Exército Mekemeke
By Sapo Vermello
Exército MekemekeDec 21, 2021
#86 | Priviet, parroquia!
Camarada! Únamonos na Internacional para liberar a todos os mekemekes oprimidos do mundo e facermos a revolución... ou polo menos intentalo.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#85 | Libros mekemekes prohibidos
Aproveitando que foi o Sant Jordi ou Día Mundial do Libro, mekemekes repasan os libros que máis lles marcaron ao longo das súas vidas e aqueles que estiveron prohibidos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#84 | Mercamos de segunda man
Saímos da noso agocho a mercar os trebellos máis tolos que hai de segunda man. Se a ti tamén che gusta remexer nas feiras e atopar auténticos tesouros este programa está feito para ti.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#83 | Non é "feísmo", é urbanismo riquiño
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#82 | Imos de bares
Patacas, empanada ou orella de porco, son algunha das tapas que che poderían ofrecer ao seguinte bar que vaias tomar algo. Pero que se agocha detrás da barra do bar? Descúbreo neste programa.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#81 | Sodes uns boomers
Cres que a música que escoitas é mellor que a actual? Non entendes gran parte das expresións que utiliza a rapazada? Que fácil é converterse nun boomer. Neste programa os mekemekes abriranche os ollos a unha verdade da que aínda non es consciente. Es da xeración velleniall! Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#80 | Hai un cuñado en ti
Non hai mellor aliado dos mekemekes nunha comida familiar que eses cuñados insufribles que no fondo, moi fondo, teñen bo corazón e intentan alegrar o día ao resto da familia dando guerra. Quen mellor para falar de relacións familiares e cuñados que Modesto (Fede Pérez).
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#79 | Os mekemekes na procura das bolas máxicas
Os mekemekes andan na procura das bolas máxicas para chamar ao dragón milagreiro eque lles conceda o seu maior desexo: conquistar toda Internet! Coa axuda do propio Goku (Antón Rubal) intentaran debullar os segredos que garda a obra do gran Akira Toriyama.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#78 | Mekemekes no medievo
Os mekemekes levan milenios existindo e son personaxes referentes da historia que case sempre acaban moi moi mal. Analizamos estemos momentos e figuras históricas que se atopan concretamente no medievo e o seu final mekemeke.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#77 | Como nos gusta turistear
Hai algo máis mekemeke que xentrificar o casco antigo dunha cidade ou privar do turismo a parte do sector económico dunha vila? Como lles gusta aos mekemeke colocarte nese mar de contradicións.
Sexas das persoas que van ás Illas Seychelles ou de mochileira facendo o Camiño de Santiago, este programa está feito para ti.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#76 | Resacón da Gala Youtubeiras
Vaia montaña rusa de emocións foi esta fin de semana de febreiro! Os mekemekes quedaron co cu cara arriba despois de todo o vivido e como non puido ser doutra maneira, rematou da forma máis mekemeke.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#75 | Facemos historia con Ana Pontón
Galiza está vivindo un momento político que nunca se viu antes e como non podía ser doutra maneira, os mekemekes adéntranse na política galega da man de Ana Pontón. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#74 | Amarres e outros meigallos
Se che romperon algunha vez o corazón 💔 sabes o que é sentirse mekemeke, pero para eses problemas traémosvos as solucións. Que hai máis galego que botar un bo meigallo para amarrar a alguén e telo ou tela prendida de ti para toda a vida.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#73 | Imos de rebaixas
Ser mekemeke é aproveitar o ofertón que se fan polas rebaixas e darte conta despois de que é o mesmo prezo que hai meses... 🥲 se o capitalismo corre polas túas veas e es capaz de atinar o prezo de calquera produto, este programa está feito para ti.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#72 | Xabaxeración
Agarra forte o teu bocata de xamón curado porque vai comezar un programa que te levará a unha época que marcou a toda unha xeración de cativas e cativos que sentaba diante do televisión para ver o Xabarín Club.
Repasa con nós a vida do porco bravo, que este ano fai 30 anos, as series favoritas, seccións esquecidas e como non, os temazos que soaban cada día.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#71 | Terraplanistas, reptilianos e o monstruo spaghetti
Que hai máis mekemeke que alabar a un mosntruo que é un spaghetti voador. Neste programa non ficamos caladxs e sacamos á luz as maiores conspiracións mundiais que están de modiña.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#70 | Cibercarrachas
Que mellor forma de comezar o ano que falar das cibercarrachas que nos atopamos nas redes sociais. Son tremendas! Con tal de engancharse da fama que dá o Interné, fan o que faga falla.
Se algunha vez lidiaches con este bicho, este programa é para ti 🪲
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#69 | Adiviñamos o número da lotaría de Nadal
Estamos falando completamente en serio! Trouxemos a un convidado que é capaz de adiviñar cal vai ser o número premiado da lotaría de Nadal, e non, non é Anthony Blake.
Garda ese anaco de turrón e abre ben as orellas porque como cada ano, énchenos de orgullo e satisfacción, traervos un programa especial de Nadal 🎄✨
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#68 | Son máis que amizades
Ains, que faríamos se esas amizades, coas que pasábamos ás horas... recordamos eses tipo de amigos e amigas que nos marcaron nas nosas vidas ou que nos chegaron a facer tilín, cando tíñamos as hormonas revolucionadas.
Pódese medir unha amizade? É posíbel xuntar a psicoloxía das relacións e a orticultura? Claro, descúbreo neste programa.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#67 | Facemos tolear a ChatGPT
Os avances tecnolóxicos nos útlimos anos son sorprendentes! O tráiler do GTA VI déixanos pampos e preguntámonos até onde pode chegar o realismo nas máquinas.
Como bos mekemekes intentamos trolear da mellor maneira á Intelixencia Artificial que está en boca de todo o mundo. O que pasa a continuación, deixarate sen palabras.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#66 | Montamos unha foliada con De Ninghures
Todo o mundo escoitou falar algunha vez da foliada da Fonsagrada e aproveitando que se vai celebrar neste mes de decembro, no Exército Mekemeke quixemos facer algo semellante.
Que mellor maneira de rematar o ano que cunha boa foliada! Para iso contamos coas mellores expertas no tema: De Ninghures 🎶
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#65 | Voltamos á escola
Como un workbook, os mekemekes regresan para repasar os mellores momentos do paso pola escola: merendas, patio, profes, etc. E como non, os castigos. Ai, tamén hai algunha que outra sorpresiña!
▶️ Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#64 | Preparámonos para a fin do mundo
O mundo está que arde 🔥 Semella que se achega a fin do mundo e estamos ás portas dun apocalipse. Repasamos posíbeis apocalipses cos mekemekes e como preparármonos como uns bos "prepers" para aguantar até o fin dos nosos días.
▶️ Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#63 | Imos de verbena con Pili Pampín
Arrincamos coa terceira tempada mekemeke e que mellor maneira de comezar que contar coa presenza de Pili Pampín 💃 para falar de verbenas, comisións de festas e as mellores orquestras do país.
Únete a esta lexión de mekemekes que queren conquistar o mundo con cubata en man e bailando as mellores pezas de calquera sesión vermú.
▶️ Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#62 | Xubinspección
Haberá terceira tempada do exército mekemeke? Cancelarán o programa? Que fai un xubinspector neste episodio? O futuro dos mekemekes pende dun fío. Como finalmente non recibiron a xubención é moi posíbel que acabe pechando o programa e este sexa o derradeiro programa.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#61 | De merendola (parte 2)
Continuamos coa merenda que deixamos pendente no programa anterior. Se hai algo no que conflúe a gastronomía galega son as comidas familiares e todas as anécdotas que rodean estas festas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#60 | De merendola (parte 1)
De comilonas e comida vai o asunto. Neste programa os mekemekes mergúllanse no mundo gastrónomico coa axuda dos mekemekes máis seniors que hai dentro do exército. Recoméndase ter un bocadillo de nocilla ao lado para escoitar este episodio.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#59 | A festa da democracia
As galegas e galegos son chamados un ano máis ás urnas para escoller aos seus representantes políticos nos municipios. O que vén sendo carnaza para un programa con esencia mekemeke. Queda con nós para analizar o panorama político galego.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#58 | Premio Calidade Lingüística
Chegou o ansiado día no que La Voz de Galicia ten a portada en galego ou no que na Radio Galega fan apoloxía da galegofobia. Si amiguiños e amiguiñas, é o Día das Letras Galegas, o día no que a todo o mundo se lle ocorre a palabra máis bonita da lingua de Rosalía... mais podes estar tranquilx, no exército mekemeke pasamos dese tipo de programas e reivindicamos a nosa lingua como se merece.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#57 | A universidá
Neste programa de invesitgación analizamos a esa rara avis que habita as nosas cidades, maioritariamente as que teñen campus. Si estamos a falar dos universitarios!
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#56 | O programa do proletariado
Priviet, parroquia! Despois de un día de descanso proletario temos preparado un programa moi profesional sobre as profesións. Se estás decidindo en que embarcarte profesionalmente ou buscando un novo choio, este é o teu porgrama.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#55 | O medo
A valentía dos mekemekes é indiscutíbel! Mais é certo que algún medo a algunha cousa, sempre teñen. Se un elefante lle ten medo a un rato, porque os mekemekes non lle han ter medo, por exemplo... aos paiasos. De medo e outras cousas falaremos neste programa.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#54 | Somos xabaxeración
Unha tarde de verán, bocatas de nocilla e soando a sintonía de Gatocan. Quen non volvería a aqueles tempo? Unha programa que marcou á sociedade galega, na que milleiros de mozos e mozas se identifican como XABAXERACIÓN polo impacto que tivo o Xabarín Club neles e na súa cultura.
Un programa que tivo, non un gran papel, senón un fundamental papel normalizador do idioma na xente máis nova e sobre todo, naquelas crianzas que vivían en entornos urbanos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#53 | Especial Shin Chan
Non podíamos deixar pasar unha data tan especial. En abril de 1992 emitise por primeira vez a serie de Shin Chan, aínda que é ben certo que a Galiza non chegou até setembro do 2002. Por esta razón os mekemekes dedicamos este programa especial a Shinnosuke Nohara lembrando os mellores momentos da serie que marcou a nosa infancia.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#52 | Tribos urbanas
Punks, gamers, reggaetoneros, góticos, hippies, rockeiros, skaters,... seguro que pertences ou pertenciches a algunhas destas tribus urbanas. Os mekemekes analizan os grupos sociais da súa adolescencia e compáranos cos actuais. Os emos digievolucionaron en otakus?
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#51 | As subvencións
Como organización do mal que somos, estamos a traballar en pedir cartiños a través dunha boa subvención. Danos igual que sexa unha axuda dalgún fondo europeo ou dalgún fondo escuro da Deputación, danos igual, queremos carto do bo para seguir facendo o mal.
Con todos os papeis preparados, a Lidia en misión especial e coa colaboración de Xubención, a figura misteriosa que tramita todo ese papeleo. Arricanmos o programa cargados de optimismo para que nola aproben.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#50 | Malas decisións
Escoitar este programa é clara-mente unha mala decisión que, como mekemekes, te animamos a tomar. As nosas vidas están cheas de boas e non tan boas decisións e diso falaremos neste quincuaxésimo programa, compartindo as experiencias dos e das mekemekes que nos seguides. Ademais como plus, poñeremos a proba a maldade nos nosos xenerais na toma de difíciles decisións.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#49 | Efecto Mandela
Sabes esa sensación de que pensabas que unha movida foi dunha forma, mais en realidade nin de lonxe pasou. Pois moi resumidamente iso é o Efecto Mandela, un fenómeno que tratamos neste programa, destapando os que xa todo o mundo coñece, descubrindo os efecto mandela galegos e creando outros novos con moita maldade mekemeke.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#48 | Aqueles marabillosos 90s
ArtAttack, buscaminas, tamagotchis, estabilidade laboral,... como se subíramos no DeLorean de Back to the Future viaxamos até os 90s e repasamos todos aqueles trebellos que marcaron as nosas vidas. Retrocedemos 30 anos sentíndonos vellas e vellos e reafirmando a nosa identidade millennial.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#47 | Consultorio mekemeke
Benvidas e benvidos ao consultorio de sabedoría mekemeke! Non prometemos encontra a solución aos problemas que nos traias, mais si que che aseguramos botar unha risas cos xenerais mekemekes. Neste programa resolvemos as consultas que nos envían os nosos máis fieis seguidores e seguidoras.
Anunciamos que en breve seguiremos facendo máis consultorios.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#46 | Improvisando
Sabes ese momento da vida no que tes que gravar dous programas seguidos por problemas técnicos/persoais e só tes un deles con guión? Pois basicamente isto é o que nos pasou neste programa. Así que con moito inxenio e ocurrencia tolas, fixemos un programa diferente que esperamos que vos guste.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#45 | San Valentín
Especial mekemeke polo día internacional do amoooore 💘 Se esteas sozinhx ou acompañadx, os mekemekes están contigo! É que o amor é algo "complexo" e intentando fuxir dun Firts Date con Carlos Sobera, repasamos as etapas que ten o namoramento e que culmina cada 14 de febreiro.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#44 | De quen ves sendo?
Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla, e imos falar... da familia! Un mundo complexo no que nos movemos e que en cada casa funciona dunha forma. Os mekemekes, que son unha familia, mergúllanse a través das anécdotas para describir as principais familias humildes e até as da realeza.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#43 | Programas míticos da galega
Pratos combinados, Mareas Vivas, o Supermartes, etc... son programas e series que marcaron a case todo o país. E como tal, os mekemekes traemos este tema ao programa para falarmos destes grandes títulos a través dun xogo no que tamén podes participar.
Contamos neste programa cunha das voces que marcou a toda unha xeración. Estamos a falar do gran actor de dobraxe, Antón Rubal.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#42 | Imos xogar
Que aos mekemekes lles gusta xogar, é unha afirmación que todo o mundo coñece, sobre todo, xogar a conquistar o mundo. Mais desta vez deixamos as aspiracións de dominación mundial a un lado para falar a que xogábamos cando éramos cativxs. Ademais contamos coa participación doutro mekemeke máis, falamos do actor de dobraxe, Antón Rubal, coñecido por poñer voz a Goku, Maxwell Sheffield ou Batman.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#41 | As fake news e os ciberanzós
«Último programa mekemeke?» Este podería ser un clickbait, ou ciberanzó, perfecto para demostrar que estamos completamente rodeadas e rodeados de noticias falsas e de titulares que din unha cousa que despois de premer na ligazón, é outra máis distinta.
De fake news e ligazóns que van a onde non teñen que ir, falaremos neste programa mekemeke.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#40 | Os superpoderes
Quen nunca soñou con ter superpoderes. A idea de ter algunha habilidade sobrenatural sempre estivo no pensamento humano e neste programa tocamos este tema, evidentemente ao estilo mekemeke. Nin Marvel, nin Universo DC, aquí falamos dos superpoderes dos que ninguén fala. É un paxaro? É un avión? Non, son os mekemekes facendo outra vez das súas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#39 | O antinadal
Que fermosas datas para compartir coa familia e achegados, felicidade e alegría, se non fose por... Xubigrinch!
Este tería que ter sido un programa de despedida de ano cargado de bos propósitos, risas e emocións encontradas, até que chegou o Xubigrinch que odio o Nadal e toda a alegría que o rodea. Convertendo este programa no máis antinadal que veredes nas vosas vidas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#38 | O TikTok
Bailes, tendencias, challenge, vídeos de humor... isto e moito máis e o que podes encontrar en TikTok! E como non, tamén podes bater con algún vídeo dos mekemekes. E si, aos mekemekes gústanos mover o pandeiro e participar nas últimas tendencias, por esta razón estamos no TikTok resumíndovos cada programa.
Por esta razón, neste programa imos a falarvos desta plataforma molona de vídeos curtos que gran parte da xente emprega no seu día a día para crear contido e entreterse.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
#37 | As excursións
Bocata, un zume, chandal limpo e autorización na man. Así arrincamos este novo episodio mekemeke lembrando aquelas excursións que facíamos coa escola cando eramos cativxs.
Sube ao autobús que te leva a descubrir as mellores excursións vividas polos mekemekes na súa infancia: a Domus da Coruña, a mítica viaxe de varios días ou o Estado Socialista que é Arzúa.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.