Skip to main content
Exército Mekemeke

Exército Mekemeke

By Sapo Vermello

Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Available on
Amazon Music Logo
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

#29 | Proximamente

Exército MekemekeJun 06, 2022

00:00
52:17
#84 | Mercamos de segunda man
Apr 19, 202432:21
#83 | Non é "feísmo", é urbanismo riquiño

#83 | Non é "feísmo", é urbanismo riquiño

Hai quen considera que utilizar un somier como cancelo para o galiñeiro é "feísmo" urbanístico. Se non sabes moi ben do que estamos falando, este programa con ladrillo á vista está feito para ti.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Instagram⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠, ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Twitter⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠ e ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠TikTok⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso ⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠Patreon⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠⁠.
Apr 10, 202432:25
#82 | Imos de bares
Apr 04, 202431:02
#81 | Sodes uns boomers
Mar 28, 202433:18
#80 | Hai un cuñado en ti
Mar 20, 202433:21
#79 | Os mekemekes na procura das bolas máxicas
Mar 13, 202432:50
#78 | Mekemekes no medievo
Mar 07, 202431:60
#77 | Como nos gusta turistear
Feb 28, 202432:53
#76 | Resacón da Gala Youtubeiras
Feb 21, 202431:58
#75 | Facemos historia con Ana Pontón
Feb 13, 202426:22
#74 | Amarres e outros meigallos
Feb 07, 202432:33
#73 | Imos de rebaixas
Jan 31, 202432:15
#72 | Xabaxeración
Jan 24, 202431:46
#71 | Terraplanistas, reptilianos e o monstruo spaghetti
Jan 20, 202432:25
#70 | Cibercarrachas
Jan 10, 202433:10
#69 | Adiviñamos o número da lotaría de Nadal
Dec 20, 202333:09
#68 | Son máis que amizades
Dec 20, 202332:20
#67 | Facemos tolear a ChatGPT
Dec 07, 202333:22
#66 | Montamos unha foliada con De Ninghures
Nov 30, 202328:26
#65 | Voltamos á escola
Nov 23, 202332:05
#64 | Preparámonos para a fin do mundo
Nov 19, 202334:02
#63 | Imos de verbena con Pili Pampín
Nov 15, 202333:57
#62 | Xubinspección

#62 | Xubinspección

Haberá terceira tempada do exército mekemeke? Cancelarán o programa? Que fai un xubinspector neste episodio? O futuro dos mekemekes pende dun fío. Como finalmente non recibiron a xubención é moi posíbel que acabe pechando o programa e este sexa o derradeiro programa.

Jun 13, 202345:08
#61 | De merendola (parte 2)

#61 | De merendola (parte 2)

Continuamos coa merenda que deixamos pendente no programa anterior. Se hai algo no que conflúe a gastronomía galega son as comidas familiares e todas as anécdotas que rodean estas festas.

Jun 06, 202333:18
#60 | De merendola (parte 1)

#60 | De merendola (parte 1)

De comilonas e comida vai o asunto. Neste programa os mekemekes mergúllanse no mundo gastrónomico coa axuda dos mekemekes máis seniors que hai dentro do exército. Recoméndase ter un bocadillo de nocilla ao lado para escoitar este episodio.

May 31, 202330:32
#59 | A festa da democracia

#59 | A festa da democracia

As galegas e galegos son chamados un ano máis ás urnas para escoller aos seus representantes políticos nos municipios. O que vén sendo carnaza para un programa con esencia mekemeke. Queda con nós para analizar o panorama político galego.

May 23, 202331:04
#58 | Premio Calidade Lingüística

#58 | Premio Calidade Lingüística

Chegou o ansiado día no que La Voz de Galicia ten a portada en galego ou no que na Radio Galega fan apoloxía da galegofobia. Si amiguiños e amiguiñas, é o Día das Letras Galegas, o día no que a todo o mundo se lle ocorre a palabra máis bonita da lingua de Rosalía... mais podes estar tranquilx, no exército mekemeke pasamos dese tipo de programas e reivindicamos a nosa lingua como se merece.

May 22, 202328:17
#57 | A universidá

#57 | A universidá

Neste programa de invesitgación analizamos a esa rara avis que habita as nosas cidades, maioritariamente as que teñen campus. Si estamos a falar dos universitarios!

May 09, 202333:28
#56 | O programa do proletariado

#56 | O programa do proletariado

Priviet, parroquia! Despois de un día de descanso proletario temos preparado un programa moi profesional sobre as profesións. Se estás decidindo en que embarcarte profesionalmente ou buscando un novo choio, este é o teu porgrama.

May 02, 202335:04
#55 | O medo

#55 | O medo

A valentía dos mekemekes é indiscutíbel! Mais é certo que algún medo a algunha cousa, sempre teñen. Se un elefante lle ten medo a un rato, porque os mekemekes non lle han ter medo, por exemplo... aos paiasos. De medo e outras cousas falaremos neste programa.

Apr 25, 202335:30
#54 | Somos xabaxeración

#54 | Somos xabaxeración

Unha tarde de verán, bocatas de nocilla e soando a sintonía de Gatocan. Quen non volvería a aqueles tempo? Unha programa que marcou á sociedade galega, na que milleiros de mozos e mozas se identifican como XABAXERACIÓN polo impacto que tivo o Xabarín Club neles e na súa cultura.

Un programa que tivo, non un gran papel, senón un fundamental papel normalizador do idioma na xente máis nova e sobre todo, naquelas crianzas que vivían en entornos urbanos.

Apr 18, 202336:11
#53 | Especial Shin Chan

#53 | Especial Shin Chan

Non podíamos deixar pasar unha data tan especial. En abril de 1992 emitise por primeira vez a serie de Shin Chan, aínda que é ben certo que a Galiza non chegou até setembro do 2002. Por esta razón os mekemekes dedicamos este programa especial a Shinnosuke Nohara lembrando os mellores momentos da serie que marcou a nosa infancia.

Apr 11, 202336:05
#52 | Tribos urbanas

#52 | Tribos urbanas

Punks, gamers, reggaetoneros, góticos, hippies, rockeiros, skaters,... seguro que pertences ou pertenciches a algunhas destas tribus urbanas. Os mekemekes analizan os grupos sociais da súa adolescencia e compáranos cos actuais. Os emos digievolucionaron en otakus? Descúbreo neste programa.

Apr 04, 202335:06
#51 | As subvencións

#51 | As subvencións

Como organización do mal que somos, estamos a traballar en pedir cartiños a través dunha boa subvención. Danos igual que sexa unha axuda dalgún fondo europeo ou dalgún fondo escuro da Deputación, danos igual, queremos carto do bo para seguir facendo o mal.

Con todos os papeis preparados, a Lidia en misión especial e coa colaboración de Xubención, a figura misteriosa que tramita todo ese papeleo. Arricanmos o programa cargados de optimismo para que nola aproben.

Mar 28, 202335:46
#50 | Malas decisións

#50 | Malas decisións

Escoitar este programa é clara-mente unha mala decisión que, como mekemekes, te animamos a tomar. As nosas vidas están cheas de boas e non tan boas decisións e diso falaremos neste quincuaxésimo programa, compartindo as experiencias dos e das mekemekes que nos seguides. Ademais como plus, poñeremos a proba a maldade nos nosos xenerais na toma de difíciles decisións.

Mar 21, 202336:27
#49 | Efecto Mandela

#49 | Efecto Mandela

Sabes esa sensación de que pensabas que unha movida foi dunha forma, mais en realidade nin de lonxe pasou. Pois moi resumidamente iso é o Efecto Mandela, un fenómeno que tratamos neste programa, destapando os que xa todo o mundo coñece, descubrindo os efecto mandela galegos e creando outros novos con moita maldade mekemeke.

Mar 14, 202334:54
#48 | Aqueles marabillosos 90s

#48 | Aqueles marabillosos 90s

ArtAttack, buscaminas, tamagotchis, estabilidade laboral,... como se subíramos no DeLorean de Back to the Future viaxamos até os 90s e repasamos todos aqueles trebellos que marcaron as nosas vidas. Retrocedemos 30 anos sentíndonos vellas e vellos e reafirmando a nosa identidade millennial.

Mar 07, 202339:37
#47 | Consultorio mekemeke

#47 | Consultorio mekemeke

Benvidas e benvidos ao consultorio de sabedoría mekemeke! Non prometemos encontra a solución aos problemas que nos traias, mais si que che aseguramos botar unha risas cos xenerais mekemekes. Neste programa resolvemos as consultas que nos envían os nosos máis fieis seguidores e seguidoras.

Anunciamos que en breve seguiremos facendo máis consultorios.

Feb 28, 202343:40
#46 | Improvisando

#46 | Improvisando

Sabes ese momento da vida no que tes que gravar dous programas seguidos por problemas técnicos/persoais e só tes un deles con guión? Pois basicamente isto é o que nos pasou neste programa. Así que con moito inxenio e ocurrencia tolas, fixemos un programa diferente que esperamos que vos guste.

Feb 21, 202332:40
#45 | San Valentín

#45 | San Valentín

Especial mekemeke polo día internacional do amoooore 💘 Se esteas sozinhx ou acompañadx, os mekemekes están contigo! É que o amor é algo "complexo" e intentando fuxir dun Firts Date con Carlos Sobera, repasamos as etapas que ten o namoramento e que culmina cada 14 de febreiro.

Feb 14, 202333:18
#44 | De quen ves sendo?

#44 | De quen ves sendo?

Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla, e imos falar... da familia! Un mundo complexo no que nos movemos e que en cada casa funciona dunha forma. Os mekemekes, que son unha familia, mergúllanse a través das anécdotas para describir as principais familias humildes e até as da realeza.

Feb 07, 202334:45
#43 | Programas míticos da galega

#43 | Programas míticos da galega

Pratos combinados, Mareas Vivas, o Supermartes, etc... son programas e series que marcaron a case todo o país. E como tal, os mekemekes traemos este tema ao programa para falarmos destes grandes títulos a través dun xogo no que tamén podes participar. 

Contamos neste programa cunha das voces que marcou a toda unha xeración. Estamos a falar do gran actor de dobraxe, Antón Rubal.

Jan 31, 202333:33
#42 | Imos xogar

#42 | Imos xogar

Que aos mekemekes lles gusta xogar, é unha afirmación que todo o mundo coñece, sobre todo, xogar a conquistar o mundo. Mais desta vez deixamos as aspiracións de dominación mundial a un lado para falar a que xogábamos cando éramos cativxs. Ademais contamos coa participación doutro mekemeke máis, falamos do actor de dobraxe, Antón Rubal, coñecido por poñer voz a Goku, Maxwell Sheffield ou Batman.

Jan 24, 202333:12
#41 | As fake news e os ciberanzós

#41 | As fake news e os ciberanzós

«Último programa mekemeke?» Este podería ser un clickbait, ou ciberanzó, perfecto para demostrar que estamos completamente rodeadas e rodeados de noticias falsas e de titulares que din unha cousa que despois de premer na ligazón, é outra máis distinta.

De fake news e ligazóns que van a onde non teñen que ir, falaremos neste programa mekemeke.

Jan 17, 202333:47
#40 | Os superpoderes

#40 | Os superpoderes

Quen nunca soñou con ter superpoderes. A idea de ter algunha habilidade sobrenatural sempre estivo no pensamento humano e neste programa tocamos este tema, evidentemente ao estilo mekemeke. Nin Marvel, nin Universo DC, aquí falamos dos superpoderes dos que ninguén fala. É un paxaro? É un avión? Non, son os mekemekes facendo outra vez das súas.

Jan 10, 202334:30
#39 | O antinadal

#39 | O antinadal

Que fermosas datas para compartir coa familia e achegados, felicidade e alegría, se non fose por... Xubigrinch!

Este tería que ter sido un programa de despedida de ano cargado de bos propósitos, risas e emocións encontradas, até que chegou o Xubigrinch que odio o Nadal e toda a alegría que o rodea. Convertendo este programa no máis antinadal que veredes nas vosas vidas.

Dec 20, 202232:36
#38 | O TikTok

#38 | O TikTok

Bailes, tendencias, challenge, vídeos de humor... isto e moito máis e o que podes encontrar en TikTok! E como non, tamén podes bater con algún vídeo dos mekemekes. E si, aos mekemekes gústanos mover o pandeiro e participar nas últimas tendencias, por esta razón estamos no TikTok resumíndovos cada programa.

Por esta razón, neste programa imos a falarvos desta plataforma molona de vídeos curtos que gran parte da xente emprega no seu día a día para crear contido e entreterse.


Dec 13, 202235:40
#37 | As excursións

#37 | As excursións

Bocata, un zume, chandal limpo e autorización na man. Así arrincamos este novo episodio mekemeke lembrando aquelas excursións que facíamos coa escola cando eramos cativxs. Sube ao autobús que te leva a descubrir as mellores excursións vividas polos mekemekes na súa infancia: a Domus da Coruña, a mítica viaxe de varios días ou o Estado Socialista que é Arzúa.

Dec 07, 202233:11
#36 | Vodas, bautizos e comuñóns

#36 | Vodas, bautizos e comuñóns

Estamos a piques de comezar o Nadal, mais hai outro fenómeno que comeza a deixarse ver por estas datas: as vodas, bautizos e comuñóns. Xa comezan a chegar os convites para estas celebracións para que vaias reservando o día na túa apretada axenda e acudas a celebralo cos teus seres queridos.

Quen nunca acudiu a estes eventos lúdico-sociais. Os mekemekes repasamos as festividades que marcaron a nosa vida relixiosa.

Nov 29, 202236:09
#35 | O pecado

#35 | O pecado

Pertencer ao exército mekemeke é un billete directo ao inferno. Por esta razón repasamos os pecados capitais que nos axudarán a chegar moito máis axiña, porque si, non podemos reprimir os nosos desexos en conquistar o mundo. E sabes o que hai máis pecaminoso que os mekemekes? Si, os Pitufos. Analizamos a obra do debuxante belga, Pierre Culliford, e a relación que ten coa Igrexa e os pecados. Así como un análise rápido e profundo dos pontífices máis chungos que houbo no Vaticano.

Ademais temos unha novidade que contarvos. A empresa de Toldos Gómez é o noso primeiro patrocinador e colaborador do programa.

Nov 22, 202232:51