películas máis detestadas (por el mesmo, nos non)... e logo tocou improvisación cun tema que toca un pouco a vena nostalxica e a conexión emocional que temos coas voces.
01:02:52
June 7, 2020
Bocachanclas Dez - D'a-lfomrbras referentes
Os Bocachanclas repitimos o plan de non ter plan, e hoxe facemos unha homenaxe velada a Stranger Things e facemos un upside-down world. Lois falanos do festival de cine D'a e das suas preferencias... que non son poucas. Pablo e Roi, metense en camisa de once varas misturando Disney, alfombras, series de culto e a necesidade de meta referenciarse.
54:59
May 24, 2020
Bocachanclas Mu - Xeneros, Youtubers e Historietistas
Desta vez os Bocachanclas aproveitamos a Fase 0 para vernos por partes. Coa felicidade de estar xuntos por fascículos perdemos o norte e desvariamos coma sempre. Hoxe falamos de xéneros cinematorgraficos e futbol, de Altozano e a identidade xeneracional e do mellor historietista da historia: Bill Watterson, autor de Calvin & Hobbes
01:03:00
May 17, 2020
Bocachanclas RHO - Novelle Vague, Introduccións e Provocacións
Os Bocachanclas seguimos a meter pequenas variacións de formato durante estas épocas de aillamento social. Desta vez dásenos por opinar sobre temas tan absurdos coma serios, que desvarían cara outros sitios non esperados. Coma sempre, con nolos tres, podemos saber por onde comezamos pero nunca en que lugar rematamos.
01:02:41
May 11, 2020
Bocachanclas G - Pureza, vellas glorias e bucles
Os Bocachanclas seguimos fieis a nosa cita semanal, non damos crédito!. Desta vez Lois trae unha seriaza moi pura, actual e rompedora no seu Mundo Indi. Pero antes e coma ven sendo habitual seguimos coas nosas recomendacións eclecticas de contidos. Animacón, sociedades antiguas e modernas e directores de culto entre outras... non volo perdades
01:08:32
May 3, 2020
Bocachanclas h-barra - De princesas, tempos oscuros e bebop
Os Bocachanclas volvemos ó ataque e nesta semana seguimos a pretender que podemos ter guión e ser ordeados... pero podenos o ímpetú e non sabemos ir polo rego. Traemosvos novas recomendacións de series e peliculas, sen deixar de lado o noso especial sobre A Princesa Prometida.
58:44
April 26, 2020
Bocachanclas PHI - De mitos e series
Os Bocachanclas seguimos a buscar cousas que nos apaixoan das que falar. Hoxe traemosvos Casablanca e as seus segredos como tema estrela! Por outra banda seguimos a recomendarnos cousas que ver mentres estamos en casa... series filosóficas, distopias brasileiras e comedias gamberras!
47:56
April 21, 2020
Bocachanclas PI - Enfant Terribles, Actrices Mudas e Muscais motorizados
Neste episodios os Bocachanclas cambiamos de formato e intentamos poñer algo de orde nas nosas conversas, pero antes hai que buscar formas coas que matalo tempo mentres que sesteamos no sofá. Hoxe falamosvos de enfants terribles do Cine, actrices olvidadas que traballabarón con señores con bigote e musicais sen persoas que bailan sen razón.
01:23:46
April 14, 2020
Bocachanclas e - Star Wars, JJ e a Independencia
Os Bocachanclas pasan unha sobremesa entretida falando de Star Wars Episodio IX, de JJ Abrams e do Cine Independente. Estamos coma sempre en profundo desacordo pero seguimos a soltar o primeiro que se nos pasa pola cabeza dos temas máis intrascendentes e prescindibles... pero que ben senta!
01:00:08
April 10, 2020
Bocachanclas e'Preview
Despóis de moito procastinar volvemos a carga, antes de pornos a grabar os Bocachanclas negociamos entre nos como vai ser a discusión. Os ensaios son cousa boa!
05:42
April 10, 2020
Bocachanclas i - Watchmen, Lindelof e as expectativas
Os Bocachanclas preparan con minuciosidade un guión perfecto para desgranar a serie friki do momento: Watchmen... despóis temos un xiro de guión e todo se desmadra do xeito habitual. Lois, Pablo e Roi seguen as suas aventuras de quedadas e charlas semi-sesudas sobre o que lle peta no momento.
46:24
December 1, 2019
Bocachanclas 0 - Scorsese, MCU e a luz dos focos
Tras as declaracións de Scorsese sobre o MCU tan polémicas os Bocachanclas que debemos dar un paso adiante e encher un oco que non existe cunha conversa totalmente innecesaria. Desfrutade da nosa non solicitada opinión sobre esta non-polémica que ven dun dos directores máis coñecidos e respectados.
01:07:53
November 24, 2019