Skip to main content
Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

By Fóra de Mapa

O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
Available on
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
Pocket Casts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

#11. Kosovo (II). Sete minorías que viven xuntas pero non demasiado revoltas

Fóra de MapaJun 14, 2021

00:00
01:00:29
#Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia

#Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia

Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de reximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.

Mar 18, 202412:55
 #Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa

#Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa

Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.

Mar 10, 202409:50
#Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito?

#Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito?

O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933, a representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba as diferentes nacións sen estado e minorías relixiosas e étnicas de Europa.

O profesor Núñez Seixas explicounos a relevancia deste episodio pro nacionalismo galego e a importancia que esta organización tivo na política relativa ás minorías do período de entre guerras.

Feb 06, 202442:35
#37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica.

#37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica.

O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos territorios de León e Zamora de fala asturleonesa a lingua esmorece sen apenas protección.

Dec 31, 202301:05:06
#36. Occitania. 1000 anos resistindo a hexemonía de París

#36. Occitania. 1000 anos resistindo a hexemonía de París

Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan extenso existen polo tanto varias formas de sentirse parte da comunidade que fala occitano. E tamén existen importantes variacións lingüísticas entre os diferentes dialectos do occitano.

Dec 19, 202301:03:37
#Petisco lixeiro. O mesías que non foi

#Petisco lixeiro. O mesías que non foi

Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman unha pequena minoría relixiosa presente en Turquía: os Donmëh.

Oct 13, 202313:31
 #Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega

#Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega

A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao grego empregado na Grecia clásica.

Oct 05, 202314:32
#Petisco lixeiro. O conflito de Adjara

#Petisco lixeiro. O conflito de Adjara

Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.

Sep 29, 202311:06
#Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual

#Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual

En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.

Sep 23, 202313:51
#35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark

#35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark

Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.

Jun 03, 202301:10:20
#34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división

#34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división

A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas pra reconciliar as dúas comunidades e dar solución a un problema xurdido en plena guerra fría.

Apr 10, 202301:39:27
#33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest

#33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest

Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.

Feb 25, 202301:12:47
#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo

#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo

A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.

Feb 07, 202301:22:01
#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade

#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa independencia, sufriu anos de crise económica, corrupción, inestabilidade política e inxerencia rusa.

Dec 25, 202201:29:14
#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial

#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo o territorio ucraíno até a IIGM. E, como a pesar da represión, división e guerras, a nación ucraína foi capaz de continuar a loitar pola súa liberdade e independencia.

Dec 17, 202201:23:27
#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca

#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca

A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca.

Dec 08, 202201:16:16
#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis

#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis

O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar do escaso apoio gobernamental.

Jul 26, 202201:03:41
#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb

#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb

O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.

Jun 28, 202239:36
#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza

#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza

O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (falada por un 15% dos habitantes do cantón) e tamén oficial canda o alemán e o italiano.

May 24, 202201:16:49
#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía

#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía

Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialecto de labregos. No episodio contámosvos como o pobo flamenco foi capaz tras séculos de loita, negociacións e protestas lograr un nivel envexable de autogoberno.

May 02, 202201:46:57
#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara

#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara

Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén irlandés e que traballa como técnico de normalización lingüística do irlandés e que como escoitaredes, fala galego moi ben. Os dous residen no Ghaeltacht de Connemara.

Apr 18, 202242:57
#24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés

#24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés

O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativo das políticas lingüísticas de baixa intensidade en situacións de asimetría entre 2 idiomas e o rol que os neofalantes poden chegar a ter pra salvar a lingua irlandesa.

Apr 08, 202201:04:14
#23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas

#23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas

Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero a súa identidade diferenciada fundamentase nunha serie de tradicións, costumes e experiencias históricas ligadas á súa relixión musulmana.

Mar 21, 202201:37:38
#22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca

#22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca

Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que grazas á lexislación aplicada tanto por Dinamarca como por Alemaña aínda sobreviven con certa vitalidade e teñen representatividade a nivel político.

Mar 07, 202201:02:01
#21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria)

#21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria)

A República de Moldavia é un país cunha identidade complexa debido á súa diversidade étnica e a súa especial relación con Rumanía. Ademais é un estado feble por dous conflitos étnicos, o de Gagauzia -que parece estar solucionado polo momento- e o de Transnistria, que durante os últimos 30 anos teñen afectado o desenvolvemento económico e político de Moldavia.

Feb 22, 202201:12:59
#20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís

#20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís

Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande que a comarca de Pontevedra, pero esencial pra comprender o presente destas dúas nacións.

Feb 07, 202201:58:32
#19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade

#19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade

A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser oficial, como é norma en Francia, goza de bastante vitalidade. Un famoso persoeiro da historia de Francia -e de Europa- naceu alí: Napoleón Bonaparte.

Jan 24, 202201:12:54
#CapítuloEspecial. Músicas Fóra de Mapa. Pimba, levenslied, manele, discopolo, turbofolk... e outras músicas marxinadas

#CapítuloEspecial. Músicas Fóra de Mapa. Pimba, levenslied, manele, discopolo, turbofolk... e outras músicas marxinadas

Neste episodio especial, e moito menos serio, centrarémonos en músicas fóra do mapa, ou sexa, estilos moi populares en diferentes países pero sobre os que recaen estereotipos negativos e son rexeitados polas elites culturais. Falaremos da música pimba en Portugal, levenslied en Flandres e nos Países Baixos, turbofolk nos estados da ex-Iugoslavia, manele en Rumanía, chalga en Bulgaria, skilladika en Grecia e talava nos estados con poboación albanesa.

Jan 06, 202201:02:55
#18. Eslovaquia. Mil anos á sombra de checos e húngaros mais que agora discrimina ás súas minorías

#18. Eslovaquia. Mil anos á sombra de checos e húngaros mais que agora discrimina ás súas minorías

O pobo eslovaco foi durante mil anos unha nación subalterna, nunca tivo un estado de seu até ben entrado o século XX e o seu despertar nacional foi máis serodio que o dos veciños checos ou húngaros. A pesar diso, a nación eslovaca foi capaz de construír un estado estable mais con importantes eivas democráticas, en especial no que afecta aos dereitos e representación da minoría húngara.

Dec 20, 202101:14:41
#17. Linguas artificiais. O esperanto, o interlingua e outras linguas artificiais auxiliares

#17. Linguas artificiais. O esperanto, o interlingua e outras linguas artificiais auxiliares

Nos últimos 150 anos creáronse varias linguas co fin de facilitar a comunicación entre os falantes de diferentes idiomas. O esperanto, o interlingua e outras son idiomas artificiais e non ligados a ningún estado. A pesar de non teren un territorio propio si existen comunidades de falantes espallados por todo o mundo que empregan estas linguas tanto para se comunicaren como para crear contidos culturais (narrativa, poesía, radio, música..).

Dec 06, 202101:18:49
#16. Os Silesios. Unha minoría rexurdida e negada polo nacionalismo polaco

#16. Os Silesios. Unha minoría rexurdida e negada polo nacionalismo polaco

Silesia é unha rexión de fronteira na que durante séculos conviviron polacos, alemáns ou checos. Durante o século XIX e XX xurdíu unha identidade propia e mestiza, diferenciada da polaca. Tras décadas de políticas asimilacionistas a lingua e identidade silesias están a rexurdir a pesar do crecente nacionalismo étnico polaco.

Nov 22, 202101:31:43
#15. Normandía. Unha rexión no centro da historia de Europa

#15. Normandía. Unha rexión no centro da historia de Europa

Normandía é unha rexión transfronteiriza, compartida entre Francia e as illas anglonormandas. No seu territorio decidiuse a historia de Europa varias veces e hoxe mantén unha forte identidade cultural propia, tamén lingüística, aínda que o estatus da lingua normanda sexa diferente no continente e nas illas.

Nov 08, 202155:07
#14. Südtirol. Unha ponte entre o mundo xermánico e o latino

#14. Südtirol. Unha ponte entre o mundo xermánico e o latino

Südtirol está na fronteira entre o mundo xermano e latino, mais a pesar de disputas e conflitos durante máis dun século, a rexión foi capaz de xestionar esta diversidade cultural, lingüística e identitaria grazas ao seu autogoberno.

Oct 25, 202151:29
#13. Macedonia. Unha ensalada de pobos e disputas

#13. Macedonia. Unha ensalada de pobos e disputas

Macedonia foi durante séculos un crisol de culturas, pobos e linguas, e isto provocou disputas identitarias até hoxe. Neste episodio centrámonos na historia desta rexión europea e analizamos os conflitos internos e externos de Macedonia do Norte que impiden a súa integración na UE, e máis a situación da minoría macedonia en Grecia.

Oct 11, 202101:03:45
#12. Estremadura. Unha rexión cunha grande e descoñecida diversidade lingüística

#12. Estremadura. Unha rexión cunha grande e descoñecida diversidade lingüística

Estremadura contén unha importante diversidade lingüística que até hai pouco sempre foi invisibilizada, descoñecida ou desprezada. A pesar de que moitos falantes non teñen conciencia lingüística, o estremeñu aínda é usado por centos de miles de persoas, especialmente no noroeste da rexión. Ademais o portugués é falado nalgunhas zonas da raia e no municipio de Olivença, aínda que a súa vitalidade é bastante fraquiña. Pola contra, a fala ou falas do val de Xálima aínda resisten con fortaleza o paso do tempo e a escasa protección legal.

Jun 28, 202101:19:37
#11. Kosovo (II). Sete minorías que viven xuntas pero non demasiado revoltas

#11. Kosovo (II). Sete minorías que viven xuntas pero non demasiado revoltas

Neste segundo episodio dedicado a Kosovo falamos dos últimos 25 anos da historia do país e cal é o papel que xogan as minorías, tanto no relativo ao seu recoñecemento legal como á súa relevancia social. Repasamos a historia destas minorías e as súas peculiaridades relixiosas, culturais e lingüísticas.

Jun 14, 202101:00:29
#10. Kosovo (I). O país máis novo de Europa, mais con séculos de convivencia e disputas

#10. Kosovo (I). O país máis novo de Europa, mais con séculos de convivencia e disputas

Este é o primeiro dun episodio dobre adicado a Kosovo, un país cunhas características xeográficas, culturais e históricas de seu. Nesta primeira parte, centrámonos na súa historia desde a idade media até os 90. Falaremos dos mitos nacionais serbios, os moitos conflitos e estados que dominaron a zona e as disputas entre albaneses e serbios por controlaren o país.

May 31, 202154:45
#9. Os alevís. A gran minoría relixiosa de Turquía

#9. Os alevís. A gran minoría relixiosa de Turquía

Os alevís, son unha minoría relixiosa que ten moita importancia na República Turca xa que representan arredor dun 15%-20% da poboación, ou sexa, entre 12 e 17 millóns de persoas que non é pouco. A súa relixiosidade está ligada ao Islam chii e súa historia resúmese nunha continua resistencia contra a opresión.

May 17, 202147:49
#8. Cornuallles. Como resucitar unha lingua noutra fin do mundo

#8. Cornuallles. Como resucitar unha lingua noutra fin do mundo

Cornualles é unha nación cunha identidade e cultura ben forte pero que durante 200 anos perdeu a súa lingua, o córnico. Este idioma celta falouse até a fin do século XVIII pero hoxe está a vivir un auténtico rexurdimento

May 03, 202157:49
#7. Sicilia. Máis aló da mafia e a cucina della mamma

#7. Sicilia. Máis aló da mafia e a cucina della mamma

Sicilia ten unha cultura e identidade ben marcadas, pero sobre a que recaen moitos estereotipos e prexuízos. O siciliano foi lingua de reis, trobadores e premios nóbel mais hoxe en día é desprezado por moitos e apenas ten protección. Neste episodio pretendemos ir máis alá dos clichés do sol, gastronomía e mafia pra entender mellor a rica e variada identidade siciliana.

Apr 19, 202147:33
#6. Os sámis. Seica o único pobo indíxena de Europa

#6. Os sámis. Seica o único pobo indíxena de Europa

Os sámis son un pobo ó que os diferentes estados trataron de asimilar e sacar do mapa pero a pesar disto resistiron todos os intentos de seren destruidos e foron quen de crear unha rede cultural e política forte.

Apr 05, 202130:20
#5. Os montenegrinos. De seren os serbios irreductibles a desenvolver unha identidade diferenciada

#5. Os montenegrinos. De seren os serbios irreductibles a desenvolver unha identidade diferenciada

A identidade montenegrina é complexa, se ben Montenegro é un estado feito e dereito aínda hoxe en día hai moitos cidadáns deste país que ven esta identidade como complementaria á serbia ou que se identifican etnicamente como serbios 

Mar 22, 202144:25
#4. Os frisios. Un pobo nado entre dunas e marismas que resiste forte o paso do tempo

#4. Os frisios. Un pobo nado entre dunas e marismas que resiste forte o paso do tempo

Os frisios son unha minoría lingüística espallada pola costa dos Países Baixos e Alemaña. A pesar de que o seu territorio e falantes minguaron durante os últimos séculos, os frisios manteñen con orgullo un forte apego ao seu idioma e identidade, en especial na provincia neerlandesa de Fryslân.

Mar 08, 202131:24
#3. Os rutenos. Un pobo dos Cárpatos rexurdido e resiliente

#3. Os rutenos. Un pobo dos Cárpatos rexurdido e resiliente

Os rusyn ou rutenos viven na cordilleira dos Cárpatos divididos en diferentes estados. Ao longo da súa historia sufriron o drama da emigración, a limpeza étnica e a asimilación forzada, mais neste momento esta etnia está a vivir un rexurdimento cultural e identitario.

Feb 22, 202137:34
#1. Os arrumanos

#1. Os arrumanos

Neste primeiro capítulo falamos dos arrumanos, ou tamén chamados vlachs,  un dos pobos sen estado máis grandes da península balcánica e que na  actualidade atópanse espallados por Albania, Macedonia do Norte,  Bulgaria, Grecia e Serbia. Repasamos a súa historia, os seus costumes,  lingua e cultura.

Feb 08, 202129:22
#2. Os arbëreshë. Os primos italianos dos albaneses

#2. Os arbëreshë. Os primos italianos dos albaneses

A minoría albanesa de Italia ou arbëreshë é unha das minorías étnicas e lingüísticas máis importantes do país. Os arbëreshë son a redor de 200.000 espallados nunha morea de aldeas e vilas no sur de Italia. A comunidade goza dunha importante vitalidade.

Feb 08, 202124:10