Skip to main content
Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

By Bueno Carallo Bueno
O mellor puto podcast en galego do mundo.
#OutroPodcast
Listen on
Where to listen
Apple Podcasts Logo

Apple Podcasts

Breaker Logo

Breaker

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

BCB 2x04 - A Voz

Bueno Carallo Bueno

BCB 2x04 - A Voz

Bueno Carallo Bueno

1x
BCB 2x06 - O despropósito
Alberte fai a súa lista de propósitos realistas para 2022, un ano que Silvio comezou cunha viaxe en Praga. Que ingredientes leva unha pizza Real Madrid? Por que Silvio mercou un gorro soviético?  O mellor puto podcast en galego do mundo volve con forza tratando temas como a posible película para adultos protagonizada polo Apalpador ou o inoportuno ruxido de tripas dun amigo do programa. Veña, a que esperades a seguirnos no twitter e no instagram en @carallobueno? 
46:37
January 14, 2022
BCB 2x05 - O mellor puto twitch en galego do mundo
Para celebrar o Nadal e o primeiro aniversario do podcast, Alberte e Silvio viaxaron ás instalacións de KW Radio -no Poblenou de Barcelona- para facer o seu primeiro directo en Twitch! Así que non pensedes mal, se escoitades xente rirse non son audios enlatados...  Neste especial de Nadal falan de todo un pouco. Alberte máis enérxico ca nunca, Silvio máis faltoso aínda, se cadra. Coa participación especial de Alberto da Sinda e dunha fan do programa, Ángeles "a dos iogures". E con comentarios no twitch! E xa sabedes, a seguirnos nas redes en @carallobueno. 
01:25:21
December 15, 2021
BCB 2x04 - A Voz
Monti Castiñeiras é un actor e actor de dobraxe galego. Pero, ademais diso, é a voz do Bueno Carallo Bueno! Tarde ou cedo ía tocarlle comparecer no programa para falar da súa traxectoria, das súas inquedanzas e do futuro do sector audiovisual na nosa lingua. Monti incluso se anima a propoñer -seguro?- títulos para este episodio do podcast.  Ademáis, Alberte e Silvio encetan o seu consultorio cos audios enviados pola audiencia e anuncian se este ano haberá programa especial de Nadal do podcast. Todo, coma sempre, no mellor puto podcast en galego do mundo.
01:12:22
December 02, 2021
BCB 2x03 - A resaca dos Ondas
Grabar un podcast o día seguinte da entrega dos Premios Ondas é un exercicio complexo. En primeiro lugar, por ver o éxito de outros programas radiofónicos e, sobre todo, porque Alberte asistiu á gala e non está moi católico. Neste episodio falan dunha viaxe de Silvio á Coruña, da experiencia de Alberte na gala dos Premios Ondas pero tamén de Manel Monteagudo, das criptomoedas ou de asuntos de América Latina. Cousas globais, andamos a todo.  O mellor puto podcast en galego do mundo, xa o sabedes. E o máis humilde tamén.
48:11
November 17, 2021
BCB 2x02 - O Manuel
Alberte e Silvio superaron o parón de outubro. Logo de máis dun mes sen publicar un episodio do podcast ofrecen as súas desculpas. A ver, que foi por razóns de peso. De feito, unha das seccións senlleiras do programa agora terá que cambiar de formato, cousas da vida. Coma sempre, falan de temas de todo tipo: desde os nenos rata, pasando por Dembelé, Cruz y Raya ou Gonzalo Jácome.  Se queres participar sempre lles podes escribir nas súas redes (@carallobueno) para insultalos, para contribuír ao proxecto de podcast no tren Catalunya-Galiza ou para promover a candidatura de Alberte a Presidente da Escaleira. 
51:50
November 03, 2021
BCB 2x01 - Godzilla por Vimianzo
Ninguén contaba con que o Bueno Carallo Bueno chegase a unha segunda tempada, tampouco Alberte e Silvio. Encetan nova tempada do mellor puto podcast en galego do mundo con voces na intro de Monti Castiñeiras e coas parvadas de sempre. Godzilla seica anda por Vimianzo a tomarlle uns viños -con pincho, claro-.  Volcáns, funcionarios, garderías e outras lerias para comentar na resaca das vacacións. Da para moito, o descanso, eh? O carallo é que sempre hai que volver. Xa sabes onde atoparnos nas redes, en @carallobueno en instagram e twitter.
46:45
September 25, 2021
BCB 1x13 - A paparota
Alberte e Silvio embárcanse nunha aventura de carallo: facer un programa nun bar sen ter os medios suficientes! O carallo é ter unha excusa para comer o pincho de tortilla do Bar Laláns da Avinguda Mistral de Barcelona, onde pechan a primeira tempada do Bueno Carallo Bueno. O tal é ter salú! Pedimos desculpas por adiantado pola calidade do son. Aceptamos donacións, consellos, regalos e mesmo axuda técnica. 
34:52
August 01, 2021
BCB 1x12 - A penúltima?
Alberte Montes e Silvio Falcón toman a penúltima, encarando a recta final da tempada do podcast, visitando un estudo de radio. Separados por un vidro e con Silvio facendo de técnico, falando dos Manueles, dos cadelos, da filla de Alberte, das vacacións e da ausencia podcasteira da que todo o mundo está á falar. Será o derradeiro programa da tempada?
01:02:12
July 07, 2021
BCB 1x11: Alá é grande
Alá é grande. E non falamos de Deus, senón dese sitio mítico que vive nas cabezas morriñentas dos pais de Alberte e Silvio. Claro, para eles "alá" é a aldea, é Galicia. Un xeito coma calquera outro de non verbalizar o feito de que viven lonxe do seu país e que son emigrantes. Pero claro, no BCB número 11 fálase de moitas outras cousas: o Día das Letras Galegas -e o postureo en redes-, a sección dos Cadelos e moitas máis cousas intrascendentes.  Xa podedes escoitar o mellor puto podcast en galego do mundo en todas as plataformas! 
46:22
May 22, 2021
BCB 1x10: Os vellos non deben emborracharse
Neste décimo episodio do Bueno Carallo Bueno, Alberte Montes e Silvio Falcón falan do fin do Estado de alarma de das festas na rúa que conlevou esta circunstancia, tamén na cidade de Barcelona. Ademais, hai tempo para repasar a actualidade de "Os Manueles", "Os Cadelos" e incluso de facer seguemento do "cobete" chinés que ameazaba toda Europa cun impacto total. 
39:27
May 09, 2021
BCB 1x09: O mellor puto podcast en galego do mundo
Alberte Montes e Silvio Falcón barallan a posibilidade de facer algún twitch en directo, falan de vacinas, desfibriladores, cadelos e outras parvadas para deixar claro que o Bueno Carallo Bueno é o mellor podcast en galego do mundo. E case da historia, aínda que as compañeiras de Podgalego non acaben de compartir a súa opinión. Xuntos acumulan máis horas de radio que Pepe Domingo Castaño, ou iso afirman. Ladies and gentleman, un BCB deluxe con moitas sorpresas e cun tráiler do podcast! Atent@s!
45:42
April 25, 2021
BCB 1x08 - Dous cuñados con María Vázquez
Convidada de luxo no Bueno Carallo Bueno! A actriz galega María Vázquez conversa, na resaca dos Mestre Mateo, con Alberte Montes e Silvio Falcón sobre os seus proxectos e sobre a realidade do audiovisual galego. A recente estrea do filme de Portocabo, Cuñados, onde María Vázquez comparte cartel con Miguel de Lira ou Xosé Antonio Touriñán, serve de punto de partida a esta conversa a tres.  Xa nos cines de todo o Estado, "Cuñados", dirixida por Toño López. 
43:15
April 11, 2021
BCB 1x07 - Toni Cantó
Alberte Montes e Silvio Falcón pregúntanse de que temas falar para estar cos trending topics do noso tempo, coa actualidade rampante que come as redes sociais e ocupa portadas e telexornais. Por iso este capítulo fai referencia a Toni Cantó e ademais foi publicado o 27 de Marzo, Día Mundial do Teatro. Moito teatro e moita coña cos cadelos, cos Manueles e outras referencias carallaners das de toda a vida. Ah, por certo! Xa podedes ver o dedo garfo do pai de Alberte nas redes sociais.
45:44
March 27, 2021
BCB 1x06: O conflito dos chourizos
Nin as guerras mundiais, nin tampouco a guerra dos 30 anos: en Barcelona está á librarse O CONFLITO DOS CHOURIZOS. Non sabes de que falamos? Só tes que escoitar este episodio do Bueno Carallo Bueno, onde Alberte Montes e Silvio Falcón estrean sección sobre os seus cáns e seguen á falar dos seus proxenitores. Ademais, por primeira vez desde a pandemia conseguen verse polas rúas de Barcelona. Todo iso e moitas máis cousas intranscendentes, neste episodio do podcast.
43:53
March 07, 2021
BCB 1x05 - Que pinta aquí Gabriel Rufián?
Que pinta aquí Gabriel Rufián? Pois non o sabemos moi ben -e el tampouco-, pero pensamos que podía prestar falar un pouco con el do Congreso e da fauna que alí se atopa. Polo pronto, xa sabemos que Rufián propúxolle un nome para a cadela de Silvio e que Alberte puido ter sido o imitador do político de ERC en Polònia. Por buscarlle algún sentido a todo isto. 
34:03
February 19, 2021
BCB 1x04: El Greco, Swarzenegger e Bertín Osborne
Outro programa máis do podcast de Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo). Unha cousa leva á outra e acaban falando de El Greco, de Arnold Swarzenegger e de Bertín Osborne. Non perderse a sección dos Manueles!
36:30
February 07, 2021
BCB 1x03 - José Juan, patriota galego!
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) fantasean coa posibilidade de que o porteiro do Alcoyano -e heroe da eliminación da Copa do Rei diante do Real Madrid-, o galego José Juan Figueiras, poida aparecer en calquera momento durante a gravación do podcast. Polo camiño falan dos seus pais na sección Os Manueles entre outras mierdas. Terá aparecido José Juan pola programa? 
36:34
January 23, 2021
BCB 1x02 - Co noso padriño Álex Fidalgo
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) aínda están aprendendo a facer funcionar un podcast. Por iso precisan da axuda dun padriño experimentado, coma o xornalista de Corcubión Álex Fidalgo, que triunfa co seu podcast Lo que tú digas na plataforma Podium Podcast. Aínda non entenden que alguén de éxito queira facer promo nun podcast pequeno pero... Aproveitan tamén para estrear a psicoanalítica sección Os Manueles, sobre os pais de ámbolos dous.  Aí vos vai #OutroPodcast.
56:49
January 10, 2021
BCB 1x01 - Especial de Nadal
Alberte Montes (actor) e Silvio Falcón (politólogo) estrean un novo podcast cun especial de Nadal. Outro podcast máis, en galego, onde falan das cousas que lle interesan. Chegou por fin a última mala nova do 2020.
32:52
December 27, 2020