AoLesteDoNorte
By AoLesteDoNorte
AoLesteDoNorteApr 22, 2023
Weihnachten
Nestas datas tan sinaladas, congratúlame falar do Nadal en Alemaña
Die Benz
Viñan de mundos moi distintos. Coñecéronse e casaron. Pasaron penurias e chegaron ao éxito. O matrimonio de Carl e Bertha, os Benz, deron ao mundo 5 fillos e unha revolución na movilidade que cambiou planeta. Falamos hoxe do primeiro automóbil da historia.
Bildungswesen
U-Boot
Na Galiza cando se fala da segunda guerra mundial téndese a falar soamente das minas de Wolframio. É unha historia moi interesante mais compre non esquecer que tamén hai moitas outras. Os nosos devanceiros sufriron de varios modos esta guerra horrible e na súa historia tamén están as da nosa terra.
Falamos dunha desas historias case perdidas. Falamos de dous submarinos alemáns que chegaron ata os nosos mares.
Wein
O viño é un cultivo tan tradicional e histórico no país coma pode ser a cervexa e ten unha cultura propia que se remonta milenios cara atrás. Hoxe imos falar do viño e dos alemáns pra os que o viño é a súa forma de ver o mundo. Achegámonos así á súa vida e historia.
Flucht und Vertreibung
Hoxe toca un podcast duro. Falamos dun capítulo histórico que axuda a entender unha parte da Alemaña actual. Quizáis esta historia non é pra todo o mundo mais penso que precisa ser contada. O que hoxe coñecemos como Alemaña é soamente unha parte do que foi e todos estes reaxustes de mapas son consecuencia dun dos capítulos máis escuros e tristes da historia do continente Europeo.
Falamos hoxe da fuxida e expulsión dos alemáns dos territorios do leste e sueste de Europa despois da Segunda Guerra Mundial.
Binnenschiffe
Se visitades algunha das moitas cidades alemás á beira dun gran río, é probable que vexades grandes barcos de mercancías e mesmo cruceiros. Son algo ao que non estamos acostumados na Galiza e hoxe imos falar deste mundo de canles, ríos e portos a centos de quilómetros do mar.
Sprache
É a lingua materna de 130 millóns de persoas no mundo e non se podería enterder Alemaña sen ela. Neste episodio imos falar deste idioma dende diferentes perspectivas.
Zehn
Este capítulo fai o número 10 do podcast e trae tres listas que falan do malo, diferente e bo que un galego calquera atopa segundo pasa anos en Alemaña.
Kernkraft
Alemaña é un dos países do mundo que máis contribuiu ao descubrimento e desenrolo da enerxía nuclear. Esta fonte de enerxía ten unha longa historia con momentos doces e amargos. Actualmente o seu futuro no país é moi incerto por mor dunha conxunción de circunstancias. Hoxe imos tentar explicar a través da súa historia o porque destas idas e vidas nas que se está a decidir o futuro enerxético do país.
Die Weihnachtsgans Auguste
Hoxe toca un conto de Nadal, a historia de Augusto, un ganso moi particular que nos trouxo a imaxinación de Friedrich Wolf.
Deutschlandlied
Coma case todos os países do mundo, Alemaña ten un himno e o himno ten unha historia. Comezou sendo unha versión doutra canción, gañou popularidade, logo foi manipulado, recortado e así chegou aos nosos días nos que semella que por fin atopou a súa forma. Hoxe imos acompañalo a través da historia de Alemaña dende o seu nacemento ata o momento actual.
Glaube
Europa é un continente marcado históricamente polo cristianismo. Nos nosos días vivimos o aumento doutras relixións como o islám que chega cos fluxos migratorios ao tempo que as igrexas tradicionais perden crentes e peso na sociedade. Alemaña non é allea a estes movemento es hoxe imos falar máis de preto de como é a situación relixiosa no país.
Urlaub
Falamos das vacacións dos alemáns e dos seus destinos es actividades favoritas.
Länder
Facemos unha viaxe polos 16 Länder que conforman a República Federal de Alemaña.
Angela Merkel
Durante as últimas dúas décadas Angela Merkel foi unha das líderes máis destacadas do planeta. Despois de 16 anos como Chanceler de Alemaña deixará o seu posto e a política activa este ano 2021.
Hoxe imos repasar a vida e obra da muller que rexiu o destino de Alemaña, controlou o de Europa e influiu no do mundo no que levamos de século XXI
Autobahn
Falamos da rede de autoestradas de Alemaña. Mitos, curiosidades e verdades
Wandergesellen
Falamos sobre os Wanderjahre e os Wandergesellen. Unha viaxe dende o Medievo ata os nosos días