Skip to main content
Oíches?

Oíches?

By Podgalego

Oíches? é o podcast oficial de Podgalego, a comunidade de podcasts en galego.
Promoción de podcasts e conversas arredor do podcasting.
Available on
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
Pocket Casts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

Oíches? 009/Sesión InterPlay 2022

Oíches?May 18, 2022

00:00
46:01
Oíches? 009/Sesión InterPlay 2022
May 18, 202246:01
Oíches? 008/Diáspora Connection

Oíches? 008/Diáspora Connection

Moitas veces, estando migrantes, xurde en nós a necesidade de tender unha ponte coa terra e un xeito de facelo é producir un podcast en galego.

Para contarnos a súa experiencia están hoxe connosco: Silvio Falcón (@carallobueno), María Sabarís (@ForadeMapa), Carlos Barros (@LondonMadrina) e tamén a nosa querida compañeira Cristina Terceiro (@viaxantas). Están lonxe, espallados pola Europa, mais ao mesmo tempo moi preto.

00:00 Anteriormente en...
00:40 Inicio
01:17 Benvidas
02:24 Presentación dos proxectos
05:45 Que vos levou a facer un podcast en galego desde a diáspora?
12:36 Morriña ou pandemia?
20:10 Audiencias "locais"?
25:00 A conexión coa comunidade
32:44 O "bisté": Bueno Carallo Bueno vs Mimadriña!
35:45 Novas entradas no directorio
36:13 Consultorio técnico
40:56 Os podcásts recomendados
48:12 Off the record

Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
Consultorio técnico: Jorge Lama (@raivenra).

Aviso: Obviamente, non publicamos a "cousa secreta" que María nos contou off the record, é todo unha montaxe para facer risa.

Créditos:
Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY),Sintonía Consultorio (Local Forecast - Slower, de Kevin MacLeod, Simplified Filmmusic.io Standard License), recursos sonoros do consultorio (Arquivo sonoro da BBC, BBC’s Content Licence for RemArc).

Mar 02, 202250:15
Oíches? 007/Cartos! Cartos! Cartos!

Oíches? 007/Cartos! Cartos! Cartos!

Unha das cousas que interesa a algunha da xente que fai podcásts é como facer cartos con iso.

Para resolver esta cuestión falamos con Duarte Romero (@TeConGotas), Carme D. Prol (@cafederby21) e Sergio Pascual (@labderadio) para que nos contasen dos seus "modelos de negocio". Mais non conformes con iso, tamén quixemos consultar cun experto en márketing dixital para que nos explicase que xeitos hai de monetizar e que nos dese algún bo consello: Rubén Bastón (@rubenbaston).

00:16 Inicio
01:02 Presentación de persoas convidadas
13:28 Debate
35:02 Entrevista a Rubén Bastón
1:08:47 Novas entradas no directorio
1:10:01 Consultorio técnico
1:15:09 Podcasts recomendados
1:20:00 Despedida
1:21:14 Off the record

Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
Consultorio técnico: Jorge Lama (@raivenra).

Feb 02, 202201:21:51
Oíches? 006/Que facemos mal?
Jan 10, 202201:18:33
Oíches? 005/Medios e podcasting
Nov 26, 202101:28:46
Oíches? 004/Voces novas, novos medios
Oct 31, 202101:13:45
Oíches? 003/15 anos de Podgalego
Sep 30, 202101:15:55
Oíches? 002/Mulleres e podcasting, podcasting e mulleres

Oíches? 002/Mulleres e podcasting, podcasting e mulleres

Neste segundo programa debatemos sobre o papel das mulleres no podcasting en galego. Os inicios, os "silencios", e as novas voces que entran con xiria. Mulleres opinando forte, crema de avelás caseira, "muteos" accidentais e moito máis con: Sara Martínez (As Womansplainers), Miriam Couceiro (A ollada violeta), Raquel Besteiro (A Lareira).

Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas), Uxío Broullón (areias:sonoras e C'mmons baby!) e o "bolseiro" Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira).

Fe de erros:

  • O primeiro podcast en galego feito por unha muller foi apenas 2 meses despois do primeiro, non 3 como se di no programa.
  • As entradas no noso directorio son as de xuño, non xullo.

#podgalego #podcasting #mulleres #opodcastédelas

Jul 14, 202101:21:25
Oíches? 001/Das radios libres ao podcasting

Oíches? 001/Das radios libres ao podcasting

Primeira edición de Oíches?, o podcast oficial de Podgalego. Neste programa falamos con Pepe Cunha (@abretedeorellas) e Mariano Fernández (@CuacFM) sobre as radios libres comunitarias e a súa simbiose co podcasting.

Fixemos a gravación nun spaces de Twitter que, vista a cantidade de problemas técnicos e de son que tivemos (pedimos desculpas), é un método que non imos empregar máis. O que si imos seguir facendo é falar coa chea de bos podcasts en galego que hai no noso directorio.

Jun 10, 202101:10:03