Café Derby 21
By Café Derby 21
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
Café Derby 21Jun 22, 2022
❤️O AMOR❤️ con Grande Amore
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV.
A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
💥IMPROVISAR💥 con Lucía Veiga
Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥IMPROVISAR💥 e falar de humor, da vida e de ligar.
Logo de gañar dous Mestre Mateo, Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa, poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades.
·
Co apoio inestimable de Deleite e o traballo de edición de Xoán Bregua💙
🔎O MISTERIO🔎 con Arantza Portabales
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales.
Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
💭A MEMORIA💭 con Bruno Arias
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da 💭MEMORIA💭.
Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influíntes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙
🍺OS BARES🍺 con Leti da Taberna
Saúde para todxs! Esta semana propoñemos un brinde para nós por sacar a diante unhas semanas raras e continuar como se nada. Por iso, quixemos contar coa opinión dunha experta na comedia, na arte de vivir e dos lugares onde se brindan. Dámoslle a benvida a Leti da Taberna para parolar sobre 🍺OS BARES🍺.
Xunto a ela repasamos a nosa traxectoria vital de bares, tabernas e recunchos, historias arredor dos bares, o novo conflicto da Hortelería e os seus bares fabricados en cadea sen personalidade, as casas de comidas tradicionais, a importancia da taberna no núcleo rural e os nosos bares de favoritos na cultura, como Los Serrano, Pratos Combinados ou Seinfeld.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️ con Iván Iglesias
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para parolar sobre 🗳️ AS ELECCIÓNS 🗳️, pero as de todos tipos.
O equipo de Ou Ké! está cubrindo a campaña e as semanas previas ás eleccións galegas, por iso xuntámonos con Iván Iglesias para coñecer a importancia de Ourense nestes comicios, as posibilidades de goberno alternativo de esquerdas ou os candidatos, ademais de facer as nosas porras e quinielas. Ademais tamén tratamos as outras 🗳️ ELECCIÓNS 🗳️ que nos tocan de preto: a canción Zorra de Nebulossa a Eurovisión, a final de Operación Triunfo e as eleccións vitais (tomadas ou non) que non traen ata onde estamos.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🤙 BO ROLLO🤙 con The Rapants
Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo disco 'La máquina del buen rollo'.
Xunto a eles repasamos algúns dos seus temazos, como o seu novo single 'Blaster w4u', e afondamos na importancia de estar en equilibrio, surfear os problemas, rematar cos egos e ser abertos para afrontar os desencontros pola convivencia. O bo rollo infíltrase e acabamos como no post concerto de The Rapants, amigos falando con amigos sobre a vida.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
⚽O FÚTBOL⚽ con Vero Boquete
Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deporte como convidada. Dedicamos o episodio 100 ao ⚽ FÚTBOL ⚽ coa futbolista Vero Boquete.
Repasamos a traxectoria dunha das mestras do deporte rei, desde os seus comezos nas categorías infantiles ata o seu presente en Italia ou o paso por Estados Unidos, ademais de achegarnos á realidade actual do fútbol feminino, o seu estado de gloria, os referentes ou os múltiples casos de discriminación e polémicas vividos nos últimos tempos.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🏠O FOGAR🏠 con Brais Lamela
No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠.
Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 e de futuro prometedor: Brais Lamela, autor de Ninguén queda e gañador do Premio Nacional da Crítica. Xunto a este vilalbés afincado en New York falamos da importancia da cociña dentro do fogar, das dinámicas que se forman na cociña, dos tipos de cociña e de como fan fogar, do retorno ao fogar familiar, da perda de liberdade, do retorno efímero á adolescencia e a calefacción dos apartamentos ao norte de Manhattan, entre outros temas.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
📍 PIONEIROS 📍 con Dios Ke Te Crew
Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego.
Logo dunha carreira de 20 anos celebrada nun doble concerto-homenaxe-evento nas salas Capitol e Malatesta, puxemos calma para afondar no tema do programa: 📍 PIONEIROS 📍. Repasamos os comezos de Dios Ke Te Crew, como foi rachar prexuízos, ser referente para novas xeracións ou todo o que leva mudado en dúas décadas.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21, en Tik Tok e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🚫O PROHIBIDO🚫 con Jaione Camborda
Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O Corno, un dos filmes da temporada e dentro do noso top do ano. Ela xa é profeta na súa terra, en todas elas.
Xunto a Jaione Camborda falamos neste programa sobre 🚫 O PROHIBIDO 🚫 a raíz do que acontece no filme O Corno, pero tamén en todos os ecos que resoan na actualidade. Achegámonos a pensar sobre as liberdades, pensar que os anos 80 eran máis libres, a prohibición social sobre a sexualidade ou autocensurar o teu desexo.
*AVISO:
Por mor dun problema técnico no procesado do arquivo de audio, este programa ten unha duración lixeiramente inferior á habitual. Lamentamos as molestias, O Corno volverá ao Café Derby 21. Prometido!
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
😭A TRISTEZA😭 con David Fidalgo
Sección Intersección (02:19)
Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45)
Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich Cat'.
Fidalgo é un dos iconos actuais en Galicia sobre o humor absurdo e existencial que toca nos límites coas bágoas, por iso foi o momento perfecto para falar sobre 😭A TRISTEZA😭. Pero ao contrario do que pode parecer, nada ou case nada neste programa é motivo de choros.
Xunto a David Fidalgo repasamos animación de adultos, momentos traumáticos na ficción, mortes e penurias varias nas series de televisión como en 'Médico de familia', os memes e como nos contamos a través deles ou, por primeira vez, a nosa relación co humor negro.
Pero antes de falar con el, contamos cunha sección Intersección, unha conversa curta con dous dos talentos galegos que formaron parte do festival: Breogán Xague e Sabela Eiriz.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21, en Tik Tok e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
👏O RITMO👏 con Mondra
Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio.
Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano, sen dúbida. Por iso, aproveitamos para falar sobre 👏O RITMO👏, non só no seu disco debut ARDĒN, que tamén, pero sobre os ritmos de vida, baixarlle unha ao ritmo actual, como é pasar do ritmo de anonimato a ter un perfil público más amplo, o ritmo da creación... E unha morea de cousas máis!
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
⌛PASAR O TEMPO⌛ con Berta Dávila
OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS.
Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa benquerida Berta Dávila.
Ademais de parolar sobre literatura, tamén contamos as anécdotas detrás dos nosos comezos, sobre vivir no presente, ollar ao pasado, arriscar o futuro, máquinas do tempo, exparellas e segundas oportunidades. Xa estamos aquí! 💙
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🧍O HUMANO🧍 con Lucía Estévez e Miguel Canalejo - PROGRAMA ESPECIAL FICBUEU
Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado.
En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como representantes do talento galego: 🧍O HUMANO🧍
Volvemos en nada! 💚
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio do FICBUEU e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
✅OS FINAIS✅ con Ana Pontón
Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para falar dos ✅FINAIS✅ con... Ana Pontón!
Aproveitando o final da campaña electoral para as municipais e o fin da nosa terceira temporada, falamos con Ana Pontón sobre como facer para relaxarnos logo do estrés acumulado, como é a sensación de rematar un proxecto importante para unha mesma ou sobre o fin do anonimato e ser unha persoa pública, Tamén botamos a vista atrás para lembrarnos dos finais de curso escolar, dos bailes de fin de curso, da chegada do verán e de como iso cambia cando eres universitario, que o fin de curso pode ser en setembro ou xullo polas recuperacións.
E para rematar, parolamos e fantaseamos con Ana Pontón sobre como sería o noso último día na Terra no caso de chegar a fin do mundo, ou sobre como rematar ben un día que foi perfecto. Ademais, recollemos algún momentos chamados Fin de la cita, en homenaxe a Mariano Rajoy e o seu gazapo icónico e algúns finais de películas que nos deixaron do revés. En resumo, este é o fin da terceira temporada do Café Derby 21, desde o Parlamento de Galicia. Quen contaba? Unha aperta e grazas por estas semanas de cariño e apoio💚
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🗓️A RUTINA🗓️ con Sara Seco
Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre 🗓️A RUTINA🗓️ coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible en YouTube, para volver a falar sobre os vídeos de tipo daily routine, observar as vidas alleas a través de pantallas, a liberdade de facer o que debemos e non o que queremos, a vida de Lovely Pepa ou a cabra que foi votar a Valga. tamén relatamos unha lista de rutinas forzosas e adultas das que queremos fuxir e esas outras que non poden faltar no noso día a día.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🚌A DISTANCIA🚌 con Yolanda Castaño
Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Nico, aproveitamos para falar dun tema que atravesa a todo o mundo: 🚌A DISTANCIA🚌.
Con Yolanda Castaño parolamos sobre o concepto ALSA por amor, as relacións a distancia, as amizades diseminadas polo globo terráqueo, a comunicación dos sentimentos na distancia (física ou figurada) ou as residencias literarias, o proxecto vital da nosa convidada e outra forma de afastamento. Tamén reflexionamos sobre o feito de poñer terra de por medio entre os problemas ou a cuestión da equidistancia. Finalmente, afondamos no barrio, na proximididade e nas metas vitais de cada un.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣ con Carlangas
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de facer o seu debut musical tras a separación de Novedades Carminha. Precisamente, este foi o día tamén no que Carlangas deu o seu primeiro concerto en Galicia dentro deste novo ciclo.
Xunto a él e desde a Casa da Cultura, falamos sobre eses delicados momentos que poderíamos chamar 1️⃣PRIMEIRAS VECES1️⃣, como o primeiro amor, o primeiro bico, o primeiro disco, o primeiro concerto ou, de xeito aleatorio, a primeira comuñón. Este programa é difícil de resumir, o mellor xeito de achegarse a el é escoitalo como se fosse, de feito, a primeira vez.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
😊OS SENTIMENTOS😊 con Ismael Ramos
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo por diante e a nosa vida á altura das doutros loables personaxes.
Parolamos sobre a alegría, a cultura da felicidade constante, a tristeza, a confusión da depresión, a situación actual da saúde mental, a problemática da terapia publicitada, a ira ou cartas de amor. Atravesamos todo un mundo de sentimentos e pensamentos para contar algunhas das nosas historias e, sobre todo, reflexionar sobre cómo estamos agora mesmo.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
💪A MATRIA💪 con María Vázquez, Álvaro Gago e Susana Sampedro
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 consultamos e parolamos cos artistas detrás do fenómeno: o cineasta Álvaro Gago e as actrices María Vázquez e Susana Sampedro. Apoiándonos en momentos do filme chegamos ata as nosas propias conclusións.
Reflexionamos sobre o carácter peculiar e único non só da xente do mar, senón desa área xeográfica de Galicia, tamén acerca do sentido do humor, o traballo asalariado, o teito de cristal, a muller obreira, o amor propio, a sexualidade e sensualidade na idade adulta, a autorealización ou o acento.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💚
🍴A SOBREMESA🍴 con Jorge Guitián
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastronomía. Para acompañar a conversa, eliximos 3 doces típicos da provincia da Coruña que vertebran o que argumentamos ao longo do programa:
·Os melindres da Estilo (@doceriaestilo) ·A larpereira de Lorbé (@panaderia_lorbe) ·As maruxas de nata (@maruxasdenata)
Xunto ao experto na materia, repasamos cuestións arredor da repostería, o doce, os biscoitos, a tradición, o papel histórico e fundamental da muller na gastronomía, o factor xeracional, a sobremesa como cultura e moitos máis temas. Todo acompañado por un delicioso café de selección e estes selectos productos!
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
Vinte en Ruta faise coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña.
💝A AMIZADE💝 con Aldaolado
Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: 💝A AMIZADE💝. E para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que pouca xente o sabe. A poeta e cantante Lucía Aldao volve ao programa acompañada de María Lado, tamén poeta e cantante. Xuntas forman Aldaolado e, por suposto, son amigas e comadres de alma. Pare pechar o círculo, contamos coa colaboración de Violeta do grupo BALA, compañeira de Anxela Baltar que xa nos acompañou xunto a Lúa Mosquetera.
Con Aldaolado parolamos sobre as amizades e as artes, sobre a xeracións de narradores latinos como Silvina Ocampo, a súa relación con Alejandra Pizarnik, Borges, amizades sorprendentes como a de Pamela Anderson e Julian Assange ou Snopp Dogg e Martha Stewart ou a amizade animal. Realizamos a Lucía Aldao e María Lado o test definitivo sobre a súa relación e deixamos fluir a lingua para que as anécdotas non deixen de saír.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
💅AS DIVAS💅 con Hydn
Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, precisamente, das 💅DIVAS💅 falamos con Hydn, un dos talentos máis interesantes da actualidade e obviamente made in Galicia.
Con Hydn repasamos o acontecido con Rihanna na Superbowl, comentamos as nosas actuacións favoritas dese evento e outros, trazamos como debe ser un show de nivel, reflexionamos sobre a estética, tribos urbanas e demais. Parolamos, finalmente, sobre a carreira e o futuro da nosa convidada que deixou unha EXCLUSIVA CAFÉ DERBY 21‼️
•
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
🎵A MÚSICA🎵 con Rodri Míguez
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar en redes sociais, o xornalista musical e tiktoker Rodri Míguez.
Xunto a él parolamos como poicas veces de actualidade e da 🎵MÚSICA🎵 , pasando pola última edición do Benidorm Fest, o efecto Blanca Paloma, Nochentera, os críticos musicais, a sesión de Bizarrap e Shakira, letras envelenadas, cantigas de escarnio e maldizer, os novos nomes da música galega, apostas galegas e eurovisivas e, por suposto, As fillas de Cassandra (@fillasdecasandra.mp3).
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️
·
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
👹AS BESTAS👹 con Diego Anido
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das 👹BESTAS👹, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos convirte en bestas. Por suposto, con este tema, non todo ía saír ben e as múltiples situacións adversas para a grabación deste programa remataron por poñer a proba a todos os participantes do programa.
Descubre toda a longa travesía de desgrazas que atravesaron os membros de Café Derby 21 para rematar grabando cos seus teléfonos frente a un público atento e entregado que atopamos cos brazos abertos. Neste programa falamos de situacións de ira, do home como besta para o home, da besta trituradora que é o turismo e o modelo turístico para as cidades e pobos, das bestas interpretativas ou do método de Meryl Streep.
Se queres escoitar en exclusiva os primeiros 15 minutos do programa, podes atopalos no perfil de Instagram de Coffee Mori.
•
Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo incansable da nosa técnica, Katia Lodeiro 💚
✨A FANTASÍA✨ con Alberto Vázquez
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soños dunha moza artista. Na Fantasía, como xa se ve, cabe todo. Por iso quixemos falar cun experto na materia: Alberto Vázquez, cineasta, artista gráfico, guionista e un longo etcétera, que vén de presentar o seu novo filme Unicorn Wars. Antes de resolver se gaña o premio Goya ao que aspira con esta nova película, a segunda despois do seu debut Psiconautas.
Afondamos na cuestión de que é e porque fascina tanto a imaxe e idea dos unicornios, un mito de actualidade cargado de merchandising. Percorremos a vida e obra da artista conceptual xaponesa Yayoi Kusama, que conta os éxitos do presente logo dunha dura vida de plaxios a mans de xente como Andy Warhol. Studio Ghibli era una parada obrigada nun programa como este, adicado á Fantasía, e cun convidado de honra á hora de falar tanto de películas de animación que deixan pegada. Que se agocha tras a Fantasía?✨
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️⚡O ROMPEDOR⚡ con Lúa Mosquetera e Anxela Baltar de BALA
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Foi complexo decidir cal concepto foi no que afondamos ao longo da conversa deste programa porque, de certo, abríronse varias frontes de distinto tipo. Para poñer remedio a isto, cremos que do que máis falamos foi do rompedor, iso que racha co establecido e aporta un novo vento. Con Lúa Mosquetera, artista 360º e amiga do programa, e Anxela Baltar, metade do grupo BALA, achegámonos á poesía Beat e o trato que se deu ás mulleres do movemento co paso do tempo, lembrando as súas historias e como foi aquel tempo convulso e excitante. Repasamos e sacamos conclusións da traxectoria das parellas de Nick Cave e PJ Harvey, Marianne Faithfull e Mick Jagger, Cher e Bono, Vivienne Westwood e Malcolm McLaren e Joan Baez e Bob Dylan; xente que se cruzou no amor e no artístico e que rematou mal no mellor dos casos. Para finalizar, parolamos arredor do canon nas artes debido ao nomeamento do filme de Chantal Akerman Jeanne Dielman, 23 quai du Commerce, 1080 Bruxelles como o mellor da historia pola revista Sight & Sound e como este vai mudando.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️🎉A FESTA🎉 con Fran P. Lorenzo
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, unha compilación dos seus artigos nos primeiros anos do novo milenio e editado por Rodolfo e Priscila. E para falar con el achegámonos ata o Café Universal, onde se celebrou o 4º aniversario de Vinte. Unha festa na que falar de festa presentando unha suposta festa equivocada.
Xunto a Fran P. Lorenzo repasamos os acontecementos fundamentais nos primeros anos 2000, como a ley de matrimonio igualitario ou os éxitos de Shakira, para que nos explicase como eran aquelas noites de festa e días de realidade convulsa. Tamén nos achegamos á historia dos Club Kids e reflexionamos sobre a festa como un espazo seguro para os que non poden ser vistos, os disidentes. Lembramos troulas monumentais como unha de Queen e collemos o debate sobre o alcohol e as drogas para divertirse.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️🔮O SOBRENATURAL🔮 con Tamar Novas
Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe en xeral un grao de crenza no sobrenatural, ben sexa deste xeito, consumindo filmes de terror, literatura sobrenatural, programas de pseudociencia, astroloxía, rituais de todo tipo ou participando dalgunha superstición inocente e inofensiva. Para tratar este tema achegámonos ata o Culturgal e falamos co actor Tamar Novas, gañador do premio Goya e candidato en varias ocasións aos Mestre Mateo, que presenta o filme O corpo aberto, unha historia de lendas e superstición nun mundo ao límite baseado nun texto de Méndez Ferrín.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️🐣A FAMILIA🐣 con Alicia Pena
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut «Gallina Clueca», na Libraría Trama.
Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reproductivos asistidos e as frustracións e sentimentos para facer medrar a familia, escollimos precisamente como tema 🪺A FAMILIA🪺.
Falamos e parolamos sobre Muriel Spark, a liberdade ser e non ser nai, Levi Strauss, tribos e modelos familiares disidentes de todo tipo, Friends, as amizades como familia e máis cuestións!
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️🕊️A LIBERDADE🕊️ con Clara Roquet e Carla Andrade
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece.
Para falar de liberdade trouxemos os exemplos de Marina Abramović, o caso real de Christopher McCandless e os filmes Into the Wild, Frances Ha ou Lady Bird. Pero a cuestión de todo isto está nos debates que as nosas convidadas abriron. Un programa diferente, pero intenso.
·
Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥
Para iso contamos con parte da nosa familia, Lucía Estévez e Miguel Canalejo, dúas persoas 360 do audiovisual galego. Recordamos a historia de Joan Crawford e Bette Devis para reflexionar sobre egos, pelexas de divas, inimizade patriarcal ou rivalidade de prensa
Tamén falamos sobre o «Enemies to lovers», o que vén sendo de inimigos a amantes. Con varios exemplos populares e apoio psicolóxico, debatimos sobre como facer unha relación amorosa non tóxica cando namoras desa persoa que detestas.
Taylor Swift, Kanye West, Stalin e Plutarco asomaron polo programa para explicar unha nova fonte de enerxía renovable: a loita por gañar ao inimigo. Cada un de nós expón a súa teoría sobre se é positivo ou non alimentarse do inimigo e procurar gañarlle sempre para asegurar que dás o 100% de ti 💪
·
Patri e Veva, mulleres creativas e os colares de neta e avoa
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial.
En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulleres Creativas 2022 do colectivo Grovemakers, Café Derby 21 recibe á súa convidada máis lonxeva ata a data: a colareira octoxenaria e estrela de TikTok Veva, e tamén á súa neta e compañeira de aventuras Patri B. Dopazo, comunicadora e colareira.
Xunto a elas falamos do seu oficio, de como se realiza e as súas orixes, de clandestinidade e resistencia, de turismo, de memoria histórica, dos materiais para facer colares. Tamén parolamos de achegarse ás redes para divulgar, das megaindustrias que devoran a tradición e quedou tempo para algunha que outra cantiga.
Alba Doval, os non lugares e ir de "resort"
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras.
Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa poeta e tradutora Alba Doval, que vén de publicar o poemario Unidade, no que reflexiona arredor dos non lugares e os espazos que vertebran a nosa vida para ben e para mal.
Tamén falamos sobre as primeiras veces, a existencia ou non das vacacións, dos pisos universitarios, que tipo de viaxes e turismo nos gustan máis, de voltar ao fogar dos pais ou dun edificio de Le Corbusier en Marsella.
Meiga-i, transformismo e cosmopaletas
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que abre mundos de brillo nas pesadas rutinas: o transformismo, o mundo drag.
Para achegarnos a este universo complexo e difícil de catalogar contamos cunha académica da súa arte: a drag pandereteira Meiga-i. Xunto a ela repasamos a súa propia orixe e vida, pero tamén os significados das identidades, o que significa esa arte e oficio, a precariedade do sector ou a súa función de entretemento e diversidade.
Parolamos a maiores de como aproximarse ao transformismo desde a galeguidade, do paradigma de concursos como Drag Race que fomenta espazos e novas artistas pero que atenta contra formas disidentes, de cabaret e teatro, do mes do Orgullo e de como se atopa Galicia e as súas drags en pleno ano 2022.
Gabri Fuentes, FOMO e a necroporra de Isabel II
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secreto, por iso moitos medios de comunicación están comprimindo os seus contidos e noticias a un minuto ou menos.
Esta semana falamos con Gabri Fuentes, xornalista e moito máis, cara visible das noticias exprés na TVG. Xunto a el falamos de texto curtos, de titulares rechamantes, de informar a través de TikTok ou da atención que prestamos ás cousas.
Tamén parolamos do FOMO (Ter medo a quedar fóra da conversa), de borrarse as redes sociais, do exceso de información, de desconexión e felicidade. Tivemos tempo para afondar no tema da dobraxe audiovisual en galego, do catálogo de Netflix, da Patrulla Canina e demais.
Xosé A. Touriñán, viaxar para comer e as marionetas perdidas
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades: o viaxar para comer.
Sobre isto falamos esta semana co actor e cómico Xosé A. Touriñán, que vén de presentar a segunda temporada de Rutas Bizarras xunto a Marta Hazas, programa no que amosan lugares menos coñecidos e tamén se dan homenaxes culinarias.
Tamén parolamos con el de acentos, de falar castelán para traballar, de Fariña, de Catro Gatos e facer humor doutro xeito, de onde queda o humor hoxe en día e dunhas marionetas con rostro político que se perderon hai tempo.
Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte e a cabeza de Colón
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaios e réplicas de como facer conquistas en lugares como Canarias, que viviu a súa propia colonización.
Este episodio recupérase de xeito lixeiro no galardoado filme Eles transportan a morte, dos cineastas Helena Girón e Samuel Delgado, convidados desta semana que falan desa conexión interna e externa na pantalla entre Galicia e as Illas Canarias a través dos camiños persoais, de meigas e curandeiras ou de guachinches e furanchos.
Con este filme foron capaces de chegar ata o festival de Venecia, San Sebastían ou Rotterdam, e desa experiencia tamén aproveitaron para falar no programa, aínda que o escenario máis importante para eles fose o do Curtocircuíto.
Xunto a este par de cineastas parolamos sobre Cristóbal Colón e as consecuencias presentes daquela expedición que cambiou o rumbo da Historia, de colonialismo, de facer cinema poético e intercalalo coas novidades de Marvel ou de non subestimar a intelixencia do público.
Bernardo Pajares, Arte Compacto e o retrato de Chayanne
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén se apiade e nos explique aquilo que descoñecemos.
Durante uns anos Bernardo Pajares, o convidado desta semana, gardou con mimo a seguridade de obras penduradas no Museo del Prado. Logo decidiu que debía facer máis e comunicar, falar desas obras e das outras pinacotecas que visitaba. Así xurdiu o podcast Arte Compacto, un referente que tamén se pode escoitar en Radio Nacional, ao que tempo despois se uniu Juanra Sanz, compañeiro de vida.
Xunto a Bernardo falamos sobre a mocidade e os museos, como é contar arte a quen non a está vendo, sobre a importancia da representación na arte e de dar contexto actual a historias do pasado ou sobre o factor político da arte.
Lucía Regueiro, telerrealidade e os xemelgos das reformas
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, unha serie. De feito, moitxs de nós bromeamos coas «temporadas da nosa vida», na que chega e vaise xente como unha personaxe e as cousas son xiros argumentais.
Isto xa existe na nosa vida e chámase telerrealidade, adopta diferentes formato e bate récords de audiencia. Sobre isto falamos coa presentadora e actriz Lucía Regueiro, que vén de estrearse con A Sariña busca pretendentes. Con ela reflexionamos sobre a veracidade dos feitos, o posible guión e as tripas da televisión.
Tamén parolamos de como coordinar vida e familia, iso que lle din conciliación, de como ela puido facelo logo de dar a luz, de ser presentadora en Galicia, do espazo feminino perdido nas pantallas e concursos ou sobre os formatos de preguntas e charla culturais.
Tamara Pazos, Neurociencia e criar células como fillas
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) achegános algún dato curioso sobre o órgano máis importante do corpo e reflexionamos sobre hábitos que mellorarían a nosa saúde, pero imposibles de realizar.
Tamén parolamos sobre a saúde mental pero non desde a óptica habitual, senón analizando se se está indo polo camiño adecuado e non estaremos nunha fase de sobreinformación, mensaxes baleiras e tendencia á patoloxía ou tratamento. Tamén afondamos na cuestión do doutoramento e como é o proceso, así como o sistema educativo actual e a súa puntuación.
Pechamos o programa falando das oposicións de emprego público, o dano mental que pode acontecer e por que son algo tan desexado.
Belén Puime, Pringadas e namorar no autobús 15
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades.
Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pringadas e Carballo Interplay baby, cando ía polas mañás a clase. Procuraba entre os asentos ao seu futuro namorado. Porqur iso tamén é vida universitaria. Xunto a ela falamos da súa serie, de mulleres creadoras, diso que é a Universidade e o que supón ou da xeración Z e a súa representación.
Tamén aproveitamos o décimo aniversario de Girls para analizar o seu impacto en nós e na sociedade, para falar de como a xente moza debe monetizar a súa creación ou do deserto en Galicia para xerar contido fóra do estánda e para a Xen Z.
Carlos Meixide, literatura erótica e o touro de Joselito
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido.
Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide deste tipo de lecturas, e en especial da literatura erótica como fenómeno. Tamén repasamos a súa obra, con especial fincapé na súa particular aproximación a obras para a mocidade.
Tamén falamos de autoeditarse, de pasear por feiras vendendo libros, da súa editorial Rodolfo e Priscila xunto a Berta Dávila, do seu rol como coach de acento xunto a Inma Cuesta ou Aron Piper e, por suposto, do seu paso por concursos de televisión.
Balea Vermella, Ciencia e negacionistas dos mares
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo.
Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xente separada. Desta tontería falamos cos divulgadores científicos de Balea Vermella, dúo composto por Raíña Vermella e Javi Balea.
Con eles parolamos dos seus inicios e como se cruzaron, da pandemia da saúde mental, de achegar a ciencia máis básica á poboación ou desmontar bulos.
Alfonso Zarauza, Malencolía e os premios decapitados
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros.
Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque escachou. Era, polo tanto, pesado e fráxil. Zarauza estrea esta semana Malencolía, o seu novo filme tras o éxito de Ons.
Con el parolamos sobre eses outros pesos indeterminados da vida, que trata a película, como as mudanzas de fogar, os estereotipos, a identidade galega ou o recoñecemento.
Tamén tivemos tempo para repasar os inicios de Diego Anido, a carreira de Zarauza con Encallados ou Os Fenómenos, a vida como xurado de festival, a marxinación do cine galego en España (que non no mundo) ou o equipo polo que Oliver Laxe canta os goles.
Guadi Galego, música pop e facer boas lentellas
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada.
Así arrincamos o programa de hoxe xunto á cantautora Guadi Galego, nome indispensable da música galega desde o século pasado. Con ela parolamos da súa carreira e de como mudou o “mundillo” desde que comezou.
Tamén falamos sobre facer pop ou folk, de supervivencia, de manterse traballando, de liberdade creativa, de esforzo e non só inspiración ou de contentar ao público cantando o que non che apetece.
Chechu Salgado, ser quinqui e risas maléficas
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un pouco de razón.
Para falar de antiheroes, de quinquis, contamos esta semana co actor Chechu Salgado, gañador do Goya ao mellor actor revelación por Las leyes de la frontera. A través da personaxe de Zarco, analizamos a importancia de saber a orixe dos malos malísimos e de que as circunstancias, evidentemente, condicionan as nosas actuacións.
Tamén parolamos sobre o aburrimento da bondade dos superheroes, das motivacións dos malvados, da volta do quinqui como unha moda ou dos nosos antiheroes favoritos.
Araceli Gonda, ser guionista e a crítica enmarcada
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por iso cando os astros se conxuran e un deles fai o esforzo sobrehumano de rir durante unha comedia, hai que enmarcalo.
Isto mesmo fixo a guionista Araceli Gonda cunha das críticas de Cuñados, agora con 16 candidaturas aos Mestre Mateo e gala na que ela tamén opta a mellor guión por Hierro. Pero Araceli ten carreira de sobra para falar de facer pilotos ou escenas de sexo entre personaxes.
Xunto a ela parolamos sobre facer spoilers, comentar audiovisual en redes sociais, o xeito de consumo de series actualmente, Fleabag e unha carreira de minijobs: de xornalista de deportes ata dramaturga.
Tamara Andrés, sentimentalismo e os adolescentes poetas
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións.
Para rachar co establecido como sentimentalismo esta semana falamos coa poeta Tamara Andrés, que detesta que se peche o universo poético a algo como os sentimentos.
Tamén parolamos de xornalismo cultural, intelectualizar contidos que non o son e abrimos o melón da tradución: quen nos trae obras estranxeiras e como o fan?