Skip to main content
Cultura a todas Luzes

Cultura a todas Luzes

By Luzes

CULTURA A TODAS LUZES é un podcast da revista Luzes presentado por Lois Blanco.
Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.
Available on
Apple Podcasts Logo
Castbox Logo
Google Podcasts Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

VERMIT 05: Fran Sieira e Artur Puga

Cultura a todas LuzesJul 19, 2022

00:00
49:27
CTL 36: Jose Turvegal

CTL 36: Jose Turvegal

Temos con nós ó creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!

Apr 17, 202401:52:40
CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño

CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño

Temos unha entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático. Charlamos do proceso, as claves da peza, o casting…non podedes perdelo! Estrean o 11 de abril.

Apr 10, 202401:06:28
CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal

CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal

Temos a dous invitados con nós, mais esta vez por separado. Si unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. Fran Nuñez, director do CDG, cóntanos dos plans que ten o centro para os próximos meses. Roberto Casal, membro da compañía Teatro ó Cubo, fálanos do espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”, que percorrerá a xeografía galega cunhas case cen funcións.

Apr 03, 202401:11:59
CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí

CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí

Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Comic. Temos con nós ós creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente e editada por Galaxia: “Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...”

Mar 27, 202426:34
CTL 32: Bruno Arias

CTL 32: Bruno Arias

O cineasta vigués, nominado nos últimos Mestre Mateo polo documental “Os espazos en branco”, cóntanos da experiencia de falar da súa tía Xela Arias. Anteriormente participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), e mais en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, co que desenvolve varios proxectos desde diversos lugares do proceso creativo.

Mar 20, 202402:13:53
CTL 31: Sara Vila e Tensi Gesteira

CTL 31: Sara Vila e Tensi Gesteira

Temos con nós á escritora Sara Vila e á creadora de contido Tensi Gesteira (@lecturafilia ). Aproveitamos este encontro para charlar sobre o libro de Sara “Oito días sen Eva Cortes”. E, xa de paso, moitas outras cousas máis. Iso si, moita literatura e xornalismo.

Mar 13, 202401:01:20
CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual

CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual

David e Alex Penabade fundaron en 2007 Adarme Visual en Vigo. Falamos con el de “Ollar, Escolma de Fotografía Galega Contemporánea”. Son unha serie de documentais monográficos con fotógrafos galegos. Nesta primeira selección, xa que agardan facer máis, están: Manuel Sendón, Eva Díez, Javier Teniente, Raquel Calviño e Miguel Vidal.

Mar 06, 202432:13
CTL 29: Gala Dacosta

CTL 29: Gala Dacosta

Di de si mesma: “Son unha xornalista con inquedanzas, motivación e vea creativa. Na miña experiencia procuro observar, decodificar e comunicar o que acontece ao meu redor prestando atención á boa escrita e á veracidade, sempre con ollada crítica. A curiosidade lévame a seguir explorando e analizando a actualidade, especialmente nas cuestións sociais, na esfera dixital e poñendo o foco sobre os distintos sectores da cultura.”

Feb 28, 202401:24:22
CTL 28: Academia do Teatro Galego
Feb 21, 202432:23
CTL 27: Celso Fernández Sanmartín

CTL 27: Celso Fernández Sanmartín

Di de si mesmo: Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela. Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais. Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores. Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade. De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral.


Son poeta

Feb 14, 202456:12
CTL 26: As mulleres da conserva de Matria

CTL 26: As mulleres da conserva de Matria

Matria, de Álvaro Gago, está presente nos últimos Premios Goya. Tivemos o pracer de poder charlar coas mulleres da conserva que saen na película e, especialmente, coa protagonista do que foi a curtametraxe e persoa na que está baseado o filme: Francis. Acompañádenos nesta charla chea de anécdotas, bromas, alegría e tamén reflexións moi necesarias. Álvaro estivo presente tamén. Tremenda experiencia.

Feb 07, 202401:24:30
CTL 25: Desexo, de Talía Teatro

CTL 25: Desexo, de Talía Teatro

Temos con nós á compañía Talía Teatro, que veñen a falarnos dun proxecto moi interesante. Un proceso de investigación e posterior espectáculo sobre o uso da pornografía na adolescencia. Estarán en seis centros de secundaria facendo Teatro Foro cos alumnos, o que se traducirá nun espectáculo que se vai estrear este maio de 2024.

Jan 31, 202436:15
CTL 24: Felipe Lage

CTL 24: Felipe Lage

Felipe Lage é director de Zeitun Films e presidente da AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes) chega ó noso programa para falar do filme Miguel’s War (2021), pero tamén da súa traxectoria con filmes de autor como os do seu irmán Oliver Laxe ou Lois Patiño.

Jan 23, 202450:36
CTL 23: Leticia Rey

CTL 23: Leticia Rey

Leticia Rey, nacida en Vila de Cruces (Pontevedra), e adoptada recentemente por A Coruña, inicia os seus estudos musicais ós 11 anos, debutando coa teoría musical e piano, continuando con guitarra e armonía. En 2022 saca Lux, o seu primeiro disco, do que falaremos detidamente con ela.

Jan 16, 202402:03:06
CTL 22: Fernando Castro Paredes

CTL 22: Fernando Castro Paredes

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Charlamos con el do seu último libro Entomoloxía para misioneiros.

Jan 09, 202429:24
CTL 21: Noa Presas

CTL 21: Noa Presas

Visita o noso programa por primeira vez unha persoa que traballa en política en Galicia. Noa Presas, ourensana e profesora, agora mesmo parlamentaria polo BNG. Falamos das obras culturais que a marcaron, da situación do sector e de moitas cousas máis.

Dec 19, 202301:03:22
CTL 20: Jaione Camborda

CTL 20: Jaione Camborda

Temos con nós á directora de O Corno, recente gañadora da Concha de Ouro 2023. Falamos de diferentes planos do filme, a súa estética e por suposto a temática clave na que se aventura Jaione e o seu equipo. É a primeira directora española que gaña este premio, e faino cun filme en galego rodado na Illa de Arousa principalmente.

Dec 05, 202331:46
CTL 19: Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais

CTL 19: Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais

Desta volta, despois de superar caídas de luz e temporais, charlamos cunha familia fascinante: a xornalista (parte da tribo de Luzes) Cláudia Morán e o músico Brais Morán. Falamos do seu pasado, en que andan profesionalmente e tamén dos tempos nos que andamos últimamente. Temos pendente unha comida para seguir charlando do ben que o pasamos. Agardamos que vós tamén!

Nov 22, 202301:22:26
CTL 18: Sara Pérez Seijo

CTL 18: Sara Pérez Seijo

Está con nós unha xornalista, de Salceda de Caselas, investigadora do Grupo Novos Medios, é doutora en Comunicación e Información Contemporánea por la Universidade de Santiago de Compostela e profesora axudante nesta mesma institución. Falamos de xornalismo inmersivo e da situación da profesión dende varias perspectivas.

Nov 07, 202344:40
CTL 17: Sica Romero

CTL 17: Sica Romero

A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou.

Oct 24, 202301:46:12
CTL 16: Sara Donoso

CTL 16: Sara Donoso

Sara Donoso cóntanos a experiencia do XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13. O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas.

Oct 10, 202349:40
CTL 15: Códice K

CTL 15: Códice K

Neste programa nunca pode faltar o teatro! Chegamos algo tarde con respecto á estrea, mais Códice K está de xira. Temos con nós a parte do equipo artístico da peza. En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.

Sep 26, 202342:35
CTL 14: Alba Guzmán Falcón

CTL 14: Alba Guzmán Falcón

Abrimos tempada cunha das novas voces da literatura galega. Ourensana, ven de gañar diversos premios. Entre eles o Xuventude Crea. A súa novela publicada en Xerais, Xoaniña de Deus, está dando moito que falar. Mais falamos con ela non só diso, senon de moito máis: o seu proceso de traballo, de onde sae a súa vocación… non o podedes perder!

Sep 12, 202301:40:28
VerMIT23: Producións Excéntricas. “Auto do Castromil”

VerMIT23: Producións Excéntricas. “Auto do Castromil”

Falamos coa xente ProVisitamos o a oficina central da compañía. Temos con nós a Quico Cadaval (director e adaptador dos textos de Manuel María) e ás actrices Patricia Vázquez e Rocío González. Foi gañador do Certame Manuel María de proxectos teatrales, na súa 3ª edición. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Pecha a edición deste ano da MIT!duccións Excéntricas

Jul 23, 202343:08
VerMIT23: Mujer en obras. “Cucaracha con paisaje de fondo”.

VerMIT23: Mujer en obras. “Cucaracha con paisaje de fondo”.

Un balneario perdido onde as mulleres que non poden ter fillos van tomar as augas. Un lugar cutre onde residen enfermeiras e pacientes, mulleres suspendidas nun tempo de espera infinito cuxa integridade se verá en perigo pola chegada dun visitante indesexable. O desexo de ser nai e a extinción do ser humano como a máxima conclusión do ecoloxismo na Terra. Estes son algúns dos temas nos que a empresa Mujer En Obras centra as súas investigacións neste orixinal traballo que combina verso e prosa. Estiveron con nós Javi Ballesteros (autor e director) e María Jáimez (actriz). O último programa que gravamos, mais non o derradeiro VerMIT…quedan dous por emitir!

Jul 23, 202342:07
VerMIT23: Especial Clown (Rui Paixão, Jouse García e NegroLópez)

VerMIT23: Especial Clown (Rui Paixão, Jouse García e NegroLópez)

Neste episodio especial falamos do mundo do clown da man de Rui Paixão (premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente no circo contemporáneo, participó en uno de los mayores festivales del mundo, el Fringe Festival de Edimburgo. Recientemente ha sido seleccionado para la última producción del Cirque du Soleil en China convirtiéndose así en el primer payaso portugués en conseguirlo. Al mismo tiempo colabora regularmente como intérprete con la compañía de teatro físico y nuevo circo Radar 360.

Jul 23, 202343:00
VerMIT23: Teatro del barrio. “Homenaje a Billy el Niño”

VerMIT23: Teatro del barrio. “Homenaje a Billy el Niño”

Unha obra que leva as pegadas do noso pasado: en xullo de 1977, Antonio González Pacheco, un policía máis coñecido como Billy the Kid, foi galardoado coa medalla de prata ao mérito policial. E o ministro que tivo a iniciativa, Rodolfo Martín Villa, recoñeceu os servizos prestados polo axente á patria franquista e á Transición, e mesmo pareceu albiscar que esa carreira profesional xeraría beneficios para a moza democracia. Os que nin sequera estiveron na pintura nesa homenaxe foron os homes e mulleres que foron torturados por Billy El Niño e, por iso, aquí se lles dá voz: para que recorden a súa historia e axuden a visibilizar toda a violencia con que tamén están construídos a transición.

Jul 21, 202347:46
VerMIT23: A Panadaría. “As que limpan”

VerMIT23: A Panadaría. “As que limpan”

"Por favor, limpa a habitación". Ó volver da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño inmaculado. As invisibles levan ás costas un precario sistema turístico. O espectáculo fala da loita organizada das empregadas de hostalería para acadar dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a voraz cobiza dos donos das cadeas hoteleiras. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman conversan con nós de todo isto e máis.

Jul 20, 202347:05
VerMIT23: Matarile Teatro. “Fráxil. Handle with care.”

VerMIT23: Matarile Teatro. “Fráxil. Handle with care.”

Falamos da terceira parte da denominada “Triloxía da fraxilidade”. A compañía galega propón mostrar un saber retorcido, iluminado oblicuamente. Neste modo de pensar tan atrevido que nos caracteriza como persoas, propoñen recoñecer o que non se pode dicir e só se pode amosar sen necesidade de preguntarnos se algo é verdade ou se pasou de verdade. Do mesmo xeito que soñamos con lugares, tamén podemos fantasear con encontros desexados que puideran ocorrer e construír a partir de relatos ucrónicas.

Jul 19, 202353:50
VerMIT23: Compañía Sr.Smith. “If (La ligereza)”

VerMIT23: Compañía Sr.Smith. “If (La ligereza)”

Neste episodio temos a visita dunha chea de xente. En concreto, parte do reparto da peza. é un xogo de ficción, un espello deformador de como serían posibles outros eus, de como se vivirían outras vidas. Ficción e realidade fúndense nun xogo de realidades onde a vida e a arte se enfrontan e conviven.

Jul 18, 202338:54
VerMIT23: Las Huecas. “Aquellas que no deben morir”

VerMIT23: Las Huecas. “Aquellas que no deben morir”

Hoxe visitan o noso programa un coletivo catalán de actrices que están axitando a escena contemporánea. O seu espectáculo fala da morte. Comezaron a traballar en como lles gustaría morrer, como lles gustaría que morran os demais e como lles gustaría acompañalos no loito. Isto foron as tres patas iniciais do proceso. Descubrimos a obra con dúas delas, Júlia Barbany e Núria Corominas.

Jul 17, 202340:35
VerMIT23: Alessandra García. “Mujer en cinta de correr sobre fondo negro”.

VerMIT23: Alessandra García. “Mujer en cinta de correr sobre fondo negro”.

Temos con nós á gañadora do Premio Max ó espectáculo Revelación 2022. E finalista como actriz e autora ese mesmo ano. A peza é unha radiografía de diferentes cidadáns dun barrio humilde. Reflexiona sobre superprodución téxtil, capitalismo, entretemento, cultura, idiomas, alcumes e sector servizos. Mais, sobre todo, esta historia é risa e pensamento.

Jul 16, 202343:31
VerMIT23: Marina Otero e FIBA. “Fuck me”

VerMIT23: Marina Otero e FIBA. “Fuck me”

Abrimos as charlas coas compañías que actúan no Castelo cunha bailarina e performer arxentina. Os seus traballos deron moito que falar en grandes festivais europeos e latinoamericanos. Escolleu a “autoficción” como o seu xénero preferido, e afirma que lle gusta “poñerse en perigo”. “Fuck me” abre a MIT 2023, e non deixará indiferente a ninguén.

Jul 15, 202340:10
VerMIT23: Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso. Premios de Honra deste ano.

VerMIT23: Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso. Premios de Honra deste ano.

Tivemos una viaxe fantástica con dúas persoas clave para a cultura galega. Podemos dicir que forman parte indispensable da creación e impulso do teatro profesional galego. Luís, xornalista, tivo boa parte da “culpa” das liñas básicas que forman agora por exemplo o AGADIC. Eduardo, con Teatro do Noroeste (entre outras moitas facetas), leva unha longa traxectoria como dramaturgo e director. Un pracer e unha honra abrir esta aventura con eles.


Jul 15, 202301:48:39
CTL 13: Rebeca Montero e Marcos Orsi

CTL 13: Rebeca Montero e Marcos Orsi

O CDG ten en cartel un novo espectáculo, con catro direccións diferentes. Falamos desta experiencia don dúas persoas do seu reparto. Tamén de máis cousas, como por exemplo o día da Commedia dell’ arte. Celebramos o entroido como debe ser: teatralizando o mundo. Ou como mínimo, aportando un pouco a el.

Feb 21, 202301:36:36
CTL 12: Álvaro Gago

CTL 12: Álvaro Gago

Continuamos coas charlas “íntimas” do CTL. Desta vez, co director de cine galego Álvaro Gago, que está a nada de estrear a súa longametraxe Matria. Estará no na Berlinale deste ano, na sección Panorama, facendo historia para o audiovisual galego. Conversamos sobre o seu proceso de traballo, o traslado da curtametraxe á longametraxe, e moitas cousas máis. Se queredes coñecer un pouco máis a este talento do noso contexto cultural, este é o voso programa.

Feb 07, 202301:34:30
CTL 11: Guadi Galego

CTL 11: Guadi Galego

Temos un programa moi especial. Charlamos coa cantautora galega do seu novo disco, Roibén. Unha viaxe a través de cada canción, na que aproveitamos para divagar por outros lugares e polo presente. Un traballo arriscado e íntimo, esperanzador e crítico. "Roibén acabou seendo o que é porque abrimos paso entre a escuridade", así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoción que conforman "un disco de transición e de contrastes, que retrata a luz que hai sempre en toda escuridade".

Jan 24, 202301:02:25
CTL 10: Sara Donoso e Martín Varela

CTL 10: Sara Donoso e Martín Varela

Facemos desta vez unha sixerxia entre mago Martín Valera e a xestora de arte Sara Donoso. Falamos de cadros, exposicións…o novo espectáculo de Martín que se chama Inventio. En que consiste o traballo que hai detrás do CGAC ou o DIDAC? Tamén conversamos sobre o proceso de traballo dun gran espectáculo de maxia actual e de xira por Galicia e o resto da península. Recomendamos movementos, museos…e tamén algún debate que outro.
Jan 10, 202301:10:54
CTL 9: Especial ano María Casares

CTL 9: Especial ano María Casares

Isto tiña que pasar. Neste 2022 celebráronse os cen anos do nacemento da actriz galega. Temos con nós a Sabela Hermida e Nerea Brey, expertas na súa figura e tamén a levaron polos escenarios galegos e peninsulares. Conversamos, para pechar o ano, en profundidade sobre a vida e traxectoria desta coruñesa emigrada a Francia. Válido para descubrila e tamén para profundizar máis nesta persoa tan fascinante que deu nome ós premios do teatro galego. 


Dec 27, 202201:21:58
CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira

CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira

Aventurámonos a un novo encontro cultural. Abrindo unha nova porta para o programa coa cociña e o audiovisual. Visítannos a deseñadora e cociñeira Xiana, autora de As receitas de Xiana. E tamén o director Jorge Coira, que prepara nova película a estrear nos próximos meses. Charlamos destas cousas e máis, poñede a orella para descubrilo.

Dec 13, 202201:05:52
CTL 7: María Solar e Manu “Caamagno”

CTL 7: María Solar e Manu “Caamagno”

Traemos desta vez dúas presentacións bastante recentes. María Solar presenta “A Culpa”, recente Premio Xerais 2022. Unha historia de tres mulleres e a evolución sorprendente das súas vidas. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega. Traen “O mundo está derrotado”; unha mestura de entusiasmo, política e humor. Un pracer xuntar persoas tan fascinantes neste o noso/voso podcast.

Nov 30, 202201:00:58
CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto

CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto

Volvemos á casa. E recibimos a unha cantante e un escultor, completando o programa que fixeramos na Galería Dupla. Nastasia presenta “But Life Is Beauty Full”. Viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor? A arte véndese, aínda que vos pareza raro. Compartimos reflexións, risas. A despois unha comida preciosa, que non está gravada mais non todo vai ser co micro. Disfrutade!

Nov 15, 202201:14:17
CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez)

CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez)

Invadimos o Auditorio Municipal de Vigo. Levamos as armas perigosas de gravar e fixemos que os protagonistas de Backstage, unha comedia clown para toda a familia, nos deixasen algo do seu tempo para poder falar do espectáculo. Un músico está a punto de dar un concerto en solitario. Estase preparando. Este é o punto de partida, doses de metateatro para mostrar o que non se ve, coas peripecias varias e requeridas da fricción cómica. Viaxamos no tempo con eles, nada menos. Tamén nos deu tempo para homenaxes.
Nov 01, 202258:20
CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez

CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez

O programa aterriza nunha galería de arte, Dupla, recén estreada en Santiago de Compostela. A súa directora, Lucía C. Suárez, experta en arte contemporáneo sitúanos o inicio desta aventura con dous artistas que coñece ben: Lara Pintos (pintora) e Iván Prieto (escultor). Rosalía fálanos Desnortada, o seu último poemario. Falamos de arte, dos seus usos e motivacións, xusto no centro de Dupla. Tremenda viaxe.
Oct 18, 202201:02:34
CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo

CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo

Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando “Recortes, caneos e outras formas de driblar” como parte do equipo que Ainé Producións e o CDG poñen en xogo no Salón Teatro e despois en xira por Galicia. David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco Road To Balance. Facemos de punto de encontro interxeracional. Aproveitamos para charlar con eles de fútbol, raíces do jazz, situación da cultura galega…tendes que escoitalo.
Oct 04, 202201:27:27
CTL 2: Uxía e Carlos Callón

CTL 2: Uxía e Carlos Callón

Colle impulso setembro. Temos con nós a dous referentes da galeguidade. Uxía preséntanos o seu novo disco, De tu casa a la mía, unha ponte que estableceu con Javier Ruibal para conectar a Rosalía con Lorca. Carlos fálanos do seu O libro negro da lingua galega. Xuntos, comentamos a situación actual do galego. Socioloxía, arte, poesía…mestura empática neste novo encontro de Cultura a todas Luzes.
Sep 20, 202201:06:19
CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo

CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo

Chega o primeiro programa regular de Cultura a todas Luzes. Con cabeceira nova e figura á que lembrar: Roberto Vidal Bolaño. Vinte anos fan xa esta semana do seu pasamento (11/09/02). Un día antes do aniversario faise en Compostela un congreso para repasar a súa traxectoria vital e profesional. Aquí teredes un anaco de charla co seu fillo Roi e Nuria, organizadora do congreso. Disfrutade e descubride con nós a Roberto!

Sep 06, 202201:23:36
VERMIT 11: Izaskun Fernández (El Patio) & Jokin Oregi (Marie de Jongh)

VERMIT 11: Izaskun Fernández (El Patio) & Jokin Oregi (Marie de Jongh)

Último programa na MIT, cos espectáculos que se puideron ver o domingo 24 na Igrexa da Madalena e no castelo. Dúas compañías vascas e amigas. No caso de Izaskun tráennos con Conservando memoria a historia dos catro avós da actriz. Un espectàculo cercano e emotivo, co que viaxamos tentando gardar o tempo coa xente que queremos. No caso de Jokin e a súa compañía, tráennos un espectáculo sen texto co que investigan o querer coa nosa xente cercana. A estructura son pinturas costumbristas de gran beleza e poesía. Un regalo co que pechar esta gran edición, pasada pola calor e moita memoria histórica e persoal.
Jul 25, 202201:02:26
VERMIT 10: Pedras de cartón & Inversa Teatro

VERMIT 10: Pedras de cartón & Inversa Teatro

O penúltimo programa na MIT 22. Con dúas compañías galegas. A primeira, coruñesa, adicada ó teatro familiar. Juan Rodríguez e Pablo Sánchez traen a Ribadavia o seu espectáculo Quixote, que fixeron na Alameda do pobo. Adaptaron as aventuras cervantinianas. A propia compañía xa naceu co obxectivo de acercar os clásicos ó público infantil e familiar. Por outra banda, temos con nós a Marta Pérez e Carlos Álvarez-Ossorio, autora (e actriz) e director do espectáculo O péndulo. É o resultado dun proceso de investigación e selección que parte da memoria familiar da propia Marta, pero deriva tamén noutras familias e casos de fusilados na Guerra Civil. Son as mulleres as que levan o fío, contándonos unhas historias que teñen todo de verdade e nada de ficción.
Jul 24, 202201:15:15
VERMIT 09: Incendiaria & A Quinta do Cuadrante

VERMIT 09: Incendiaria & A Quinta do Cuadrante

Hoxe traemos un 2x1 que son 4, dúas compañías que unen forzas da man de Manuel María. Fan unha versión contemporánea e libre de A lúa vai encuberta, obra que o lugués escribiu no 1977. A peza fai un percorrido tamén por determinados momentos da memoria histórica galega, facéndonos pensar na mentalidade galega da actualidade. Falamos con eles de política, teatro, anécdotas…quedounos nada para arranxar o país.

Jul 23, 202259:26