Skip to main content
Café Derby 21

Café Derby 21

By Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e virtual. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.
Where to listen
Apple Podcasts Logo

Apple Podcasts

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Overcast Logo

Overcast

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa

Café Derby 21

1x
Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial. En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe á súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén á súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira. Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.
01:05:38
June 22, 2022
Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario Unidade, no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal. Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella. 
56:30
June 15, 2022
Meiga-i, transformismo e cosmopaletas
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que abre mundos de brillo nas pesadas rutinas: o transformismo, o mundo drag. Para achegarnos a este universo complexo e difícil de catalogar contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade. Parolamos a maiores de como aproximarse ao transformismo desde a galeguidade, do paradigma de concursos como Drag Race que fomenta espazos e novas artistas pero que atenta contra formas disidentes, de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022. 
59:02
June 08, 2022
Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secreto, por iso moitos medios de comunicación están comprimindo os seus contidos e noticias a un minuto ou menos. Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de texto curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que prestamos ás cousas. Tamén parolamos do FOMO (Ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.
59:52
June 03, 2022
Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer. Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar a segunda temporada de Rutas Bizarras xunto a Marta Hazas, programa no que amosan lugares menos coñecidos e tamén se dan homenaxes culinarias. Tamén parolamos con el de acentos, de falar castelán para traballar, de Fariña, de Catro Gatos e facer humor doutro xeito, de onde queda o humor hoxe en día e dunhas marionetas con rostro político que se perderon hai tempo.
57:23
May 25, 2022
Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares como Canarias, que viviu a súa propia colonización. Este episodio recupérase de xeito lixeiro no galardoado filme Eles transportan a morte, dos cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana que falan desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos. Con este filme foron capaces de chegar ata o festival de Venecia, San Sebastían ou Rotterdam, e desa experiencia tamén aproveitaron para falar no programa, aínda que o escenario máis importante para eles fose o do Curtocircuíto. Xunto a este par de cineastas parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel ou de non subestimar a intelixencia do público.
55:10
May 18, 2022
Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos. Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que  tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida. Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.
01:04:02
May 11, 2022
Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas «temporadas da nosa vida», na que chega e vaise xente como unha personaxe e as cousas son xiros argumentais. Isto xa existe na nosa vida e chámase telerrealidade, adopta diferentes formato e bate récords de audiencia. Sobre isto falamos coa presentadora e actriz Lucía Regueiro, que vén de estrearse con A Sariña busca pretendentes. Con ela reflexionamos sobre a veracidade dos feitos, o posible guión e as tripas da televisión. Tamén parolamos de como coordinar vida e familia, iso que lle din conciliación, de como ela puido facelo logo de dar a luz, de ser presentadora en Galicia, do espazo feminino perdido nas pantallas e concursos ou sobre os formatos de preguntas e charla culturais.
01:05:37
May 04, 2022
Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis importante do corpo e reflexionamos sobre hábitos que mellorarían a nosa saúde, pero imposibles de realizar. Tamén parolamos sobre a saúde mental pero non desde a óptica habitual, senón analizando se se está indo polo camiño adecuado e non estaremos nunha fase de sobreinformación, mensaxes baleiras e tendencia á patoloxía ou tratamento. Tamén afondamos na cuestión do doutoramento e como é o proceso, así como o sistema educativo actual e a súa puntuación. Pechamos o programa falando das oposicións de emprego público, o dano mental que pode acontecer e por que son algo tan desexado.
01:04:25
April 27, 2022
Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pringadas e Carballo Interplay baby, cando ía polas mañás a clase. Procuraba entre os asentos ao seu futuro namorado. Porqur iso tamén é vida universitaria. Xunto a ela falamos da súa serie, de mulleres creadoras, diso que é a Universidade e o que supón ou da xeración Z e a súa representación. Tamén aproveitamos o décimo aniversario de Girls para analizar o seu impacto en nós e na sociedade, para falar de como a xente moza debe monetizar a súa creación ou do deserto en Galicia para xerar contido fóra do estánda e para a Xen Z.
01:01:40
April 20, 2022
Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatura erótica como fenómeno. Tamén repasamos a súa obra, con especial fincapé na súa particular aproximación a obras para a mocidade. Tamén falamos de autoeditarse, de pasear por feiras vendendo libros, da súa editorial Rodolfo e Priscila xunto a Berta Dávila, do seu rol como coach de acento xunto a Inma Cuesta ou Aron Piper e, por suposto, do seu paso por concursos de televisión.
01:02:12
April 06, 2022
Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgadores científicos de Balea Vermella, dúo composto por Raíña Vermella e Javi Balea. Con eles parolamos dos seus inicios e como se cruzaron, da pandemia da saúde mental, de achegar a ciencia máis básica á poboación ou desmontar bulos.
59:07
March 30, 2022
Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons. Con el parolamos sobre eses outros pesos indeterminados da vida, que trata a película, como as mudanzas de fogar, os estereotipos, a identidade galega ou o recoñecemento. Tamén tivemos tempo para repasar os inicios de Diego Anido, a carreira de Zarauza con Encallados ou Os Fenómenos, a vida como xurado de festival, a marxinación do cine galego en España (que non no mundo) ou o equipo polo que Oliver Laxe canta os goles.
57:55
March 23, 2022
Guadi Galego, música pop e facer boas lentellas
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada. Así arrincamos o programa de hoxe xunto á cantautora Guadi Galego, nome indispensable da música galega desde o século pasado. Con ela parolamos da súa carreira e de como mudou o “mundillo” desde que comezou. Tamén falamos sobre facer pop ou folk, de supervivencia, de manterse traballando, de liberdade creativa, de esforzo e non só inspiración ou de contentar ao público cantando o que non che apetece.
01:01:23
March 16, 2022
Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un pouco de razón. Para falar de antiheroes, de quinquis, contamos esta semana co actor Chechu Salgado, gañador do Goya ao mellor actor revelación por Las leyes de la frontera. A través da personaxe de Zarco, analizamos a importancia de saber a orixe dos malos malísimos e de que as circunstancias, evidentemente, condicionan as nosas actuacións. Tamén parolamos sobre o aburrimento da bondade dos superheroes, das motivacións dos malvados, da volta do quinqui como unha moda ou dos nosos antiheroes favoritos. 
55:29
March 09, 2022
Araceli Gonda, ser guionista e a crítica enmarcada
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por iso cando os astros se conxuran e un deles fai o esforzo sobrehumano de rir durante unha comedia, hai que enmarcalo. Isto mesmo fixo a guionista Araceli Gonda cunha das críticas de Cuñados, agora con 16 candidaturas aos Mestre Mateo e gala na que ela tamén opta a mellor guión por Hierro. Pero Araceli ten carreira de sobra para falar de facer pilotos ou escenas de sexo entre personaxes. Xunto a ela parolamos sobre facer spoilers, comentar audiovisual en redes sociais, o xeito de consumo de series actualmente, Fleabag e unha carreira de minijobs: de xornalista de deportes ata dramaturga.
01:01:06
March 02, 2022
Tamara Andrés, sentimentalismo e os adolescentes poetas
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións. Para rachar co establecido como sentimentalismo esta semana falamos coa poeta Tamara Andrés, que detesta que se peche o universo poético a algo como os sentimentos. Tamén parolamos de xornalismo cultural, intelectualizar contidos que non o son e abrimos o melón da tradución: quen nos trae obras estranxeiras e como o fan?
55:45
February 16, 2022
Paula Cons, true crime e as nais detectives
Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. Resolver un misterio é, desde o comezo dos tempos, unha constante no ser humano. O misterio da vida, o misterio do pensamento, o misterio da alma, o misterio de onde está aquel pantalón que mercache vai un tempo e xa non ves. Misterios. Hai telefilmes malos, malísimos, onde todos poden ser os asasinos e o traballo deses detectives internos —nós, as nosas familias, os frikis de Twitter, os conspiranoicos— é resolvelo. Para falar de misterios, ’true crimes’, misterios que permanecen, contamos coa xornalista e cineasta Paula Cons, autora de «A illa das mentiras» ou «¿Dónde está Marta?». Ela, que sabe do tema na teoría, na práctica e no humor, achega a súa visión sobre asuntos como o morbo, o patriarcado, a violencia gratuíta ou os crimes que marcan xeracións. Tamén tivemos tempo a parolar sobre a representación das mulleres detrás e diante das cámaras, estudos e teorías con perspectiva de xénero e a semana fantástica dos premios: Oscar, Mestre Mateo e Goya.
59:55
February 09, 2022
Carlos Pereiro, videoxogos e as señoras do Candy Crush
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas de xogar ao ping pong ou o Tetris, as persoas caeron nas redes dixitais e gastaron un chisco de tempo en en entreterse cun videoxogo. Para falar un pouco deste enorme melón, contamos con Carlos Pereiro, experto en videoxogos e membro do Museo do Videoxogo, ademais de divulgador na Revista Morcego. Con el falamos da industria e a cultura montada arredor deste fenómeno, do hiperrealismo dos gráficos ou do esquecemento que supón para moitos títulos a mellora tecnolóxica. Tamén gastamos tempo falando dos nosos primeiros xogos, de experiencias e de por que cada xogo ten unha idade.
01:03:38
February 02, 2022
Sonia Méndez, Luz Fandiño e hackers de punto de cruz
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores. A directora, actriz, produtora… bueno, a cineasta 360 Sonia Méndez coñeceu á poeta Luz Fandiño e soubo que debía captar a súa historia, unha lenda de 90 anos con moitos matices. Tomou a cámara e fixo o documental A poeta analfabeta. Con ela, falamos do difícil que pode ser xerar confianza ou do dura que chega a ser a verdade. Pero tamén tivemos tempo para parolar sobre o Carballo Interplay, webseries, creación en Internet… unha morea de cousas das que sabe moito pola experiencia. A mesma experiencia que ten como autónoma e emprendedora, esa maldición que tivemo oco a criticar.
01:01:08
January 26, 2022
Lucía Freitas, alta cociña e os guisos que fan chup-chup
Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no que nos quixemos centrar para este programa. As nosas papilas gustativas actúan diferente, a uns gústanlles cousas que a outros non, e son capaces de facernos chorar de picante ou encoller a cara por amargura. O gusto é un arma de dobre filo, un camiño directo ao corazón pero tamén ao fracaso. Para falar de cociña, o oficio do gusto, contamos con Lucía Freitas, chef de A Tafona, Lume e gañadora dunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Na sús compañía repasamos a súa traxectoria vital, achegámonos á alta cociña pero tamén á tradición e á xestión emocional que supón traballar a tanta presión, pasando tamén pola paridade e igualdade. Houbo tempo para reivindicar as prazas de abastos, curiosear sobre as relacións entre Galicia e Xapón ou a representación da cociña na ficción, nesas películas tan agobiantes e concursos tan duros. 
01:00:45
January 19, 2022
David Gesteira, falsos mitos e xubilados estudando Historia
Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é unha certeza. Isto de feito pasa na actualidade, con mellores ou peores consecuencias e xerando numerosos debates, xustos ou non. Porque a Historia é así, un relato que se adapta a formatos e discursos procurando servir como argumento, aínda que se traten de feitos claros. Isto logo deriva en mitos e lendas, en correntes de coñecemento falsario, que chegan ata nós en forma de política, cultura ou identidade. Para romper estes mitos, como o celtismo ou o escurantismo da Idade Media, contamos con David Gesteira, historiador e divulgador que traballa noutro podcast en galego: Descifrando a Historia. Con el rachamos ideas establecidas, afondamos no que significa a representación na Historia ou do uso ideolóxico de certas cousas que non son nin Historia, como moito lendas ou bulos. Parolamos de tempos pasados e da súa representación audiovisual, de como os nazis aparecen en todo ata ser case personaxes e non persoas reais, de aprender Historia fóra das aulas, ou dentro pero como xubilado.
01:00:19
January 12, 2022
Triángulo de Amor Bizarro, bandas de rock e o Gran Hermano galego
O rock está morto ou iso din os máis seguidores do xénero, comunmente os que romantizan anos dourados e grupos extintos desatendendo ao panorama actual e rexeitando calquera idea sobre que algo presente, do agora, sexa tan bo como o pasado. Son os clásicos. Tanto é así que a mesma xente repítese en radios, emisoras menos mainstream, playlist de plataformas e un longo etcétera conformando ese corpus único que son: os clásicos. É dicir, as bandas máis potentes e que aínda, con milleiros de millón de fans, reivindican como minoritarias ou non famosas. Que cansado todo isto. Para rachar coa idea de clásicos e de lendas do rock esta semana contamos con Isa Cea, membro de Triángulo de Amor Bizarro, unha banda definitoria no rock e música alternativa en Galicia e no panorama español. Falounos da súa traxectoria e os inicios, desas guitarras golpeadas sen tino e da pouca fe na súa contorna sobre o futuro da banda. Tamén nos desvela a Los Jíbaros, ese estado previo a Triángulo que puido ser e non foi. Tivemos tempo para repensar o misticismo arredor do rock e de que nos contase como compoñen, innovan e revolucionan na música coas súas letras, melodías e conceptos, algo que fan desde máis dunha década. Entre anécdotas e opinións moi claras, levámonos unha panorámica do que era o ambiente artístico nos inicios e do que chegaron a acadar hoxe en día, o status de xigantes.
58:23
January 05, 2022
Tanxugueiras, Eurovisión e as tesoiras do polbo
E chegamos ao último programa do 2021! Dous días atrás era xaneiro e non asomaban nin de lonxe as horas e horas de conversas que nos quedaban por diante. Quizais xa non somos tan novatas. Este ano foi o dos estouridos e fenómenos, de éxitos en moitos ámbitos, por iso queremos pechar o ano acompañadas pola Palabra do Ano segundo unha enquisa da RAG. Bueno, non coa palabra en si mesma. Con Olaia, Aida e Sabela. Vaia, as Tanxugueiras! Que así entendémonos todxs. Virais ata máis non poder polo talento e carisma que liberan, Tanxugueiras é unha das opcións favoritas no Benidorm Fest, preselección para Eurovisión. Con elas tres falamos desta aventura e do proceso, das sensacións e emocións, da posta en escea que pode ter Terra e das súas favoritas (pero non cos rivais, que todas son amigas). Tamén atopamos oco para tratar o tema da música tradicional, da confusión co tema “celta”, do idioma, de barreiras, de problemas de aviación e, sobre todo, para rir. Porque estas tres mestras teñen humor e garra para roubarnos a nós mesmas o programa. Moitísimas grazas por acompañarnos neste ano 2021, sen vós somos pouco menos ca tres laretas ❤️‍
59:19
December 29, 2021
Nee Barros, linguaxe e vomitar na selectividade
A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou angustia ou bule-bule no corpo pode dar en consecuencias físicas. A persoa convidada esta semana disto sabe un pedazo. Primeiro, porque viu alguén vomitar dos nervios. Segundo, porque parte do seu recoñecemento público é a elaboración de contido para estudar galego na selectividade. Elu é Nee Barros, dramaturgue, autore e youtubeire e parte dunha nova xeración creadora en Galicia. Con Nee tamén falamos de linguaxe, de mudanzas, de rachar con vellas ideas, de adaptación aos tempos ou da necesidade de ser respectado como minoría polos grupos de poder. Tamén tivemos tempo para reflexionar sobre a importancia de sentirse representado non só diante das cámaras senón tamén na parte creativa. Pechamos o programa lembrando a selectividade e achegándonos a unha cita complexa para quen a vive. Un momento divisorio, sen dúbida.
01:01:26
December 22, 2021
Aroa Outón, arte galega e o desgraciado Van Gogh
Poñamos que este programa é un cadro, e non no sentido cómico. Tería que ser de cores fortes, verdes e azuis e vermellos, con moita acción, case unha estampa de guerra, pero con espazo para a bondade, como a dunha nai ou avoa. Este sería un cadro frenético, cheo de referencias, e incluso cun punto festivo. E só se me ocorre que este programa fose, en versión pictórica, ’El Jardín de las Delicias’. Esta semana puxémonos moi e moito artísticos para recibir a Aroa Outón, pintora e integrante do Espazo Bréteme e, segundo a revista Vogue, unha revolución no mundo da arte que crea desde o rural. Xunto a ela pensaremos e reflexionaremos sobre a arte galega e a súa marxinación, os problemas na educación cultural do país ou a falta de conciencia arredor da artesanía como primeiro tipo de arte a conservar e ensinar. Tamén coñeceremos a obra de Aroa, como crea desde a súa casa ou por que precisa ter unha cociña de ferro na cociña para poder pintar. As manías dos artistas! Pero discutiremos a figura de Picasso, choraremos a de Van Gogh, fará a súa aparición ata Juan Cuesta e, como non, reflexionamos arredor da sorte e a clase coml vehículo de entrada no sector tan excluínte que é a arte.
01:03:17
December 15, 2021
Lucía Aldao, facer un dúo e levar o neno a judo
Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, do espectáculo. Para manter o listón alto, acorde á ocasións cun selecto público, contamos coa poeta e cantautora Lucía Aldao, que vén de publicar o seu debut en soitario pero que continúa co seu dúo AldaoLado. Con ela falamos precisamente de parellas pero non románticas, senón desas persoas que son case como células dun mesmo. Tamén abordamos algunhas das polémicas da semana, como as amizades da infancia ou conservar amigos pese a todas as diferenzas. Para rematar, quixemos aproveitar a ocasión para abordar iso chamado coruñismo, que non El Coruño. Todo isto intercalando anécdotas a gusto de todxs, como sempre. Grazas a todas as persoas que viñeron vernos e ao resto: cedo teredes oportunidades de facelo💖
01:03:38
December 11, 2021
Berto, contar a depresión e varitas de merluza
EN DIRECTO DESDE O CULTURGAL! Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que foi aquilo. Pese aos erros técnicos, o ambiente caldeouse e a o público que se achegou ata nós asegurou levar unhas risas e un par de cousas. Lamentamos os erros técnicos que poida haber (alleos ao noso poder) e agradecemos á equipa técnica que estivo canda nós o seu esforzo. Achegámonos ata Pontevedra e, como non, contamos cunha persoa nada e criada na cidade máis peatonal do Universo. Aínda que non falamos de pontevedrismo, Berto contounos como foi a experiencia de estrearse en soitario, lanzar un disco tan diferente, contar a súa depresión e musicala, afondar na saúda mental e facer terapia en moitos sentidos. Tamén contamos un par de anécdotas, respostamos á polémica da semana sobre o clasismo e a música (a clásica, claro) e varias cousas máis nun programa un pouco máis curto, un pouco máis en directo.
47:55
December 01, 2021
O Aquele, deixar YouTube e o feliz mércores de Piolín
Internet aínda non é o suficientemente vella como para que se xubile a xente que vive grazas a ela. Non falamos de informáticos ou enxeñeiras, senón diso que agora chaman creadores de contido. Así como as estrelas do fútbol ou o cine se retiran, tamén nalgún momento esa xente que sale en YouTube debe facelo. Para falar sobre pegadas dixitais e xubilarse da Internet contamos con Miguel Silva Conde, anteriormente coñecido como O Aquele, un dos principais nomes da comunidade galega en YouTube e en redes. Agora faise chamar ás veces Don Miguel na súa nova etapa como mestre, por iso parolamos sobre envellecer, os memes de Piolín e a mocidade que vén. Ademais comentamos as nosas experiencias seguindo os consellos dunha falsá gurú en Nutrición e por que os discursos sobre corpos válidos son tan necesarios.
58:49
November 24, 2021
Le Petit Patito, o poder do odio e o negocio do autocoidado
Ai, o odio! Esa forza da natureza que experimentamos todxs nós de vez en cando conducindo, na cola do supermercado ou cando alguén evita unha discusións. Pequenos instantes na vida nos que comprendemos a todos os malvados das series de debuxos, acabarei co mundo porque é máis sinxelo que acabar con isto que sinto. Para falar de odio, frustración e sentimentos falsamente negativos contamos con Laura Pato, arquitecta e ilustradora coñecida como Le Petit Patito, que vén a ensinarnos como monetizar ese asco contra a xente que dá noxoou a frustración que nos xera a rutina, e a loitar contra toda a filosofía positivista que, en realidade, tanto mal nos fai á cabeza. Tamén conversamos sobre o seu antirromanticismo, a morte do amor romántico en si mesmo, os xestos «de cabaleiros», agasallos fallidos e por que Os Simpsons son tan importantes para ela, para nós, e para unha xeración.
58:27
November 17, 2021
Ismael Ramos, amizade e o Chanel de Marge Simpson
Ah, a amizade! Que bonito concepto tan difícil de explicar pero que a maioría da xente, por non decir todo o mundo, ten experimentando algunha vez na vida. Segue sendo un dos grandes misterios do ser humano explicar o por que dese gregarismo, desa necesidade do outro, da compañía. A amizade leva inspirada moita arte, desde cadros a cancións, pero todos temos próximas as series de televisión. De feito, da amizade hai moito dito pero tamén moito silencio arredor das partes escuras. Para esclarecer un pouco e perfeccionar o que é un amigo ou amiga, contamos hoxe co poeta Ismael Ramos, que vén de publicar a segunda edición do seu libro «Lixeiro», no que a amizade xoga un papel central nos temas dos seus versos. De feito, inspírase nos seus propios amigos. Xunto a el tamén falaremos de clase social, o valor simbólico do iPhone, a repercusión xeracional de que Marge Simpson reciclase un Chanel, de como introducir a una parella nun grupo de amigos e sobrevivir sendo o amigo solteiro do grupo, de como a soidade gaña terreo segundo pasan os anos e ademais engadimos apuntamentos sobre por que a frase «Vouche presentar a un amigo que tamén é gay» está mal, bastante mal.
01:04:46
November 10, 2021
Lucía Estévez, traballo e o fracaso do Mestre Mateo
Fai xa unha semana ou máis que se vén falando de de tumbar a antiga (e presente) reforma laboral para mellorar as condicións vitais, así en xeral.  Non, non nos poñernos profundas nin imos afondar en datos e informes, nin tan sequera falamos diso neste programa. Pero simultaneamente, o Festival Internacional de Cine de Xixón anunciou que estreará na súa sección oficial a curta «O niño dos paxaros», obra que reflexiona sobre a vida laboral e o propio acto de traballar, entre outras cousas. Para reflexionar sobre isto contamos hoxe coa súa directora e gañadora dun premio Mestre Mateo, Lucía Estévez, que vén a contar e opinar sobre todo o que supón o emprego para a súa ficción pero tamén na súa propia vida, e de paso nós tamén parolamos sobre as nosas experiencias. Horarios, vacacións, traballos non (ou sobre) cualificados, corpos destrozados, saúde mental. Todo ata a xubilación. Todo isto conflúe nesta conversa onde tamén hai oco a falar sobre «As Defensas», a primera longametraxe da directora, e «O neno sardiña», unha curta máxica sobre o sentimento de pertencer.
58:09
November 03, 2021
Carolina Iglesias, válidas e chistes de mariquitas
Ás veces o bo tarda en chegar e o programa desta semana é a proba diso. Logo de varios intentos, logramos reunirnos no programa cunha estrela do presente e do futuro: Carolina Iglesias‼️ A semana pasada recibiu xunto a Victoria Martín o premio Ondas a mellor podcast nacional por «Estirando el chicle», xusto no día que íamos gravar. De feito Carles Francino roubounos a exclusiva pero non lle gardamos rencor. Iso non nos impediu preguntarlle a Carolina por ese galardón, agora xa con máis reflexión, e xunto a ela quixemos abrir varios melóns: a validación externa, atopar empatía e comunidade nos discursos de outros, a visibilidade do diferente, o humor e as súas consecuencia, chistes de sogras, a nostalxia tóxica ou por que se empeñan en facer remakes sen sentido de cousas vellas. Pero o certo é que falar, falamos de moitas tantas cousas. E non, este podcast aínda non ten un Ondas, pero se facemos que un programa en galego entre nunha desas listas importantes lanzaríamos unha forte mensaxe, non si? 🤔 Comparte e fai ruído! #estirandoelchicle
01:02:52
October 27, 2021
Xosé Ramón Gayoso e Ana Gayoso: consellos de vida e lanzar martelos
Volvemos para unha segunda tempada! E para iniciarnos, ou case, quixemos pedir consello a unha eminencia do entretemento e a comunicación: Xose Ramón Gayoso. Nesta posta de cara a estrea definitiva a punto recibimos case unha masterclass e xunto a el aprendemos sobre bondade, humildade e todo o necesario para sobrevivir tantos anos no número #1. Tamén comentamos os seus pinitos no atletismo, os seus inicios e todo o referido ao Universo Luar: desde a Miss Vaca viral deste ano aos duetos estelares que tiveron lugar na TVG durante décadas. Quixemos darlle unha sorpresa e convidamos tamén a Ana Gayoso, a súa filla, para falar da súa infancia, da fama como concepto ou desa cara B que toda persoa ten, máis aínda unha icona pop como seu pai. Moitas grazas pola paciencia, quentamos motores esta semana e en breves: arrincamos!💥
49:26
October 20, 2021
Café Derby Fest: Grande Amore, dani, Verto
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast comeza as súas vacacións de verán. Para facelo por todo o alto e non fallarlle ao espírito que tanto pregonamos, contamos con vellos e novos coñecidos, adiantos e promesas para a seguinte tempada e unha chea de anécdotas. Benvidos ao Café Derby Fest, un formato especial xunto a Grande Amore, dani e Verto no que pasamos de pedantería e cousas serias para meternos de cheo no interesante: verán, amigues, troula, tendencias, temazos e cía. Grazas por todo o apoio nos últimos meses a este pequeno pero ambicioso proxecto que é un chisco de cada persoa que nos escoite. Voltamos en nada! Feliz verán! 
01:29:46
July 12, 2021
Alba Mancebo, dialectos e Chavela McCartney-Cortés
Desde non moitas xeracións ata as presentes a tecnoloxía foi adquirindo un rol protagonista, sendo parte incluso da familia, en moitos aspectos ademais do informativo ou do entretemento. Non só os actuais teléfonos intelixentes ou dispositivos similares, tamén os ordenadores dos que tiñan cu cara atrás e a televisión cando aínda non tiña máis de dúas cores. De feito, as televisións chegaron ao mundo ameazando tanto ao cinema como á radio coa súa desaparición, pero décadas despois sábese que rematou coa tradición oral, por exemplo, e non con outras canles. Isto afectou á transmisións de coñecemento e contidos, a como se producía o trasvase de leccións e educación entre xeracións. A televisión foi abranguindo un espazo cada vez máis central e amplo, creando programas de divulgación e formación sobre temas moi descoñecidos mentres que conserva a fala do pobo. Desta primeira fórmula e xeración de contidos, como «El hombre y la Tierra», beben os documentais e os formatos divulgativos dos nosos tempos. Para falar desta revolución educativa e de ensinar na TV contamos con Alba Mancebo, xornalista e a cara máis recoñecible de «Os Castros». Con ela tamén parolamos sobre formatos, aprendizaxe, dialectos e acentos, cores de libretas na escola, Shakira e divas latinas.
01:18:21
June 23, 2021
Rodrigo Cuevas, Orgullo e o cachopo colonizado
É dificil saber onde remata o amor propio e comeza o egocentrismo. A querencia polo eu pode chegar a ser perigosa pero é algo que debemos facer, máis aínda cando fuximos do establecido ou rachamos con aquelo que chamaron canon e cada día pesa menos. Deste autodescubrimento e proclamación nace o coñecido como orgullo, sentirte e recoñecerte como algo e que levas por bandeira a defender. O bo do orgullo é que se adapta a sentimentos e identidades, a situacións e loitas, pero tamén pode agochar proclamas terribles e baleiras no mellor dos peores casos. O mes de xuño historicamente xa se coñece como o mes do Orgullo LGBT+, como ben recordan as marcas que mudan as súas cores polas do arco da vella. Estamos no momento de mudar tamén isto e deixar as partes malas deste sentimento de orgullo queer, de perder lastre e recuperar figuras ultralocais, loitas das rutinas e causas máis aló do amor. Disto falaremos co axitador folclórico por excelencia: Rodrigo Cuevas. Tamén sobre a relación entre Galicia e Asturias, mitos e lendas dos «primos-hermanos»; onde comer o mellor cachopo, urbanitas polo rural ou recuperar espazos e pobos desde unha óptica máis aberta.
01:10:43
June 16, 2021
Prado Rúa e Cousas Rarísimas, Tik Tok e negacionistas do zodíaco
Durante séculos as historias para asustar aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos miolos para saber o que pensan. Cousas polo estilo que metían medo para evitar futuros problemas, así era e segue sendo a tradición oral. Curiosamente hoxe en día firmamos e cedemos permisos sobre os nosos datos como quen come pan, sen xeito e sen miralo moito. Resulta que os algoritmos saben máis de nós que moitas persoas próximas, polo menos de gustos, e deixamos que nos organicen a vida dixital por preguiza. Mudamos o conto para facer uso das malas artes que traían os monstros. Eses algoritmos funcionan e melloran a medida que nós lle damos uso, un exemplo claro e fulminante é o de Tik Tok, cunha técnica calibrada para embobar. Parolamos disto cun dúo xa mítico da rede galega, Prado Rúa e Cousas Rarísimas, creadoras de contido online. Tamén falamos do ASMR, da nenofobia, de pais irresponsables ou de rachar co uso estereotipado do galego na rede.
01:07:44
June 09, 2021
Olaxon Mario, divas e campións de pilla-pilla
Quen non estivo cos ollos fixos nun reloxo agardando a que dese unha hora concreta para refrescar e refrescar sen parar unha páxina web? Ben por un concerto, ben por un videoclip, ben por unha estrea... Todas estas experiencias comúns, algo tan sinxelo como un click, fai comunidade. Poden ser máis ou menos estables, esta, por exemplo, é pouco estable. Se seguimos pechando o círculo podemos dicir: quen estivo en Youtube agardando a unha hora concreta para ver un novo videoclip? Ou quen escoitou Purpurina directamente coas letras estilo karaoke? Segundo un estudo británico, quedou demostrado que Youtube é a única red social que mellora a saúde das persoas e reforza tanto o sentimento de pertenza como a identidade, servindo de canle de aprendizaxe e encontro. Para falar de redes sociais, beneficios e problemas, hoxe contamos con Olaxon Mario, creador de contido e estrela galega en Youtube. Tamén parolamos das nosas divas favoritas ou reivindicables, da adaptación española de Drag Race, diso que chaman nova televisión ou do contido que seguimos fielmente.
01:10:28
June 02, 2021
Grande Amore, música italiana e temazos per cápita
Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero máis fortes e duradeiras. Unha delas é o rock, en grandes letras, que xamais se vai pero que por algún motivo sempre volve. Ou iso din. O mesmo con Italia, como ben demostrou en Eurovisión. Ás veces sin pausas, descansar para correr máis e mellor. Sobre todo isto parolamos con Grande Amore, ou Nuno, como responde pola rúa, tamén coñecido por formar parte de Oh! Ayatollah e Los Rastreadores xunto a Ortiga. Falamos sobre glam e punk, sobre señores con moitas opinións e pouca memoria pero aínda menos vergonza. Reflexionamos sobre Italia, a música disco, a figura de Pessoa ou a supremacía de ABBA.
01:11:54
May 26, 2021
Un café con Xela Arias
Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias, poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela é puro anos 80 e 90, vibrante e salvaxe, amante do rock e a poesía menos mística e máis maldita. Falou precozmente de ecoloxismo, feminismo, maternidade e individualismo como o facemos hoxe en día, adiantándose a décadas de loitas e conquistas. Desde a súa consciencia, Xela achegou a literatura extranxeira xuvenil e infantil a unha poboación orfa de contido. A ela débeselle tanto que o raro foi ter que agardar 18 anos desde o seu pasamento para celebrar a pegada imborrable que deixou, por desgraza, demasiado cedo. Para repasar a súa obra, figura e trascendencia contamos neste programa especial con Montse Pena, biógrafa literaria de Xela Arias na obra «Intempestiva», e María Yáñez, guionista do documental «Xela Arias. A palabra esgazada», Alba Cid, poeta, e Lois Alcayde, xornalista e escritor. Tamén nos acompañan Lúa Mosquetera, Tamara Andrés e Berta Dávila recitando poemas de Xela e a música de A banda da loba.
01:11:32
May 17, 2021
Malva, cultura teen e pelea física con Pondal
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película (xeralmente considerada mala) que sabemos de memoria? Moitas, agardo que moitas. Grazas a un movemento combativo, a cultura noutra hora considerada de baixa altura ou poca importancia agora ocupa un lugar tan digno xunto á considerada como alta. E ademais a esta onda de gozar sen complexos tamén a acompaña unha revisión das referencias, das iconas e o inamovible considerado como o mellor. Para falar disto, con moito humor, acompáñanos Malva, tiktoker e youtuber coa que parolamos a maiores sobre películas adolescentes, cultura teen e o himno galego.
01:08:20
May 11, 2021
Javi Olleros, o valor da tradición e ser un pachanguitas
Hai algo máxico nas reunións arredor dunha mesa para cear ou xantar, tan máxico como cando cociñas para alguén ou agardas con ansia ese domingo de pote ou cocido feito con amor no forno dunha avoa. A comida é algo cultural, social, que nos afecta a todos porque é parte do ser humano e as súas necesidades vitais. Pero segundo a antropoloxía, hai algo no feito de preparar o alimento que acada unha dimensión máis profunda que un simple acto fisiolóxico. Hoxe en día son moitos os movementos sociais entorno á alimentación, e para falar disto e varias cousas máis hoxe contamos con Javi Olleros, chef dobre estrella Michelín do restaurante Culler de Pau.
01:03:30
May 05, 2021
Brais Lorenzo, o poder da fotografía e o señor Manovich
Todos somos cómplices en certa medida cando apartamos a mirada. Escollemos ignorar e non confrontar. É certo que moitas veces a imaxes son difíciles de mirar, desafían os nosos propios límites, pero esa é parte da súa función. Outra cousa é o morbo e a mercantilización da dor e a morte. Sen dúbida a chegada das cámaras e lentes revolucionou para sempre como vemos e nos chega o mundo. Para parolar disto traemos ao fotógrafo e fotoxornalista Brais Lorenzo, con quen tamén reflexionamos sobre o escaparate nas redes sociais, plataformas de visibilización ou fotografía artística.
01:06:29
April 28, 2021
Melania Cruz, machismo na TV e o Ministerio da Soidade
Levamos un ano nun mundo que non sabe se está pechado ou en liberdade condicional, pero desde logo que comezamos a notar ou plenamente sentimos que a soidade é moi difícil de xestionar se non é voluntaria. Tamén medrou a preocupación polos seus efectos na saúde mental e xa comprendemos que non é preciso vivir nun lugar duro como as illas Ons para sufrir na contorna, pois un apartamento chega para iso. De como a paisaxe e o ambiente nos afecta falámolo esta semana coa actriz Melania Cruz ao gallo do seu premiado papel en Ons. Con Melania tamén parolamos sobre o machismo en televisión, as desculpas dos agresores, a vinganza nas películas e moito máis.
01:11:46
April 21, 2021
Miguel de Lira, Cuñados e a triloxía do bocadillo
Se algo levamos aprendido nos últimos anos é que a representación social é algo importante, positivo e necesario. Aínda que agora o que máis se estile sexa a inclusión das minorías e entregarlles os xustos lugares que ocupan no mundo, coas súas aristas e complexidades, hai outras identidades máis espalladas e comúns que tamén necesitan verse para comprenderse a si mesmas e sentirse como parte do todo. Mariñeiros, xente do rural, profesionais minorizados da saúde, xente divorciada, alcohólicos e un longo etcétera. Para falar deste tipo de papeis, como os tan denostados cuñados, contamos hoxe con Miguel de Lira, actor fundamental do teatro e audiovisual galego co que tamén parolamos sobre un modelo de cine máis sinxelo, a comedia como camiño, os inicios de Chévere e a importancia do compromiso.
59:09
April 14, 2021
Alba Galocha, arte sen etiquetas e aventuras da Dra. Quinn
O talento é unha materia prima voluble, líquida e difícil de darlle saída. Atopar esa voz dentro de ti e aceptala é o primeiro paso, os seguintes son probas e erros ata saber o que che gusta e como queres facelo. Moitas veces este talento abarca demasiado, diferentes campos e materias, e rematas por ser alguén sen etiquetas. Sobre todo isto falamos con Alba Galocha, con quen trazamos unha liña temporal da súa vida e a evolución de modelo a actriz e a actual artista visual, facendo paradas polo mundo e industria da moda, redes sociais e os safe places.
59:12
April 07, 2021
Manuel Gago, recunchos da Historia e un pazo da CIA
Sabemos que o poder, como material, adopta moitas formas e é resistente ao paso do tempo. A narrativa ou o relato é unha destas formas de poder que viven en nós, nas nosas tradicións e refráns, e o principal conto que todos repetimos é a Historia, a xeral que glosa libros e libros. Pero nas marxes e sombras quedaron cousas e restos, vidas alleas coas que moitxs de nós sentimos máis cercanía que cos personaxes máis famosos. Para tratar sobre estes recunchos e relatos silenciados contamos con Manolo Gago, doutor en comunicación e divulgador histórico, con quen falaremos de pantasmas, castros, patrimonio ou a importancia do pobo.
01:14:42
March 31, 2021
Alberto Mancebo, Portugal e a francesinha xentrificada
Sempre se dixo, logo de decepcionarse co Goberno ou a sociedade, que menos mal que nos queda Portugal. Durante moitos meses, incluso anos, foi un país posto como exemplo de todo, ou case. Non significa que non o sexa, pero tampouco é (ou foi) sempre así. Vivimos quizais nunha burbulla de irmandade, de prexuízos e esperanzas na que somos criados desde miñocas pola que vemos á nación lusa como parte de nós. Para discutir e afondar nestas cuestións contamos con Alberto Mancebo, xornalista correspondente da TVG en Portugal que axudará a comprender parte da cultura, sociedade e mesmo gastronomía dos nosos eternos veciños.
01:03:53
March 24, 2021
Ledicia Costas, a cultura da morte e a nai de Piecito
Vivimos rodeados de constantes sinais que nos lembran: ollo, podes morrer e, de feito, vas morrer. E todo o mundo advirte que non debes ter présa por facelo. Pero así como hai constantes recordatorios tamén hai un silencio, unha quietude arredor diso na que os adultos calan e prefiren ignorar estes feitos. Nesa espiral de negación ou ignoración á morte entran moitos factores psicolóxicos, pero tamén consecuencias. Neste programa acompáñanos a escritora Ledicia Costas para falar da cultura da morte en Galicia e como tratar algo así con nenos e nenas. Tamén falamos de debuxos animados con argumento fúnebre, os cemiterios máis alá do obvio e da ponte cultural que foi o anime e Studio Ghibli.
58:09
March 17, 2021
Cris Iglesias, patriarcado e o amor dos nosos pais
O silencio é un elemento imprevisible. Cando se busca ou se quere provocar rara vez se acada e, polo contrario, aparece no momento menos indicado. Pode ser unha quietude previa á sorpresa, boa ou mala, ou un indicador de vergonza allea, de escarnio público. É unha desas materias fluidas que escapan a control. O medo e a rutina, non por azar, están cheos de silencio, de ausencias de sons. O cine moitas veces provoca este mutismo, pero máis aínda se é vertixinoso e breve. Falamos disto coa actriz Cris Iglesias ao gallo da curtametraxe «16 de decembro» de Álvaro Gago, que ela mesma protagoniza. Tamén parolamos sobre os silencios e a cegueira social, o patriarcado, a violencia, o amor e as festas dos nosos pais ou iso que chaman ‘Galician Noir’.
01:03:44
March 10, 2021
Bloody Girls, cinema de terror e o medo á moda dos 2000
Din que a contraparte do amor é o odio, pero na maioría dos casos non son comparables porque carecen da mesma enerxía. O odio, por raro que pareza, soe rematar en indeferenza. O medo é realmemte a outra forza que rivaliza co amor, pois ambas son emocións potentes que alteran o ritmo cardíaco e nubran o pensamento. Casualmente tamén o avance da sociedade fixo que o romanticismo ou o afecto mudase e adoptase novas formas, tanto como o terror. De aí que todo o cine que se creou no ámbito sexa moi diferente ao de antes. Para falar desta evolución no cinema de medo contamos con Elena Lombao, parte das Bloody Girls. Tamén parolamos sobre villanas, as mulleres no cinema ou diferentes tipos de violencia. • Canción de apertura: Raw’s Main Theme - Jim Williams
01:05:45
March 03, 2021
Miguel Canalejo, límites do humor e películas de gladiadores
A cultura popular di que hai un refrán para cada situación, como a discografía de ABBA. Pero tamén é certo que hai un chiste para indignar a cada persoa. Quizais isto pasa porque a xente non logra todavía diferenciar entre humor e burla, entre ser suxeito ou víctima, e así o reflicten moitos debates actuais. Por non falar dos nomes importantes dese sector. O humor e a liberdade de expresión van moi da man e aínda máis coa arte, co cinema, coas series de televisión. Para saber máis e ter outro punto de vista falamos con Miguel Canalejo, actor e guionista, da súa webserie Xan, de poñer en valor novas identidades na comedia, de comprender para que debe usarse algo como o discurso. Tamén repasamos grandes comedias que fan cousas doutro xeito, Método Criminal e un feixe máis. • Canción de apertura: Tonta Gilipo - Ojete Calor 
01:19:07
February 24, 2021
Ortiga, verbena e a loita contra o raxo con pimentón
En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para el pensando en como de bébedo ou tolo pode estar, entre risa e comentario. Esa persoa atópase en éxtase, son os seus días máis grandes do ano e non ten medo de compartirlo. O noso convidado desta semana sabe ben de quen falamos, desa caricatura, e sabe moito de verbenas. Ortiga é un renovador desa música tropical de bailoteo e pasalo ben, pero neste programa coñecemos tamén a súa devoción á gastronomía de todo tipo, á música italiana ou o moito que lle gusta Sabela Ramil. • Canción de fondo no monólogo inicial: ChantadaNfestas - Ortiga
01:04:55
February 17, 2021
Antía Yáñez, adolescencia e os haters de Jon Snow
Polas rúas e camiños que transitamos a diario a historias que permanecen intactas e mudas, que pasan desapercibidas a quen vai con présa ou desganado. Na vila de Portomarín poucos imaxinan, se soamente van de paso, que se atopan lendas e memorias colectivas sobre o vello pobo agora asolagado polo río. A nosa convidada de hoxe, Antía Yáñez, imaxinou que na antiga vila podería haber un tesouro e moreas de cadáveres. Desta semente viñeron froitos posteriores, o seu oficio como escritora de literatura xuvenil e de aventuras. Sobre isto e a adolescencia comezamos falando neste programa, que deambula por outros temas como as distopías, a representación, películas chorra ou, de xeito inesperado, unha fonda conversa sobre Xogo de Tronos.
01:02:46
February 10, 2021
Artur Galocha, mundo visual e o catálogo de Ikea
É extremadamente complicado que ao longo dun día non atopemos algo que fose deseñado por outra persoa. Directamente imposible. Aínda que quedásemos na cama soamente, ese moble sobre o que durmimos nalgún momento foi un debuxo sobre o papel. Pódese dicir que esta sociedade é cada vez máis visual, case como un imperio da imaxe. Para falar de como o deseño e as cousas bonitas chegan a calquera cousa imaxinable, trouxemos ao Café Derby 21 a Artur Galocha, infografista e deseñador. Tamén parolamos sobre portadas de libros, conversas en ascensores ou o declive das revistas.
01:02:46
February 03, 2021
Carlangas, música global e Novedades Herminia
Neste mundo global somos capaces de atopar e escoitar música en segundos que non podíamos nin imaxinar. Do mesmo xeito, os mesóns e parrilladas da nosa terra conviven frecuentemente con restaurantes mexicanos, italianos e asiáticos e nós, como clientes, adaptámonos e combinámolos acorde ao que queremos. Todo vai mudando mentres que a tradición persiste. Para falar desta nova sociedade, as súas virtudes e os seus defectos contamos con Carlangas, vocalista de Novedades Carminha. Ademais de recordar os clásicos negocios que dan nome aos nosos proxectos, tamén parolamos sobre a industria local, Herminia de «Cuéntame cómo pasó» e a compañía que fai a radio.
01:00:29
January 27, 2021
Nacho Carretero, realismo máxico e camisolas de fútbol
Se a vida nos demostra algo é que contar ben anécdotas é unha arte non ao alcance de todxs. Cada vez que atopamos a unha desas persoas que hipnotizan cando falan, que enmudecen unha sala chea de xente soamente co que narran, sentimos que acabamos de descubrir unha xenialidade ou talento inesperado. O humor, o ritmo, as pausas, o detallismo, a voz. Todos eses elementos entran no xogo cando estamos ante un verdadeiro contacontos. Sobre esta forma especial de percibir e explicar as cousas que parece haber en Galicia falamos con Nacho Carretero, ademais da importancia da información local, o fútbol como un elemento sociocultural, o auxe do true crime ou camisolas de fútbol.
01:00:34
January 20, 2021
Esther Estévez, comunicar en Tik Tok e Skam Ferrol
Pantallas a todas horas, pantallas en todas partes. Espertamos xunto a unha, xantamos e ceamos fronte a outra, pasamos horas de ocio ante varios tipos: grandes, pequenas, de cine, extraplanas. Cada día pasan por elas moitos rostros a contar o seu, o que lles toca, o de sempre pero diferente. A matraca. Pero este é o seu traballo e segundo a tecnoloxía avanza, tamén o fai a sociedade e as relacións que establecen. Sobre estes novos espacios que os medios de comunicación procuran falamos con Esther Estévez, xornalista e presentadora do Dígocho Eu, ademais de compañeira de promoción. Tamén parolamos de aprendizaxe de idiomas, as políticas das redes sociais ou as cousas que botamos en falta na Galicia actual.
59:59
January 13, 2021
Especial fin de ano: repaso ao 2020 en compañía
Annus horribilis. Ou como diríamos hoxe en día: vaia ano levamos. Pero non por iso debemos olvidar o bo que tivo, o pouco que dirían algúns, pola gran presencia que ten o malo, o pésimo. De feito, hai a quen non lle foi nada mal. Este capítulo especial é un repaso ao 2020 no que contamos coa colaboración de antigos convidadxs e enfrontámonos ao baleiro da cuarta cadeira: Café Derby 21 máis puro e só que nunca. Piedade ao seguinte ano!
01:20:22
December 30, 2020
Especial cea de empresa: Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro
Cando anunciaron as medidas para poder xuntarse no Nadal todo o mundo comezou a botar contas, aritmética de familia para escoller quen si e quen non. Soamente uns días despois chegaron á conclusión de que moitas cousas arredor da Noiteboa quedaban tamén descartadas. Unha delas son as ceas de empresa, as reunións máis importantes do ano segundo a quen lle preguntes no traballo. Os comités ou as xuntas administrativas reteñen poder, pero é arredor do viño, dunha carne asada ou un churrasco que a xente fala e se coñece, que se forxan as bases dunha unión entre persoas. Como non podíamos perder esta celebración, traemos un programa especial de Nadal para esta semana no que temos unha cea de empresa cos «xefes»: Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Anécdotas, batallas, A Mili... Hai de todo.
54:21
December 23, 2020
Sabela, a cultura do hate e vivir un reality
Vivimos un momento da Historia no que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban espectáculo de espectador ata que os reality shows chegaron ás nosas vidas, cun impacto difícil de prever. Este formato de concurso adaptouse a nós e tomou diferentes nomes, algúns incluso nos que se camufla. Hoxe temos no Café Derby 21 á finalista de Operación Triunfo e cantante (tamén compositora) Sabela Ramil, ou Sabela, a secas. Con ela falamos sobre a cultura do hate nas redes sociais, xestionar a fama, ser icono cultural de Galicia ou musicoterapia.
01:08:11
December 16, 2020
Neves Rodríguez, historias invisibles e mil cómics para ler
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou encaixaban coa liña dun discurso que non se acomplexaba por expulsar certos sectores da sociedade. Grazas ao aumento do activismo e a conciencia, podemos parolar abertamente de feminismo, violencias e historias invisibles. Hoxe acompáñanos Neves Rodríguez para falar da lacra machista, da visibilidade, da reivindicación dunha cultura propia e mil cómocs para ler.
01:06:48
December 09, 2020
Raíña Vermella, saúde mental e a filosofía Mr. Wonderful
Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo. Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais dun tempo para acó a conciencia medrou, a preocupación polo benestar mental tanto como do físico é un rasgo xeracional que debemos manter e expandir. Para aprender sobre saúde mental e Ciencia hoxe gozamos da compañía da Raíña Vermella, psiquiatra e divulgadora, coa que nos sentimos en terapia. Tamén parolamos sobre o mundo laboral, os emocións ou a importancia de sentirse representado.
01:01:18
December 02, 2020
Verto, música sen pretensións e medo ás chamadas
Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser felices no proceso e, en ocasións, conformarse con iso como resultado final. Non todo pode ser a arte pola arte ou vivir co interese de trascender, ás veces trátase de facer maxia desde a túa habitación. Máis ou menos iso lles aconteceu aos Verto, convidados desta semana. Con eles falamos e reflexionamos sobre vivir e crear sen pretensións, o debate sobre a sexualización das mulleres nas letras de cancións ou o medo a triunfar só unha vez.
01:03:13
November 25, 2020
Marta Veiga, mitoloxía pop e praceres culpables
Fillos de lameiro foi o nome que lle deron en galego ás persoas de sangue mesta do universo Harry Potter. Nos tempos nos que aínda se traducían fenómenos pop do alén tamén se facía unha divulgación da cultura e tradición oral coa que medramos. Estos mitos, que agora forman parte de moitos dramas fantásticos e sagas de películas que enchen a billeteira, foron denostados polas academias hispanas pese a ser comúns entre as culturas, en maior ou menor medida. De deuses, elfos e guerreiras sabe moito Marta Veiga Izaguirre, convidada desta semana, coa que tamén nos sinceramos sobre os praceres culpables que agochamos. 
59:22
November 18, 2020
Baiuca, folclore renovado e a Señora de Palmírez
Dicen que cando levas moito tempo lonxe da terra de Galicia, escoitar unha gaita pode emocionarte tanto como a voz da túa nai. O seu son forma parte, dalgún xeito descoñecido, parte do noso ADN. O folclore é un símbolo, unha expresión do pobo e a súa identidade, por iso é importante que a vangarda e a innovación tamén chegue ao tradicional. Da renovación e mistura que vive a arte falamos nesta programa con Baiuca, un dos máximos expoñente actuais da música galega, ademais de iconas populares xa perdidas e a cultura segura nos tempos de pandemia.
51:44
November 11, 2020
Lúa Mosquetera, moda sostible e anuncios de fabada
Existe a expresión «persoa do Renacemento» para aquela xente que se adica exitosamente a moreas de cousas. Continuar co espírito de Da Vinci, vaia. Na serie Paquita Salas a isto chámanlle ser unha actriz 360, tanto cantas como interpretas como bailas. O grupo Ojete Calor, facendo mofa da versión máis popular e mundana destas persoas, falaba de «Mocatriz», modelo-cantante-actriz. Para este programa contamos con Lúa Mosquetera, unha persoa que no seu currículum encaixa con todo o anterior: deseñadora, escritora, xestora cultural, mestra de bordado ruso... Neste episodio desmontamos o mito do emprendemento, soñamos con outra industria da moda e achegámonos á filosofía do Animal Crossing.
51:21
November 04, 2020
María Yáñez, outro xornalismo e o cabelo de Ana Kiro
Sempre é gracioso ver un meniño lendo o xornal, ou polo menos choca frontalmente co que se supón que é un xoguete. Probablemente só esté imitando o que ve que fan os adultos. Pero agora atopánomos nun momento no que nin os maiores len a tinta en papel e a duras penas en pantallas. Que ocorre para que os medios xa non ocupen un espacio central na vida da mocidade? Onde se cometen os erros? Quizais a resposta comece por saber quen é quen, vellos, novos e os do medio. Para iso acompáñanos María Yáñez, directora da revista Vinte na Praza, xornalista e unha desas persoas que foi iniciadora de tantos cousas que agora temos por rutinarias. Ah e, por suposto, recordamos a Ana Kiro, unha ponte entre xeracións.
53:58
October 28, 2020
El Barroquista, artistas invisibles e as feces de Mozart
Anónimo, nin tan sequera Anónima, é a autoría que figura en moitas obras realizadas por mulleres, segundo Virginia Woolf. Hoxe en día nesa categoría de personaxes invisibles entran outras minorías afastadas da fama e o ouro pero que, con traballo de memoria, poden recuperarse ata acadar postos que sempre deberon ostentar.  Pola contra e como sempre, unha forza conservadora négase a acepar estes cambios. Menos mal que o cambio vén da man de eruditos como El Barroquista, que acompáñanos neste programa para falar da exposición Invitadas, o rigor histórico, as polémicas inclusivas que chegan ata os Oscars e lugares nos que perderse.
52:17
October 21, 2020
Xacobe Pato, manías na lectura e series do momento
Xacobe Pato non ten problema para recurrir a Julian Barnes ou Faulkner como guía de consello, pero ás veces esas respostas atópanse nunha canción do grupo de moda. Ese fragmento do seu primeiro libro, Seré feliz mañana, é un bo exemplo da personalidade deste escritor e libreiro que, como nós, bebe tanto da alta cultura como do máis cotiá. Esta semana,  pasa polo Café Derby 21 e falaremos das súas teimas como lector, de cultura pop e das nosas series do momento.
48:09
October 14, 2020
Berta Dávila, a autoficción e o peixe de Peppa Pig
Para a estrea do Café Derby 21 queremos contar coa persoa que está tendo as mellores semanas en Galicia, Berta Dávila. Grazas ao éxito da súa novela Carrusel, a autora galega conquista cada premio encertame ao que se presenta, sendo o máis destacado últimamente o Premio Nacional da Crítica. Cos ollos postos na súa seguinte obra, Berta Dávila achégase al Café Derby 21 para falar de autoficción, o oficio da escritura e o Xabarín Club.
49:16
October 07, 2020