Skip to main content
Cristais de Meraki

Cristais de Meraki

By Cristais de Meraki

Somos Marta e Ana e temos un podcast para falar con mulleres novas que fan cousas e das cousas que nós facemos. Entre risas e choros intentamos aprender algo máis sobre saúde mental e o mundo caótico no que nos tocou vivir. A todo isto, como estades?
Currently playing episode

O Cristal de Alejandra: xornalismo da terra

Cristais de MerakiSep 25, 2022

00:00
48:23
O cristal de Carmen: Voces políticas

O cristal de Carmen: Voces políticas

Desde o histrionismo até a calma, os memes sobre a presidenta cuqui, os discursos sobre xestión ou os spots electorais que te removen por dentro. Todo é política e en todo hai comunicación. Para afondar sobre todo isto, e o papel que xoga a muller no medio deste caos, Carmen del Río achégase a falar con nós para demostrar que á mocidade tamén lle interesa. Cofundadora da axencia de comunicación política Xacias e do podcast Carretando, non podía haber mellor forma de abrir os cristais desta tempada ;)

Apr 15, 202401:02:51
O meraki das despedidas

O meraki das despedidas

Para comezar diremos que é o final, o primeiro capítulo da moi probablemente última tempada. Non nos gusta despedirnos, e por iso nos adiantamos aos acontecementos para falar sobre o adeus, o peche de etapas, a fin das relacións ou a morte. Mentres, aprendemos a procesar todas as cousas que pasan polo medio, a despedirnos de nós mesmas e a buscar novos horizontes aos que saudar

Mar 18, 202401:00:02
O Cristal de Bea: Sobre investigar e ACOUSA (christmas edition)

O Cristal de Bea: Sobre investigar e ACOUSA (christmas edition)

No último capítulo do ano Bea Caneda, unhas das creadoras da revista dixital ACOUSA, acompáñanos nun capítulo especial (e extra longo) para falar sobre o mundo da investigación, o emprendemento, a importancia dos proxectos persoais, o camiño docente e outras moitas cousas todas arrodeadas do ambiente máis navideño, onde as anécdotas son o prato principal e nós vimos a servir.

Dec 25, 202301:18:42
O Cristal de Caamaño e Ameixeiras: Música para recordar

O Cristal de Caamaño e Ameixeiras: Música para recordar

Soan os primeiros acordes e iso significa que comeza a despedida desta tempada. Curtiña, pero intensa. Para celebralo, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño achéganse até a Facom para falar con nós sobre erotismo, ritos, tradición e música popular. Coa súa voz, violín e acordeón, manteñen viva a historia e recuperan a identidade.

No capítulo de hoxe, compartimos entre nós e para vós un anaco de todo ese patrimonio inmaterial que xa vivirá para sempre na música de Caamaño e Ameixeiras.

Dec 04, 202350:18
O meraki da amizade

O meraki da amizade

Desde a dependencia emocional das amizades até a dureza das despedidas. Ninguén nos ensina a ser bos amigos, marcar os nosos límites ou que, ás veces, esa familia escollida tamén nos pode facer dano. No capítulo de hoxe tiramos de vulnerabilidade para falar sobre como facelo mellor e querernos primeiro.

De que vai a teoría da amizade? Como se superan as envexas? Que pasa cando te sentes soa no teu grupo de amigos? Todo isto e moito máis nun episodio para vernos nun espello e reconciliarnos con todas as cousas das que nos asusta falar.

Nov 20, 202353:14
O Cristal de Lucía: Sobre as pantasmas do cine

O Cristal de Lucía: Sobre as pantasmas do cine

Neste novo Cristal Lucía Estévez fainos un oquiño na súa apertada axenda como cineasta de éxito para vir falar sobre os egos no audiovisual, a posibilidade de conxugar a intensidade coa risa, os bloqueos creativos e a importancia de rodearse dun bo equipo de traballo.

Directora de videoclips, curtas e webseries agora atópase no proceso de creación da súa primeira longametraxe. Gañadora dun Mestre Mateo e, aínda así, as inseguridades non acaban de irse. Por iso, nesta tempada na que se multiplican as entrevistas, perseguimos a resposta da seguinte pregunta: Que é o éxito?

Nov 06, 202345:39
O Cristal de Sara: O Tik Tok galego

O Cristal de Sara: O Tik Tok galego

Nesta nova tempada as Cristais de Meraki intentamos abirnos paso no devastador mundo do tiktoks, mais como estamos seguras de que hai moita xente da que aínda temos moito que aprender, acudimos aos reforzos e achegamos até o estudo da Facom a Sara Seco.

Graduada en políticas, xestora de proxectos na mesa pola normalización lingüística, creadora de contido e a túa tiktoker favorita d confianza; non hai nada que se lle escape e hoxe vén falar con nós sobre os prexuízos no mundo do life estyle, o odio nas redes, como manter os pés na terra e o mundo do famoseo. Se foramos vós non nolo perderiamos. Avisados quedades ;)

Oct 23, 202341:60
O meraki das impostoras

O meraki das impostoras

Volvemos coa terceira tempada de Cristais de Meraki e a síndrome da impostora ataca de novo. Despois de dous meses xogando a ser xornalistas vertemos neste Meraki todos os nosos medos e inseguridades. Semella que se hai un factor común entre todas as mulleres novas que facemos cousas é non sentirnos suficientes.

A autoesixencia como forma de vida porque, no fondo, non nos sentimos esas tías chulas que aparentamos ser. Aínda así, seguímolo intentando. Un meraki reflexivo para empezar a semana procurando coñecernos e recoñecernos en todos os nosos logros. Vémonos nos triunfos coas amigas que nos axudan a crer en nós mesmas

Oct 09, 202348:25
O Meraki de Peche

O Meraki de Peche

E colorín colorado... esta tempada está rematando. Resulta que esta semana foi o último día lectivo nas escolas e institutos de Galicia. E, tendo en conta que hoxe estamos ante o último capítulo do podcast antes das vacacións de verán, había que facer algo especial; como esas festas de fin de curso que lembras de maior ou as caixas de bombóns que traen xs profesorxs ao acabar o ano.

Por todo isto, hoxe, por moi Meraki que sexa, non vimos soas; senón que nos acompaña parte do alumnado do IES Pontepedriña que, xunto coa súa profe Bea, veñen a poñerse intensos con nós e a buscar en Cristais de Meraki un altofalante para as inquedanzas de toda unha xeración que non sempre se sinte escoitada.

A presión académica, as inseguridades, o medo a non ter grupo ou as expectativas de futuro... Inquedanzas universais que serven para pechar unha tempada na que nos abrimos en canle para crear un espazo seguro para nós e todas as que veñan. Remata así este Cristais de Meraki, deixando un oco para as novas voces con moitas cousas que contar.

 

Jun 25, 202345:02
O Cristal de Esther: Detrás do Dígocho eu!

O Cristal de Esther: Detrás do Dígocho eu!

Benvidos, benvidas e benvides ao último cristal da tempada. Coma sempre, mestúranse unha serie de emocións importantes porque a ninguén lle gusta despedirse. Pero claro, tendo en conta quen nos acompaña, todos os males se pasan.

Efectivamente, hoxe vén ata a facom para rememorar os seus anos universitarios e os inicios da súa carreira laboral Esther Estévez, xornalista e unha das caras máis visibles das redes da TVG. Mais, sobre todas as cousas, unha persoa que conta coa súa propia páxina de wikipedia!

Así, falamos sobre a vocación, as redes sociais, a lingua, traspasar fronteiras e os bailes do tiktok. Todo isto moi ben acompañadas da gañadora de non un, senón dous Mestres Mateos (aínda que ás veces lle custe crelo). Non volo podedes perder. Dicímoscho nós!

 

Jun 04, 202354:20
O Meraki do Amor Propio

O Meraki do Amor Propio

Ás veces falamos de cousas das que semella que non temos moita idea, pero parte do amor propio é aprender tamén a aceptar os nosos faios e aprender a querernos con eles. Por iso, intentando afondar nos picos e nos baixos que implica o proceso de descubrir como querernos a nós mesmas, pasamos este novo Meraki falando das cousas que nos custa aceptar neste proceso, de todas as que aínda nos quedan por aprender e de todas aquelas que si facemos ben. Porque o amor propio é unha movida, porque é difícil, cíclico e pouco definitivo. O amor propio non é cambiar o pelo, pero é tantas outras cousas que ás veces é o único sitio polo que sabemos comezar. Benvides á nosa aproximación máis honesta ao xeito no que intentamos querernos

May 14, 202345:32
O Cristal de Ángela: Festa no turreiro

O Cristal de Ángela: Festa no turreiro

Dixeron unha vez unhas sabias que todas as festas rematan con música. A esta festa aínda lle queda, pero xa comeza a cheirarse o final. Por iso, hoxe acompáñanos Ángela Carou, que de festas (foliadas) e tradición algo sabe. Así, a cantante e pandeireteira do grupo Aila.gz entra con nós ao turreiro para falar sobre a cultura galega, o ambiente en Compostela, a música tradicional, o traxe e a diversidade que enche cada oco de Galicia e do que somos. Poñédevos cómodas, sacádelle uns chupitos de licork ou calquera bebida espirituosa sucedánea, e preparádevos para escoitar o amor co que Ángela fala sobre a terra e a música porque asegurámosvos que é contaxioso. Ao final todo se resume a iso, unha festa
Apr 30, 202350:41
O Meraki dos Soños

O Meraki dos Soños

Un domingo máis volvemos cun novo Meraki para falar sobre os soños, os de durmir e os outros.

Dende que somos cativas aprendemos a soprar os dentes de león, tocarnos o nariz cando dan as 11.11, recoller trebos de boa sorte e apagar candeas pensando naquilo que máis queremos. Hoxe vimos a compartir con vós todo o que ronda pola nosa cabeza cada vez que vemos unha estrela fugaz. Sempre coa esperanza de que iso de que os soños se se din en voz alta non se cumpren sexa un falso mito.

Así, abrimos o noso corazón e subconsciente para falar das cousas coas que soñabamos de pequenas (ou agora), da romantización dos soños, de como inflúe a nosa contorna nas cousas ás que aspiramos ou de como facer para "perseguir os teus sonos". Así que, xa sabedes, coidado co que desexades e non deixedes nunca de soprar dentes de león porque de soños tamén se pode vivir.

Apr 16, 202352:33
O Cristal de Lau: Sobre furbo e ser muller

O Cristal de Lau: Sobre furbo e ser muller

Oli! Comeza a Semana Santa e agardamos que estas vacacións vos permitan poñervos ao día con todos os capítulos das vosas podcasters favoritas (aka, nós). Por iso, hoxe traémosvos contidos fresco, saíndo un domingo máis á palestra para falar con Laura Rodríguez, a nosa xornalista-deportista favorita. Un pouco fartas de que ao falar de fútbol e mulleres só pensemos nas "mulleres de...", hoxe acompáñanos a nosa referente do fútbol local e feminino, para poder reconciliarnos con todas esas nenas ás que no recreo só lles deixaban pisar a portería. Se queredes saber máis sobre a nosa relación co deporte, a discriminación da muller no fútbol, o auxe dos medios de comunicación especializados en deporte feminino ou a necesidade de regar as flores que plantas, este é o voso capítulo.


Apr 02, 202351:41
O Meraki do Amor

O Meraki do Amor

Que é o amor? Semella que pasamos unha vida enteira falando dalgo que nin sequera sabemos definir. Hoxe nós facemos un pouco o mesmo. Porque ao final, afondando nas veces que nos romperon o corazón, nos tipos de relacións, no desamor, nos mitos do amor romántico, nas aplicacións para ligar ou nas relacións tóxicas podemos tentar aproximarnos a esa descrición perfecta.

Total, que hoxe abrimos Meraki cun Sálvame Deluxe no que expoñemos as nosas penurias (e victorias), porque tú y eu, Chelo, non tivemos unha noite de amor. Aínda asi, e aínda que asuste, queremos seguir amando para descubrir polo camiño que é o amor e, cando o saibamos, compartilo
Mar 19, 202355:31
O Cristal de Laura: Sobre a divulgación e menstruar

O Cristal de Laura: Sobre a divulgación e menstruar

Ola, ola! Benvidos, benvidas e benvides un domingo máis. Hoxe, malia que arrancamos un pouco nerviosas, vimos a falar dos tabús, de especializarte no xornalismo, da menstruación, da pílula e, en xeral, de ser muller.
Laura Veiga, máis coñecida como Pingando.gal, ábrenos a fiestra a un novo xeito de facer xornalismo, sempre co foco na educación. Ao final a sogra de Marta non ten nada do que preocuparse, de momento.
O único que podemos adiantar é que coa de temas que nos quedaron no tinteiro e o moitísimo que desfrutamos falando con Laura, ningunha podería descartar unha segunda parte para seguir aprendendo sobre sexualidade e deixar de terlle medo a esa parte de nós.
Mar 05, 202340:00
O Meraki da adolescencia

O Meraki da adolescencia

Este domingo facemos unha viaxe no tempo para volver á nosa adolescencia. Unha época complexa, intensa, difícil, apaixonante, de aprendizaxe, de crecemento, de soidade, de ser malas persoas, de ser boas persoas... de existir. Compartimos unha das nosas charlas filosóficas para recoñecernos mutuamente e ser máis honestas, con nós e cos demais. O Meraki da adolescencia dá o punto de saída a unha nova quenda de charlas sobre todas esas cousas que nos importan e nos fan ser quen somos. Un episodio para poñerse un té ou un café, acender unha candeas e aprender a perdoar, coidar e querer á nosa versión adolescente.

Feb 19, 202345:04
O Cristal de Belén: Sobre ser unha pringada

O Cristal de Belén: Sobre ser unha pringada

Estas pringadas abren nova tempada moi emocionadas e sendo tan pringadas que volven aos seus inicios con interferencias de por medio. Malia todo, nada nos impide comezar por todo o alto coa única e inigualable (redobre de tambores) Belén Puime! 

Hai un ano Uxía Vázquez (falar sen saber, querémosvos) recomendábanos a esta talentosa muller nova que fai cousas e nós somos rapazas de palabra. Por iso, hoxe somos un pouco máis transparentes e iniciamos este novo ciclo falando do instituto e do acoso escolar, da época universitaria, de crear proxectos cos teus amigos, do fomo e de ser unhas mamarrachas. 

Cando o día de mañá demos as tres xuntas as badaladas, recordaredes que as pringadas aliadas poden chegar tan lonxe como se propoñan. Ao final do episodio de hoxe vén unha sorpresiña, cortesía de @noemiavg e @guille_lp_97 Escoitámonos na rede!

Feb 05, 202347:09
O Meraki Final

O Meraki Final

As Cristais de Meraki despedimos esta primeira tempada por todo o alto nun día para festexar. Aproveitamos este día de nadal para facervos este pequeno agasallo e así poder darvos un anaquiño de nós nestas datas tan felices para algúns e complicadas para outros. Foi un pracer enorme compartir todo isto con vós. Por iso, porque sen as persoas que nos escoitan non habería podcast, despedímonos cun Q & A para intentar darlle resposta a todas as vosas inquedanzas e curiosidades. Ademais, as Cristais desta tempada tamén fan a súa aparición especial. Como xa adiantabamos, o último capítulo é unha festa, por iso para gravalo fixemos unha pequena cea de nadal, sen discusións, chea de amor e con moitos cinnamon rolls. Vémonos pronto. Isto non e un adeus, é un ata logo ;)

Dec 25, 202240:46
O Cristal de Cassandra: as festas rematan con música

O Cristal de Cassandra: as festas rematan con música

Achégase o final da segunda tempada de Cristais de Meraki e como todas as festas, non nos queda outra que rematar con música e con mulleres que fan música. Hoxe vén a parolar con nós outra dupla galáctica. As Fillas de Cassandra chegan forte para falar de música en directo, da síndrome do impostor, do auxe da música en galego e da importancia de referentes na defensa da lingua, tamén dende a perspectiva neofalante. Un programa con sorpresiña ao final no que sentamos as bases do que será o último episodio da tempada. Estades preparadas para tocar o bis? Mentres tanto, escoitade música en galego, escoitade a Fillas de Cassandra e, xa de paso, escoitádenos a nós :) 

Nov 27, 202246:60
O Meraki dos medos

O Meraki dos medos

Unha domingo máis e unha semana máis que as vosas podcasteiras favoritas sacan novo episodio. Comeza a achegarse a recta final da tempada e semella que nos poñemos máis intensas e reivindicativas que nunca. Entre a fobofobia, a androfobia e a aeronausofobia acabamos facendo un repaso por todas esas pequenas (e grandes) cousas que dan susto e nos poñen a tremer. Que facemos cando temos medo? Como evolucionan os medos? Que traumas de cativas nos fan fuxir e saír por patas? Abrímonos en canle e superamos o medo de expoñer ao mundo que somos vulnerables. Como estades? Agardamos que non con medo, ou si, quen sabe. Igual temos que aprender a aceptar e abrazar as cousas que nos asustan. 

Nov 06, 202249:09
O Cristal de Malva: do samaín á cultura americana

O Cristal de Malva: do samaín á cultura americana

No programa de hoxe falamos con Malva sobre o samaín, a americanización da cultura e a morte. Temas aparentemente inconexos que non tardamos en unir, porque hai moito que falar en cincuenta minutos. En realidade rematamos por facer un longo repaso sobre o fenómeno fan, as pick me girls, a romantización dos asasinos en serie, as luces e sombras de taylor swift, a especulación sobre a vida romántica dos famosos que nos gustan e moitas movidas máis, todo nun alo ben "spooky" porque hoxe somos Cristais de Meraki (Spooky version)
Oct 23, 202249:18
O Meraki da xente viejoven

O Meraki da xente viejoven

Benvidxs a un novo capítulo! Hoxe comezamos falando sobre o concepto de ser viejoven, analizamos as carácterísticas do que se podería considerar un fenómeno social, desglosamos a idea de "ser muy madura para tu edad" e, nalgún momento pola metade, perdémonos polo camiño e danos tempo a parolar sobre as "that girl", a infancia, a sexualidade e as visións conservadoras da vida. Queixámonos moito e algo tentamos descubrir. As Meraki volven outro día máis, mentres a idade llo permita.  

Oct 09, 202244:15
O Cristal de Alejandra: xornalismo da terra

O Cristal de Alejandra: xornalismo da terra

Estudando xornalismo hai días nos que parece que nada anda ben. Precariedade, inseguridades, trabas para falar das cousas que che interesan... Esa é a historia que sempre se conta, pero hai tamén outras historias, queda aí fóra un raio de esperanza. Para nós ese raio vive en Alejandra. Falamos con ela para que nos conte como se conseguen colaboracións con revistas, onde se busca a inspiración, a través de que formas se aprende a comunicar, ou mesmo como facer unha comunicación dende o rural. Todo isto mentres aínda intentas sacar a diante unha carreira que tanto che pode dar a vida como quitar a ilusión. Hoxe poñemos o foco na luz e na vida para aprender a facer un xornalismo da terra (e dende a terra). 

Sep 25, 202248:23
O Meraki da movida do verán

O Meraki da movida do verán

Volvemos un novo domingo e, como sempre, vimos a queixarnos. Falamos dos veráns de infancia, dos problemas que implica a operación bikini, dos fitos que marcan estacións e de que hai que ir a terapia. Vamos, non falamos de nada novo sobre o mundo, pero nunca dixemos que foramos orixinais.
Sep 11, 202243:34
O Cristal das Maltesas: aprender viaxando

O Cristal das Maltesas: aprender viaxando

Ola de novo! Sorprendentemente cumplimos e hoxe vimos cun novo episodio sobre a nosa experiencia en Malta. Para iso traemos a Alba Grandío, modelo, futura historiadora e (o máis importante) amiga e compañeira de aventuras. Que temos que dicir sobre Malta? Pois sobre o país en si non demasiado, pero sobre a experiencia unha chea de cousas. Falamos de morrer de fame, de precios desorbitados, de profesores aristócratas e xogadores de póker, dos onvres e das dificultades de viaxar sendo muller. Señores, dejen de prostituirnos. E, sobre todo, falamos de crecemento persoal e da xente marabillosa que coñeces no camiño. Party Malta, este programa é para vós (non vos olvidedes do meu nome porfa).
Aug 28, 202249:14
O Meraki da calma despois da tormenta

O Meraki da calma despois da tormenta

Ola! Botávasenos de menos? Despois dun fantástico capítulo 1.1 e un capítulo 1.2 que xa nunca verá a luz, chegamos cun novo episodio. Esta vez volvemos con forzas renovadas para falar sobre o que estivemos facendo nestes últimos oito meses, que cousas aprendemos e por qué parecía que nos secuestraran. Falamos de xestión emocional, de facer DEMASIADAS cousas, de aprender a parar e da importancia da terapia. Cristais de Meraki volve para quedar (esperamos). Por certo, como estades? (Non vale dicir nin ben nin mal)
Aug 14, 202240:52
O Cristal de Uxía: falar sen medo

O Cristal de Uxía: falar sen medo

Hoxe falamos con Uxía, cocreadora do podcast Falar sen saber, sobre contidos dixitais en galego, saúde mental e o marabilloso mundo laboral.
Nov 26, 202140:14