Skip to main content
Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

By Bueno Carallo Bueno

O mellor puto podcast en galego do mundo.
#OutroPodcast
Available on
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
Pocket Casts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

BCB 1x06: O conflito dos chourizos

Bueno Carallo BuenoMar 07, 2021

00:00
43:53
BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente

BCB 4x09 - O premio é o cariño da xente

Alberte e Silvio falan de moitos temas, todos propostos por Silvio porque (oh, sorpresa!) Alberte hoxe tampouco preparou nada. Os Ondas do Podcast, as eleccións en Portugal e polo resto un programa moi cinéfilo: falan dos Oscars e de Dune 2.

Co gallo do pasamento de Akira Toriyama, abren un debate sobre cal é a versión boa da dobraxe de Dragon Ball: a galega ou a catalá.

En redes, en @carallobueno.

Mar 11, 202452:39
BCB 4x08 - A palla auditiva

BCB 4x08 - A palla auditiva

Alberte e Silvio fan, contra todo pronóstico, un programa nada rosmón. A actualidade galega foi o tema principal, aínda que tamén falaron das eleccións.

Tiveron tempo pra falar dos efectos secundarios das alerxias, dar unha recomendación hosteleira galegocatalana e a crítica da película da que xa falou todo o mundo.

En redes, en @carallobueno.

Feb 19, 202449:51
BCB 4x07 - Non me codere

BCB 4x07 - Non me codere

Alberte e Silvio analizan, ao seu xeito, as eleccións galegas do 18 de febreiro e comentan o debate. Tamén falan de El Xokas, dos pais de Ana Pontón e dos premios Mestre Mateo.

Dan resposta a unha pregunta universal: só unha afeitadora pra colloada e cara ou mellor ter dúas?

Nota: o programa inclúe un ataque de risa inxustificado de más de medio minuto. AVISADOS QUEDADES.

En redes, en @carallobueno.

Feb 07, 202453:34
BCB 4x06 - Chourizos de Cuba (Especial de Nadal)

BCB 4x06 - Chourizos de Cuba (Especial de Nadal)

Alberte e Silvio celebran un programa especial de Nadal a golpe de 16 de xaneiro. Moi do estilo deles. Falan de Cuba, Pachi Vázquez, pellets e dos regalos de Reis que os fan sentir aínda máis vellos.


Un programa completiño, cinco semanas de ausencia ben o merecían.

En redes, en @carallobueno.

Jan 16, 202456:02
BCB 4x05 - Papaloukas Antivacinas

BCB 4x05 - Papaloukas Antivacinas

Alberte e Silvio fan o programa máis tolo da tempada. Cheo de comparacións absurdas, metáforas innecesarias e moitísimos xogos de palabras, algo que só eles se poden permitir.

Falan da campaña de vacinación da gripe, do xogo de loterías e a nova afición de Silvio por oficiar casorios.

En redes, en @carallobueno.

Dec 04, 202354:48
BCB 4x04 - O derbi do apartheid

BCB 4x04 - O derbi do apartheid

Alberte e Silvio regresan despois dun parón de mes e medio motivado por outra puta viaxe de Silvio ao cú de mundo (É A PRIMEIRA VEZ QUE ALBERTE ESCRIBE A DESCRICIÓN DO CAPÍTULO). Falan das eleccións arxentinas, dos audios e vídeos familiares e do terceiro aniversario do programa.

Alberte é o mellor comunicador do mundo (ALBERTE, DEIXA O TECLADO XA).

En redes, en @carallobueno.

Nov 22, 202356:49
BCB 4x03 - Filipinas

BCB 4x03 - Filipinas

Alberte e Silvio adican un programa case monográfico a analizar o casorio do segundo, como non podía ser doutro xeito. Entón, por que leva de título 'Filipinas'? Escoitádeo, non me sexades LACAZÁNS.

Incorporan un dos concursos de Silvio pra poñer a proba a ignorancia de Alberte, neste caso en ámbito xeográfico.

En redes, en @carallobueno.

Oct 11, 202301:01:38
BCB 4x02 - Tocaron o timbre

BCB 4x02 - Tocaron o timbre

Alberte e Silvio perpetran un dos episodios máis escatolóxicos da historia do Bueno Carallo Bueno. Que non vos asuste isto porque tamén tiveron tempo de falar de Nicolas Cage, da hostelería galega en Barcelona e da voda de Silvio.

Comentaron tamén o saúdo personalizado que Maguila Mudança mandou ao "Canal Bueno" de "Portugal" e, pra rematar, desvelouse un dos proxectos máis ambiciosos do podcast Bueno Carallo Bueno - On Tour.

Sep 27, 202353:42
BCB 4x01 - Promoción 2032

BCB 4x01 - Promoción 2032

Alberte e Silvio encetan a que será a cuarta tempada do mellor puto podcast en galego do mundo cun programa que o gran Arsenio Iglesias definiría coa mítica frase "mucho que decir, poco que contar". Aínda así, tocan temas como o inicio do curso escolar ou a súa ausencia de vacacións por mor de compromisos radiofónicos.

Como estrela convidada volve aparecer o mediático tiktokeiro Maguila Mudança, o superheroe brasileiro.

Todo isto e moito máis, no Bueno Carallo Bueno!

Sep 12, 202349:57
BCB 3x16 - India non marchamos

BCB 3x16 - India non marchamos

Último programa da terceira tempada do mellor p*** podcast en galego do mundo. Neste programa Alberte presenta o que será o seu proxecto para este verán, que contra todo pronóstico implica TRABALLAR! Silvio achegou as heroicidades do mítico MAGUILA MUDANÇA, un señor de Sao Paulo que levanta neveiras cunha man. Un crack.

As vacacións de Silvio implican un país exótico, como as cancións do verán que repasan ao final do programa. Haberá cuarta temporada!

En redes, coma sempre, en @carallobueno!

Jun 21, 202301:01:00
BCB 3x15 - Ponme dous escandinabos

BCB 3x15 - Ponme dous escandinabos

Alberte e mais Silvio volven ao mellor p**** podcast en galego do mundo, para perpetrar o que será o penúltimo episodio da tempada. O pai de Silvio, Manolo, mándalle un audio en directo a Alberte... A súa reacción é ben divertida!

Atopan tempo para comentar o caso Messi, a toma de posesión do novo alcalde de Xenebra, a nova película de animación preferida de Alberte ou a visita de Paco -o can de Alberte- ao veterinario.

Moitos temas, moita leria, algo de cafeína e ganas de ir ao VÁTERE de don Alberte.

Coma sempre, en redes en @carallobueno!

Jun 07, 202356:23
BCB 3x14 - O forniquete

BCB 3x14 - O forniquete

Alberte e Silvio debullan o resultado do partido de pádel máis esperado do 2023. O certo é que o partido de pádel estivo a piques de non celebrarse, e esa historia marca o desenvolvemento do programa. Xa veredes, xa!

Antes, iso si, teñen tempo de acuñar un novo tempo "o forniquete", falando das novas habilidades de galán de Alberte e dos problemas de saúde de Silvio. Un pouco de todo.

Tamén teñen tempo de agradecer a "don Gervasio" o seu licor café e de falar do "fardel" do Manolo, o pai de Silvio.

E en redes, en @carallobueno!




May 25, 202349:55
BCB 3x13 - O partido do século

BCB 3x13 - O partido do século

A previa da GABALI CUP, a competición máis importante de pádel do mundo, marca este episodio do Bueno Carallo Bueno. O equipo dos 'Albertos' enfrontarase ao 'Falcón Team' no Gabali Cup Arena tamén coñecido como Pista Municipal La Verneda - Sant Martí de Provençals. Temos nivel, pero de momento temos que pagar pola pista, que lle imos facer.

Mentres acaban de chegar as ofertas de patrocinio por parte de Isostar e Powerade, o amigo do programa Alberto da Sinda tróuxonos un obsequio de primeiro nivel: LICOR CAFÉ, o dóping da Gabalí Cup.

Alberte e Silvio falan tamén dun misterioso político que coñeceu Silvio e dunha anécdota algo escabrosa que viviu Alberte nun velorio. Moita tela pra cortar!

En redes, en @carallobueno!

May 11, 202351:52
BCB 3x12 - Perdeuse o bidé

BCB 3x12 - Perdeuse o bidé

O bidé xa non se usa tanto, e mira que ben podía ser unha solución contra a sequía. Ben, iso é o que pensan Alberte e Silvio neste programa do mellor puto podcast en galego do mundo. En plena resaca do Sant Jordi, onde Silvio asinou libros a multitudes, o mellor puto podcast en galego do mundo prepárase para un evento planetario. O partido de pádel máis esperado da vía láctea, a GABALÍ CUP, xa ten confirmadas as súas alineacións. Trrreeemendoo HYPEEE o que se respira!

Silvio viaxou a Navarra e aproveito para contar en público un segredo de Alberte sobre San Fermín. Tremendo máquina.

En redes, en @carallobueno!

Apr 26, 202347:08
BCB 3x11 - Dalai Drama

BCB 3x11 - Dalai Drama

Silvio e Alberte encetan unha nova edición do podcast ás presas. Alberte non lembraba que tiña unha reunión de veciños en menos dunha hora. Silvio aproveita este espazo pra rajar da súa sogra todo o que lle da. Na exitosa sección 'Puto Pádel' conseguen algo histórico: poñer data pra o famoso partido da GABALÍ CUP.

Volve o tío Pedro (a sintonía vaivos namorar!) e na parte final do programa coñeceredes un motivo que pode poñer en perigo a continuidade deste podcast.

En redes, en @carallobueno!

Apr 12, 202350:09
BCB 3x10 - O doutor Asumir

BCB 3x10 - O doutor Asumir

Alberte e Silvio son detractores do mate e non entenden como na Arxentina e no Uruguai son capaces de consumir esa p*** m*****. Con perdón, non vaia ser que caia a xira latinoamericana prevista para o outono do 2023. Tratan o novo look de Alberte, despois da súa visita á consulta do prestixioso doutor Asumir.

Na exitosa sección 'PUTO PÁDEL' vanse desvelando detalles do que será o partido do século, o máis semellante a un Amigos de Zidane vs Amigos de Ronaldo, un solteiros contra casados MAL. Alberte segue odiando a Silvio porque viaxa máis ca el; ben, porque viaxa.

En redes, en @carallobueno!

Mar 22, 202356:52
BCB 3x09 - GABALÍ

BCB 3x09 - GABALÍ

Alberte e Silvio volven á carga despois de superar as calçotades, tremendo esforzo levaron! Silvio quéixase de que comeu pouco mentres que Alberte papou UN GABALÍ. Convirten o programa nun magacín falando dos Mestre Mateo e da súa versión de marca blanca: os Oscars de Hollywood.

Estrean sección do deporte que se inventou para os que non queren facer deporte: O PUTO PÁDEL. Hai reto á vista.

En redes, en @carallobueno!

Mar 10, 202359:50
BCB 3x08 - O Usaín Bolt dos calçots

BCB 3x08 - O Usaín Bolt dos calçots

Alberte e Silvio volven ao podcast para falar de dous temas de ardente actualidade: o entroido e as calçotades. Cousas deste tempo do ano, para desfrutar e para vivir. A ver, moito coidado cos calçots, que entran ben pero saen mellor. Máis detalles no programa!

Co gallo de nacemento do fillo do grandísmo Lucas Pérez, Alberte fala da actualidade da súa cativa que pasa polas visitas de portas abertas ás escolas. Ademais, Silvio atopou un recorte de prensa histórico no que se demostra o pedigrí radiofónico dos condutores do mellor puto podcast en galego do mundo. 

En redes, en @carallobueno!

Feb 22, 202353:23
BCB 3x07 - 50 euros pra San Benito

BCB 3x07 - 50 euros pra San Benito

O podcast quincenal máis irregular da historia do podcasting está de volta, xa no 2023! Con moitos temas coma sempre, con plans de xira por Sudamérica e coa vontade de atopar patrocinadores capaces de aturar as súas tolemias. Será por ideas!

Silvio explica como lle levou unha pequena propina a San Benito (e quen o mandou alá) e Alberte conta as horas do podcast como traballar. Menudos mangantes. O certo é que lles quedou un programa caralludo, listo para ser consumido xa ben sexa cociñando, no coche, en Uruguai ou comendo requeixo. 

Podes seguilos en instagram, tik tok e twitter, en @carallobueno

Feb 02, 202348:24
BCB 3x06 - Con Manolo Falcón

BCB 3x06 - Con Manolo Falcón

Co gallo da celebración destas festas sinaladas, Alberte e Silvio reciben a visita na sede do Bueno Carallo Bueno do ilustrísimo Manuel Falcón. Falouse durante máis de hora e vinte sobre moitas cousas, para non acabar chegando a ningunha conclusión. O Manolo dixo que lle pareceran tres horas. Poderedes descubrir algunha anécdota máis do Tío Pedro, a figura casi mítica do Limiao e o concurso para adiviñar nomes peculiares de cantantes famosos. 

A cadela, efectivamente, estivo durmida durante todo o programa. 

Boas festas!

Dec 21, 202201:22:35
BCB 3x05 - Puta Fuenlabrada

BCB 3x05 - Puta Fuenlabrada

Alberte e Silvio tocaron un pouco de todo, coma sempre. Comentaron cousas sobre Polonia e Karol Wojtyla e incluso case volven FALAR DE CAGAR.  O Mundial de Qatar, moi mal, pero algunha cousa viron os dous; non teñen remedio. Os dous teñen cousas á promocionar: Silvio inicia o seu tour mundial con 'A la sobirania per l'esquerra' e Alberte estrea o seu show 'Patrón' en Barcelona o 20 de xaneiro. 

Este episodio tivo 'O tío Pedro' e tamén foi un examen exhaustivo á cultura xeral de Alberte. Coma sempre, no mellor puto podcast en galego do mundo, moita coña marinera e sobre todo, puta Fuenlabrada.


Dec 02, 202251:46
BCB 3x04 - A cagada suíza

BCB 3x04 - A cagada suíza

Alberte e Silvio falan neste episodio de tres cousas, aínda que en realidade acaban falando de cagar, do Toro Acuña, de Lamatumbá, Manuel Rivas ou La Pegatina. Aínda así, en realidade querían tratar o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige (ao final tamén falan diso!), a estrea da nova película de Rodrigo Sorogoyen 'As bestas' e o lanzamento editorial do ano en lingua catalá. 

Bueno, a ver, non é o lanzamento editorial do ano, é o libro de Silvio sobre ERC, EH Bildu e o Bloque. Apaixoante, non si? Andan as plataformas tolas por facer a serie. Dani Rovira no papel de Pere Aragonès. 

Veña, dálle aí ao play, que xa tardas.

Nov 16, 202248:35
BCB 3x03 - Ás cinco xa é de noite

BCB 3x03 - Ás cinco xa é de noite

Mentres Donato chama ao golpe de Estado en Brasil, Alberte e Silvio chámano por teléfono. A conversa que teñen non ten desperdicio. Ou sí. Neste episodio anuncian o nacemento dunha nova estrela cinematográfica galega. Quen será? O programa continúa sen patrocinios malia os esforzos de Silvio e Alberte por atoparlle un... ou dous! 

A volta do tío Pedro, o cambio horario e botar sestas de dúas horas con vacenilla e pixama son outros temas que se falan no capítulo. Ao mellor puto podcast en galego do mundo, se non vas de vídeo, vas de audio. 

Nov 04, 202256:21
BCB 3x02 - Linkedin os rumorosos

BCB 3x02 - Linkedin os rumorosos

A terceira tempada do Bueno Carallo Bueno continúa o seu camiño de victoria. O Mundial que está por vir -que non lles gusta, pero o fútbol sí- forma parte da conversa, pero tamén o churrasquiño que promete o noso pai, Lula da Silva, para que coman todos os cidadáns do Brasil. 

Alberte tamén anuncia que quere mercar un coche e pide consello á audiencia sobre cal escoller. De segunda man, iso sí, coma os de antes! Os dous repasan os modelos míticos que tiñan seus pais e convidan á audiencia a facer o mesmo.  Silvio viaxou a Italia mentres que a Alberte godéronlle nesta ocasión as vellas que lles falan aos cativos.

En 15 días, máis!

Oct 20, 202257:37
BCB 3x01 - Lula é meu pai

BCB 3x01 - Lula é meu pai

Lula é o noso pai, é un patrón e un paisano o candidato á presidencia da Xunta... do Brasil! Falamos das eleccións brasileiras logo da viaxe de Silvio aló, pero tamén comentamos as tremendas vacacións podcastiles -dignas dun neno de escola-. Alberte, ollo aí, estrea sección co seu GÓDEME QUE... onde como é habitual no podcast seguirá á facer de hater.

Case unha hora de programa na que Leia, a cadela de Silvio, durmiu durante case todo o episodio.  Alberte estreou Patrón, o seu novo espectáculo, que proximamente terá máis datas confirmadas. Ah! E Silvio seica oficiou unha voda, xa escoitarás os detalles que igual lle interesa á Audiencia Nacional. Estamos de volta!

Oct 05, 202259:55
BCB 2x15 - Morra o conto

BCB 2x15 - Morra o conto

Alberte e Silvio enterran a tempada cun directo de Twitch e coa confirmación de que haberá terceira tempada do podcast! A cultura galega terá que agradecer tal contribución feita desde a cidade de Barcelona. Atenderon os comentarios dos seguidores do streaming, xogaron ao concurso do tío Pedro e Alberte tampouco falou do Deportivo da Coruña. 

O viño da cimeira da OTAN, galego, por suposto. E o mellor puto podcast en galego do mundo, o BCB, claro que si. 

Séguenos en redes en @carallobueno (instagram e twitter).

Jun 29, 202201:30:54
BCB 2x14 - Pasou un mes!

BCB 2x14 - Pasou un mes!

Reapareceron os dos Bueno Carallo Bueno! Un mes de programa dá para moita preparación, pero non é o caso de Silvio e de Alberte. O capítulo catorce da segunda tempada inclúe "O que vexo no metro" -de camiño da praia- e o concurso "O tío Pedro". Moita carallada para acabar falando de vacacións, COVID-19, un premio literario ou da coroneta. Non, non se falou do Depor.

O 2x14 tamén se grabou en vídeo, aínda que as calidades aínda teñen marxe de mellora. Cousas de ser o mellor puto podcast en galego do mundo. 

Jun 17, 202250:03
BCB 2x13 - Silvio e Alberte: galegos ilustres

BCB 2x13 - Silvio e Alberte: galegos ilustres

Cal dos dous protagonistas do podcast será primeiro o persoeiro homenaxeado nun día das Letras Galegas? A teoría de Alberte é que será el, porque, entre outras razóns, vai morrer antes. Cousas de ser un artista. Silvio discrepa do seu compañeiro, non acaba de ver claro que obra literaria van estudar os rapaces nas escolas cando recorden ao gran Alberte. Neste capítulo dan bastante guerra entre eles, debe ser que chegaron as altas temperaturas á cidade condal.

Vodas, a sección do tío Pedro, o que vexo no metro e unha macedonia de temas que se supera cada semana. O mellor puto podcast en galego do mundo que, esta vez, comeza dun xeito ben particular. Haiche moita hipocrisía co día das letras!

Podes seguirnos en Twitter e Instagram en @carallobueno.

May 17, 202252:18
BCB 2x12 - A pomba de dios

BCB 2x12 - A pomba de dios

Alberte e Silvio teñen que enfrentarse ao inimigo máis poderoso que tiveron de convidado no programa: unha pomba! Pois sí, o animaliño entrou na casa de Silvio e acompañounos na gravación do programa 2x12 do mellor puto podcast en galego do mundo. Traballos universitarios, Sant Jordi pasado por auga, o tío Pedro e 'O que vexo no metro' -onde volve haber un pouco de hate, que sabemos que vos gusta-. 

Alberte chegou tarde, pero o programa quedou bastante ben, así que perdónaselle. 

Síguenos en instagram e twitter en @carallobueno

Apr 29, 202253:54
BCB 2x11 - Hate de máis

BCB 2x11 - Hate de máis

Alberte e Silvio traballan para ofrecer aos seus seguidores un podcast de Semana Santa. O que pasa é que tanto traballar fixo que quedase un programa un pouco amargo de máis. Criticaron a Semana Santa, os pantalóns piratas, a ultradereita francesa e mesmo se atreveron a meterse coa sogra dun deles. O hate está de moda.

Alberte trouxo o micro e o cable desta vez -logo de recibir 25 mensaxes de mamá Falcón-. Quedan pendentes para vindeiros programas a correción dos traballos de Silvio.

Xa o sabes, dálle a seguir en twitter e instagram en @carallobueno. E comparte, joder!

Apr 13, 202245:18
BCB 2x10 - Non estamos para hostias

BCB 2x10 - Non estamos para hostias

Alberte e Silvio evitan falar, como xa fixo todo o mundo, da hostia que lle pegou a Will Smith a Chris Rock na gala dos Oscar. Non estamos para hostias. A sogra de Silvio caeu enriba da súa cadela e Alberte recibe un trato diferente cando vai no transporte público coa súa filla. Cousas que pasan. Tamén falan do medo que Alberte ten da Roomba que dá voltas na casa de Silvio e do partido de fútbol feminino entre o Barça e o Real Madrid do día 30 de marzo de 2022. 

Coma sempre, houbo seccións: 'O que vexo no metro' e 'The last dance'. Moitos traballos dos alumnos de Silvio sobre VOX. Ai, que futuro nos espera!

Dálle a seguir en @carallobueno en instagram e twitter.

Apr 01, 202256:40
BCB 2x09 - O podcast do que todo o mundo fala

BCB 2x09 - O podcast do que todo o mundo fala

Silvio e Alberte regresan ao mellor puto podcast do mundo despois dun mes de parón por mor de outras ocupacións. ADVERTENCIA: este podcast foi gravado á hora da sesta, por se vos dá ganas de durmir. Nesta ocasión comentaron despedidas de solteiro algo tétricas, vodas en tenis, as entrevistas en Podgalego e na Lobeira Today... 

Moito contido para o regreso do Bueno Carallo Bueno, onde tamén houbo música de Pili Pampín e a sección 'O que vexo no metro'. 

Veña, a escoitalo!

Mar 18, 202252:06
BCB 2x08 - Luis del Olmo ten bo lombo
Feb 12, 202249:26
BCB 2x07 - Por fin xuntos!

BCB 2x07 - Por fin xuntos!

Alberte e Silvio comparten estudo en vivo e en directo, de novo, pero agora para quedarse. Comentan o novo equipo técnico da casa de Silvio mentres a súa cadela dorme no colo de Alberte. E na mesa había uns croissants, como debe ser. Falan das Tanxugueiras e as súas posibilidades de chegar ao Festival de Eurovisión, da terceira dose da vacina contra o COVID-19 e sobre apañar leña.

Ademais Alberte estrea nova sección 'O que vexo no metro' que hoxe dá para falar de peluquíns, Ximo Puig e viaxes a Turquía.

Jan 28, 202245:21
BCB 2x06 - O despropósito

BCB 2x06 - O despropósito

Alberte fai a súa lista de propósitos realistas para 2022, un ano que Silvio comezou cunha viaxe en Praga. Que ingredientes leva unha pizza Real Madrid? Por que Silvio mercou un gorro soviético? 

O mellor puto podcast en galego do mundo volve con forza tratando temas como a posible película para adultos protagonizada polo Apalpador ou o inoportuno ruxido de tripas dun amigo do programa. Veña, a que esperades a seguirnos no twitter e no instagram en @carallobueno? 

Jan 14, 202246:37
BCB 2x05 - O mellor puto twitch en galego do mundo

BCB 2x05 - O mellor puto twitch en galego do mundo

Para celebrar o Nadal e o primeiro aniversario do podcast, Alberte e Silvio viaxaron ás instalacións de KW Radio -no Poblenou de Barcelona- para facer o seu primeiro directo en Twitch! Así que non pensedes mal, se escoitades xente rirse non son audios enlatados... 

Neste especial de Nadal falan de todo un pouco. Alberte máis enérxico ca nunca, Silvio máis faltoso aínda, se cadra. Coa participación especial de Alberto da Sinda e dunha fan do programa, Ángeles "a dos iogures". E con comentarios no twitch!

E xa sabedes, a seguirnos nas redes en @carallobueno. 

Dec 15, 202101:25:21
BCB 2x04 - A Voz

BCB 2x04 - A Voz

Monti Castiñeiras é un actor e actor de dobraxe galego. Pero, ademais diso, é a voz do Bueno Carallo Bueno! Tarde ou cedo ía tocarlle comparecer no programa para falar da súa traxectoria, das súas inquedanzas e do futuro do sector audiovisual na nosa lingua. Monti incluso se anima a propoñer -seguro?- títulos para este episodio do podcast. 

Ademáis, Alberte e Silvio encetan o seu consultorio cos audios enviados pola audiencia e anuncian se este ano haberá programa especial de Nadal do podcast. Todo, coma sempre, no mellor puto podcast en galego do mundo.

Dec 02, 202101:12:22
BCB 2x03 - A resaca dos Ondas

BCB 2x03 - A resaca dos Ondas

Grabar un podcast o día seguinte da entrega dos Premios Ondas é un exercicio complexo. En primeiro lugar, por ver o éxito de outros programas radiofónicos e, sobre todo, porque Alberte asistiu á gala e non está moi católico. Neste episodio falan dunha viaxe de Silvio á Coruña, da experiencia de Alberte na gala dos Premios Ondas pero tamén de Manel Monteagudo, das criptomoedas ou de asuntos de América Latina. Cousas globais, andamos a todo. 

O mellor puto podcast en galego do mundo, xa o sabedes. E o máis humilde tamén.

Nov 17, 202148:11
BCB 2x02 - O Manuel

BCB 2x02 - O Manuel

Alberte e Silvio superaron o parón de outubro. Logo de máis dun mes sen publicar un episodio do podcast ofrecen as súas desculpas. A ver, que foi por razóns de peso. De feito, unha das seccións senlleiras do programa agora terá que cambiar de formato, cousas da vida. Coma sempre, falan de temas de todo tipo: desde os nenos rata, pasando por Dembelé, Cruz y Raya ou Gonzalo Jácome. 

Se queres participar sempre lles podes escribir nas súas redes (@carallobueno) para insultalos, para contribuír ao proxecto de podcast no tren Catalunya-Galiza ou para promover a candidatura de Alberte a Presidente da Escaleira. 

Nov 03, 202151:50
BCB 2x01 - Godzilla por Vimianzo

BCB 2x01 - Godzilla por Vimianzo

Ninguén contaba con que o Bueno Carallo Bueno chegase a unha segunda tempada, tampouco Alberte e Silvio. Encetan nova tempada do mellor puto podcast en galego do mundo con voces na intro de Monti Castiñeiras e coas parvadas de sempre. Godzilla seica anda por Vimianzo a tomarlle uns viños -con pincho, claro-. 

Volcáns, funcionarios, garderías e outras lerias para comentar na resaca das vacacións. Da para moito, o descanso, eh? O carallo é que sempre hai que volver.

Xa sabes onde atoparnos nas redes, en @carallobueno en instagram e twitter.

Sep 25, 202146:45
BCB 1x13 - A paparota

BCB 1x13 - A paparota

Alberte e Silvio embárcanse nunha aventura de carallo: facer un programa nun bar sen ter os medios suficientes! O carallo é ter unha excusa para comer o pincho de tortilla do Bar Laláns da Avinguda Mistral de Barcelona, onde pechan a primeira tempada do Bueno Carallo Bueno. O tal é ter salú!

Pedimos desculpas por adiantado pola calidade do son. Aceptamos donacións, consellos, regalos e mesmo axuda técnica. 


Aug 01, 202134:52
BCB 1x12 - A penúltima?

BCB 1x12 - A penúltima?

Alberte Montes e Silvio Falcón toman a penúltima, encarando a recta final da tempada do podcast, visitando un estudo de radio. Separados por un vidro e con Silvio facendo de técnico, falando dos Manueles, dos cadelos, da filla de Alberte, das vacacións e da ausencia podcasteira da que todo o mundo está á falar. Será o derradeiro programa da tempada?

Jul 07, 202101:02:12
BCB 1x11: Alá é grande

BCB 1x11: Alá é grande

Alá é grande. E non falamos de Deus, senón dese sitio mítico que vive nas cabezas morriñentas dos pais de Alberte e Silvio. Claro, para eles "alá" é a aldea, é Galicia. Un xeito coma calquera outro de non verbalizar o feito de que viven lonxe do seu país e que son emigrantes. Pero claro, no BCB número 11 fálase de moitas outras cousas: o Día das Letras Galegas -e o postureo en redes-, a sección dos Cadelos e moitas máis cousas intrascendentes. 

Xa podedes escoitar o mellor puto podcast en galego do mundo en todas as plataformas! 


May 22, 202146:22
BCB 1x10: Os vellos non deben emborracharse

BCB 1x10: Os vellos non deben emborracharse

Neste décimo episodio do Bueno Carallo Bueno, Alberte Montes e Silvio Falcón falan do fin do Estado de alarma de das festas na rúa que conlevou esta circunstancia, tamén na cidade de Barcelona. Ademais, hai tempo para repasar a actualidade de "Os Manueles", "Os Cadelos" e incluso de facer seguemento do "cobete" chinés que ameazaba toda Europa cun impacto total. 

May 09, 202139:27
BCB 1x09: O mellor puto podcast en galego do mundo

BCB 1x09: O mellor puto podcast en galego do mundo

Alberte Montes e Silvio Falcón barallan a posibilidade de facer algún twitch en directo, falan de vacinas, desfibriladores, cadelos e outras parvadas para deixar claro que o Bueno Carallo Bueno é o mellor podcast en galego do mundo. E case da historia, aínda que as compañeiras de Podgalego non acaben de compartir a súa opinión. Xuntos acumulan máis horas de radio que Pepe Domingo Castaño, ou iso afirman.

Ladies and gentleman, un BCB deluxe con moitas sorpresas e cun tráiler do podcast! Atent@s!

Apr 25, 202145:42
BCB 1x08 - Dous cuñados con María Vázquez

BCB 1x08 - Dous cuñados con María Vázquez

Convidada de luxo no Bueno Carallo Bueno! A actriz galega María Vázquez conversa, na resaca dos Mestre Mateo, con Alberte Montes e Silvio Falcón sobre os seus proxectos e sobre a realidade do audiovisual galego. A recente estrea do filme de Portocabo, Cuñados, onde María Vázquez comparte cartel con Miguel de Lira ou Xosé Antonio Touriñán, serve de punto de partida a esta conversa a tres. 

Xa nos cines de todo o Estado, "Cuñados", dirixida por Toño López. 

Apr 11, 202143:15
BCB 1x07 - Toni Cantó

BCB 1x07 - Toni Cantó

Alberte Montes e Silvio Falcón pregúntanse de que temas falar para estar cos trending topics do noso tempo, coa actualidade rampante que come as redes sociais e ocupa portadas e telexornais. Por iso este capítulo fai referencia a Toni Cantó e ademais foi publicado o 27 de Marzo, Día Mundial do Teatro. Moito teatro e moita coña cos cadelos, cos Manueles e outras referencias carallaners das de toda a vida.

Ah, por certo! Xa podedes ver o dedo garfo do pai de Alberte nas redes sociais.

Mar 27, 202145:44
BCB 1x06: O conflito dos chourizos

BCB 1x06: O conflito dos chourizos

Nin as guerras mundiais, nin tampouco a guerra dos 30 anos: en Barcelona está á librarse O CONFLITO DOS CHOURIZOS. Non sabes de que falamos? Só tes que escoitar este episodio do Bueno Carallo Bueno, onde Alberte Montes e Silvio Falcón estrean sección sobre os seus cáns e seguen á falar dos seus proxenitores. Ademais, por primeira vez desde a pandemia conseguen verse polas rúas de Barcelona. Todo iso e moitas máis cousas intranscendentes, neste episodio do podcast.

Mar 07, 202143:53
BCB 1x05 - Que pinta aquí Gabriel Rufián?

BCB 1x05 - Que pinta aquí Gabriel Rufián?

Que pinta aquí Gabriel Rufián? Pois non o sabemos moi ben -e el tampouco-, pero pensamos que podía prestar falar un pouco con el do Congreso e da fauna que alí se atopa. Polo pronto, xa sabemos que Rufián propúxolle un nome para a cadela de Silvio e que Alberte puido ter sido o imitador do político de ERC en Polònia. Por buscarlle algún sentido a todo isto. 

Feb 19, 202134:03
BCB 1x04: El Greco, Swarzenegger e Bertín Osborne

BCB 1x04: El Greco, Swarzenegger e Bertín Osborne

Outro programa máis do podcast de Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo). Unha cousa leva á outra e acaban falando de El Greco, de Arnold Swarzenegger e de Bertín Osborne. Non perderse a sección dos Manueles!

Feb 07, 202136:30