Skip to main content
o que nos queda x contar

o que nos queda x contar

By o que nos queda x contar

dous 'zetas' que teñen moito que contar sobre temas [traumas] dos que pouco se fala.
Currently playing episode

sobre volver a empezar e a independencia intermitente

o que nos queda x contarOct 01, 2022

00:00
46:03
sobre estar preparadas con MEIGA-I

sobre estar preparadas con MEIGA-I

este sábado viaxamos ao mundo da fantasía galega creado pola nosa convidada, Meiga-i, para cuestionarnos se estamos preparadas. preparadas ou non, falamos sobre unha morea de temas como as novas tecnoloxías, a fama e os ‘nepo baby’, a asociación persoa-personaxe por parte da xente...toleamos un pouco-demasiado, pero tamén aprendemos coas notas que nos trouxo Meiga-i sobre ‘Fálame de San Sadurniño’ (proxecto que xunta o galego, o audiovisual e as novas tecnoloxías) e Manuela Trasobares, a primeira concelleira trans en España. para rematar o programa, sometemos a Meiga-i nunha proba de ‘acting’ na que amosa ser unha verdadeira mocatriz mediante frases da cultura pop galega.

non trouxo pandeireta, pero fixo (e fará) ruído dabondo!

Mar 25, 202301:02:21
sobre gardar e esquecer con FAIADO PODCAST

sobre gardar e esquecer con FAIADO PODCAST

rapazada, este sábado volvemos cun episodio acompañadas de compañeiras da facultade. estamos acompañadas con parte do marabilloso Faiado Podcast para facer o ‘crossover’ que queres, o que ti queres. baixamos a Leila Fernández e Claudia Taboada do faiado para preguntarlle sobre algo que é propio deste lugar da casa. conversamos sobre gardar e esquecer, e aproveitamos que Leila é 4ª de Galicia en temas de filosofía para divagar máis en profundidade. se foramos personaxes de Disney Channel esta xuntanza non sabemos se salvaría o mundo do cambio climático, pero sería unha fusión ben divertida.

Mar 11, 202346:48
sobre vivir en directo con RODRI MÍGUEZ

sobre vivir en directo con RODRI MÍGUEZ

aquí estamos outro sábado de contar cousas. desta volta contamos con Rodri Míguez para parecernos un pouco a Demi Lovato e aos que coñecemos o nome dos Jonas Brothers. falamos de todo e tamén rexoubamos a moreas. falamos sobre vivir en directo en moitas situacións da vida e tamén sobre ser espectador que, ás veces, case é necesario. polo medio tamén aparecen temas como o caprichosa que é a xente, a primeira crush de Rodri, o primeiro e último casting de OT de Andrea, clubes sobre Glee e a precariedade do xornalismo, especialmente, especializado. esperemos que este podcast, igual que a música, amanse ás feras. 

Feb 25, 202301:06:29
sobre as primeiras veces con SICA ROMERO

sobre as primeiras veces con SICA ROMERO

volvemos con tempada nova e tamén cunha nova concepción da relación nun mes tan ideal como febreiro. abrimos horizontes para poder conversar con personalidades e creadoras de contido en galego. a escritora Sica Romero é a primeira en probar este ‘mènage a trois’ na que xa comeza a haber avelaíñas pululando por aí. este sábado, sabadete conversamos sobre as primeiras veces en determinadas situacións como o amor, a escritura, a saúde mental, as viaxes… abrimos a relación e tamén o corazón para falar sobre aquelas cuestións que preocupan e afectan a toda unha xeración.

Feb 11, 202301:05:54
sobre as despedidas e a fin das cousas

sobre as despedidas e a fin das cousas

rapazada, todo principio ten unha fin. neste episodio poñemos punto e final á primeira tempada deste podcast que tantas alegrías nos ocasionou. despedímonos falando sobre as despedidas, a fin de ano e, especialmente, a fin das cousas. o tempo pasa, pero tamén pesa. todo isto acompañado de tanto sentimento que algunha bágoa derramamos no proceso. soamente nos queda agradecer todo o cariño recibido e todas as mensaxes de apoio e amor. nos xa contamos moito, agora é o voso momento. gustaríanos escoitar o moito que tendes que dicir. lembrade que ninguén pode quitarvos o máis importante que tendes: a voz.

con amor e cariño,

Raúl e Andy.

Dec 17, 202255:35
sobre querer soñar e non espertar xamais

sobre querer soñar e non espertar xamais

boas, boas…como diría Lina Morgan, agradecidas e emocionadas soamente podemos dicir grazas por vir. este episodio facémolo dende as nubes para falar de soños, propósitos e aspiracións. non sei se quitamos algo en claro, pero o que podemos dicir é que ninguén vos baixe das nubes. nunca. polo medio do episodio tamén criticamos ao plan de estudos da carreira de xornalismo, porque falar de traumas sempre se nos deu demasiado ben. que desfrutedes deste penúltimo epi da tempada dende as nubes. que soñedes moito!

Nov 26, 202249:40
sobre os tristes anos vinte

sobre os tristes anos vinte

un sábado máis volvemos co podcast que queres, o que ti queres. neste episodio poñémonos intensitas para falar do paso do tempo e de crecer. cuestionamos moitas cousas e facemos fincapé no proceso de transición de ‘teenager’ a adulto. ser ‘teenager’ é un tempo que se lle esgota a Raúl. non nos cansamos de dicir que a xente nova ten moito que dicir e neste capítulo non ía ser menos. criticamos a unha sociedade que non lle gusta que a xente triunfe antes dos 30, e moito menos se es muller ou parte dun colectivo minoritario. en definitiva, gústanos criticar sen deixar monicreque sen cabeza. como diría Amaia: benvidos ao ‘show’.

Nov 12, 202248:34
sobre ser 'scary' ou morrer de risa

sobre ser 'scary' ou morrer de risa

este sábado disfrazámonos ben elegantes e acordes coa ‘spooky season’ para falar sen ningún tipo de vergoña de todo os medos que nos paralizan e o ‘cringe’ que nos acompaña dende cativos. ademais, cuestionamos as películas de medo e poñemos sobre a mesa experiencias paranormais que atravesamos nas nosas vidas pouco normais. tamén xogamos a estar no medio dunha apocalipse ‘zombie’ xunto a un montón de personalidades galegas. a quen salvaremos, con quen manteremos unha relación apocalíptica e con quen formaremos equipo? de medo igual non morredes, pero de risa...quizais.

Oct 29, 202251:17
sobre o loito por un amor que non foi

sobre o loito por un amor que non foi

estamos de volta e máis intensas que nunca para falar sobre o amor aínda que non sexa catorce de febreiro. porén, falamos máis ben sobre o proceso de loito que unha persoa atravesa por aquel amor non correspondido. ás veces tamén temos que chorar por aquilo que non comezou, verdade? ademais, tamén haberá espazo para conversar sobre o amor propio, o máis importante e complicado de coidar. isto vai con amor e cariño, sempre.

Oct 15, 202249:17
sobre volver a empezar e a independencia intermitente

sobre volver a empezar e a independencia intermitente

xa despegamos, non hai máis pilotos. neste programa falamos sobre volver a empezar, saber acabar e independizarse a medias. tamén nos poñemos un pouco nostálxicos para mirar cara ao pasado e cara ao futuro, ainda que non houbo lágrimas [por agora]. para acabar, prometemos durar máis que o podcast de Risto Mejide e Laura Escanes.


Oct 01, 202246:03
piloto: sobre ser o grinch en verán

piloto: sobre ser o grinch en verán

se nos fai falta unha presentación aquí tendes un programa piloto ao máis puro estilo americano sobre dous "zetas" con cousiñas x contar. neste programa afondaremos sobre a mentira que é o verán, a explotación laboral e a infancia perdida. se vos gustou, quizais ata haxa máis programas sen ter que chamarse "piloto".

Sep 14, 202253:32