Cultura a todas Luzes
By Luzes
Trátase dun espazo lúdico para difundir ás diferentes manifestacións da cultura galega: teatro, danza, música, literatura, artes plásticas, etc.
Cultura a todas LuzesJan 24, 2023
CTL 38: Revista Néboa
Neste programa temos con nós a dúas das tres compoñentes dunha nova revista sobre cultura galega: Néboa. As súas artífices son María Maronho, Tatiana B.R e María González. Falamos con elas sobre inquetudes, gustos culturais…e moito máis!
https://revistaneboa.wordpress.com/
CTL 37: Sara Sanz
Actriz coruñesa. Estivo nos últimos anos en series como “Fariña”, “La Unidad”, “O Sabor das Margaridas”, “As Leis de Santos”…charlamos con ela sobre o seus procesos de traballos, os comezos no teatro, a estabilidade da profesión…e moito máis.
CTL 36: Jose Turvegal
Temos con nós ó creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!
CTL 35: 40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño
Temos unha entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático. Charlamos do proceso, as claves da peza, o casting…non podedes perdelo! Estrean o 11 de abril.
CTL 34: 40 Aniversario do CDG: Fran Nuñez e Roberto Casal
Temos a dous invitados con nós, mais esta vez por separado. Si unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. Fran Nuñez, director do CDG, cóntanos dos plans que ten o centro para os próximos meses. Roberto Casal, membro da compañía Teatro ó Cubo, fálanos do espectáculo “De Vilatriste a Vilalegre”, que percorrerá a xeografía galega cunhas case cen funcións.
CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí
Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Comic. Temos con nós ós creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente e editada por Galaxia: “Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos...”
CTL 32: Bruno Arias
O cineasta vigués, nominado nos últimos Mestre Mateo polo documental “Os espazos en branco”, cóntanos da experiencia de falar da súa tía Xela Arias. Anteriormente participou en proxectos como a curtametraxe Na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2023) ou os videoclips Glass (Xaime Miranda, 2023) e Fotos (Bruno Arias, 2023), e mais en series web e programas de televisión. É parte do colectivo Memoria e Cinema, co que desenvolve varios proxectos desde diversos lugares do proceso creativo.
CTL 31: Sara Vila e Tensi Gesteira
Temos con nós á escritora Sara Vila e á creadora de contido Tensi Gesteira (@lecturafilia ). Aproveitamos este encontro para charlar sobre o libro de Sara “Oito días sen Eva Cortes”. E, xa de paso, moitas outras cousas máis. Iso si, moita literatura e xornalismo.
CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual
David e Alex Penabade fundaron en 2007 Adarme Visual en Vigo. Falamos con el de “Ollar, Escolma de Fotografía Galega Contemporánea”. Son unha serie de documentais monográficos con fotógrafos galegos. Nesta primeira selección, xa que agardan facer máis, están: Manuel Sendón, Eva Díez, Javier Teniente, Raquel Calviño e Miguel Vidal.
CTL 29: Gala Dacosta
Di de si mesma: “Son unha xornalista con inquedanzas, motivación e vea creativa. Na miña experiencia procuro observar, decodificar e comunicar o que acontece ao meu redor prestando atención á boa escrita e á veracidade, sempre con ollada crítica. A curiosidade lévame a seguir explorando e analizando a actualidade, especialmente nas cuestións sociais, na esfera dixital e poñendo o foco sobre os distintos sectores da cultura.”
CTL 28: Academia do Teatro Galego
Membros da Academia do Teatro cóntannos dos proxectos que foron presentar ó CulturGal. Observatorio do Teatro Galego, un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega que está a ser dirixido polo Prof. Dr. Carlos Caetano Biscainho-Fernandes. Máis recentemente a academia tamén ven de colaborar na creación dunha base de datos online (https://rptg.gal/proxecto ) para recuperar o patrimonio teatral de Galiza entre 1936 e 1973.
CTL 27: Celso Fernández Sanmartín
Di de si mesmo: Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela. Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais. Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores. Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade. De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral.
Son poeta
CTL 26: As mulleres da conserva de Matria
Matria, de Álvaro Gago, está presente nos últimos Premios Goya. Tivemos o pracer de poder charlar coas mulleres da conserva que saen na película e, especialmente, coa protagonista do que foi a curtametraxe e persoa na que está baseado o filme: Francis. Acompañádenos nesta charla chea de anécdotas, bromas, alegría e tamén reflexións moi necesarias. Álvaro estivo presente tamén. Tremenda experiencia.
CTL 25: Desexo, de Talía Teatro
Temos con nós á compañía Talía Teatro, que veñen a falarnos dun proxecto moi interesante. Un proceso de investigación e posterior espectáculo sobre o uso da pornografía na adolescencia. Estarán en seis centros de secundaria facendo Teatro Foro cos alumnos, o que se traducirá nun espectáculo que se vai estrear este maio de 2024.
CTL 24: Felipe Lage
Felipe Lage é director de Zeitun Films e presidente da AGAPI (Asociación Galega de Productoras Independientes) chega ó noso programa para falar do filme Miguel’s War (2021), pero tamén da súa traxectoria con filmes de autor como os do seu irmán Oliver Laxe ou Lois Patiño.
CTL 23: Leticia Rey
Leticia Rey, nacida en Vila de Cruces (Pontevedra), e adoptada recentemente por A Coruña, inicia os seus estudos musicais ós 11 anos, debutando coa teoría musical e piano, continuando con guitarra e armonía. En 2022 saca Lux, o seu primeiro disco, do que falaremos detidamente con ela.
CTL 22: Fernando Castro Paredes
Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Charlamos con el do seu último libro Entomoloxía para misioneiros.
CTL 21: Noa Presas
Visita o noso programa por primeira vez unha persoa que traballa en política en Galicia. Noa Presas, ourensana e profesora, agora mesmo parlamentaria polo BNG. Falamos das obras culturais que a marcaron, da situación do sector e de moitas cousas máis.
CTL 20: Jaione Camborda
Temos con nós á directora de O Corno, recente gañadora da Concha de Ouro 2023. Falamos de diferentes planos do filme, a súa estética e por suposto a temática clave na que se aventura Jaione e o seu equipo. É a primeira directora española que gaña este premio, e faino cun filme en galego rodado na Illa de Arousa principalmente.
CTL 19: Irmáns Morán Mato: Cláudia e Brais
Desta volta, despois de superar caídas de luz e temporais, charlamos cunha familia fascinante: a xornalista (parte da tribo de Luzes) Cláudia Morán e o músico Brais Morán. Falamos do seu pasado, en que andan profesionalmente e tamén dos tempos nos que andamos últimamente. Temos pendente unha comida para seguir charlando do ben que o pasamos. Agardamos que vós tamén!
CTL 18: Sara Pérez Seijo
Está con nós unha xornalista, de Salceda de Caselas, investigadora do Grupo Novos Medios, é doutora en Comunicación e Información Contemporánea por la Universidade de Santiago de Compostela e profesora axudante nesta mesma institución. Falamos de xornalismo inmersivo e da situación da profesión dende varias perspectivas.
CTL 17: Sica Romero
A experiencia persoal e laboral de Sica estivo sempre ligada á literatura e á arte. Afeccionada aos libros dende ben pequena gradúase en Historia da Arte (2018) e despois cursa dous mestrados: en “Xestión de Patrimonio, Museos e Mercados” (2019), e en “Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia” (2021). Avelaíñas eléctricas é a súa primeira novela e promete que non será a última xa que non ten pensado abandonar este novo camiño que comezou.
CTL 16: Sara Donoso
Sara Donoso cóntanos a experiencia do XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13. O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas.
CTL 15: Códice K
Neste programa nunca pode faltar o teatro! Chegamos algo tarde con respecto á estrea, mais Códice K está de xira. Temos con nós a parte do equipo artístico da peza. En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe porque nunca se contou. Códice K, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.
CTL 14: Alba Guzmán Falcón
Abrimos tempada cunha das novas voces da literatura galega. Ourensana, ven de gañar diversos premios. Entre eles o Xuventude Crea. A súa novela publicada en Xerais, Xoaniña de Deus, está dando moito que falar. Mais falamos con ela non só diso, senon de moito máis: o seu proceso de traballo, de onde sae a súa vocación… non o podedes perder!
VerMIT23: Producións Excéntricas. “Auto do Castromil”
Falamos coa xente ProVisitamos o a oficina central da compañía. Temos con nós a Quico Cadaval (director e adaptador dos textos de Manuel María) e ás actrices Patricia Vázquez e Rocío González. Foi gañador do Certame Manuel María de proxectos teatrales, na súa 3ª edición. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Pecha a edición deste ano da MIT!duccións Excéntricas
VerMIT23: Mujer en obras. “Cucaracha con paisaje de fondo”.
Un balneario perdido onde as mulleres que non poden ter fillos van tomar as augas. Un lugar cutre onde residen enfermeiras e pacientes, mulleres suspendidas nun tempo de espera infinito cuxa integridade se verá en perigo pola chegada dun visitante indesexable. O desexo de ser nai e a extinción do ser humano como a máxima conclusión do ecoloxismo na Terra. Estes son algúns dos temas nos que a empresa Mujer En Obras centra as súas investigacións neste orixinal traballo que combina verso e prosa. Estiveron con nós Javi Ballesteros (autor e director) e María Jáimez (actriz). O último programa que gravamos, mais non o derradeiro VerMIT…quedan dous por emitir!
VerMIT23: Especial Clown (Rui Paixão, Jouse García e NegroLópez)
Neste episodio especial falamos do mundo do clown da man de Rui Paixão (premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente no circo contemporáneo, participó en uno de los mayores festivales del mundo, el Fringe Festival de Edimburgo. Recientemente ha sido seleccionado para la última producción del Cirque du Soleil en China convirtiéndose así en el primer payaso portugués en conseguirlo. Al mismo tiempo colabora regularmente como intérprete con la compañía de teatro físico y nuevo circo Radar 360.
VerMIT23: Teatro del barrio. “Homenaje a Billy el Niño”
Unha obra que leva as pegadas do noso pasado: en xullo de 1977, Antonio González Pacheco, un policía máis coñecido como Billy the Kid, foi galardoado coa medalla de prata ao mérito policial. E o ministro que tivo a iniciativa, Rodolfo Martín Villa, recoñeceu os servizos prestados polo axente á patria franquista e á Transición, e mesmo pareceu albiscar que esa carreira profesional xeraría beneficios para a moza democracia. Os que nin sequera estiveron na pintura nesa homenaxe foron os homes e mulleres que foron torturados por Billy El Niño e, por iso, aquí se lles dá voz: para que recorden a súa historia e axuden a visibilizar toda a violencia con que tamén están construídos a transición.
VerMIT23: A Panadaría. “As que limpan”
"Por favor, limpa a habitación". Ó volver da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño inmaculado. As invisibles levan ás costas un precario sistema turístico. O espectáculo fala da loita organizada das empregadas de hostalería para acadar dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a voraz cobiza dos donos das cadeas hoteleiras. Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman conversan con nós de todo isto e máis.
VerMIT23: Matarile Teatro. “Fráxil. Handle with care.”
Falamos da terceira parte da denominada “Triloxía da fraxilidade”. A compañía galega propón mostrar un saber retorcido, iluminado oblicuamente. Neste modo de pensar tan atrevido que nos caracteriza como persoas, propoñen recoñecer o que non se pode dicir e só se pode amosar sen necesidade de preguntarnos se algo é verdade ou se pasou de verdade. Do mesmo xeito que soñamos con lugares, tamén podemos fantasear con encontros desexados que puideran ocorrer e construír a partir de relatos ucrónicas.
VerMIT23: Compañía Sr.Smith. “If (La ligereza)”
Neste episodio temos a visita dunha chea de xente. En concreto, parte do reparto da peza. é un xogo de ficción, un espello deformador de como serían posibles outros eus, de como se vivirían outras vidas. Ficción e realidade fúndense nun xogo de realidades onde a vida e a arte se enfrontan e conviven.
VerMIT23: Las Huecas. “Aquellas que no deben morir”
Hoxe visitan o noso programa un coletivo catalán de actrices que están axitando a escena contemporánea. O seu espectáculo fala da morte. Comezaron a traballar en como lles gustaría morrer, como lles gustaría que morran os demais e como lles gustaría acompañalos no loito. Isto foron as tres patas iniciais do proceso. Descubrimos a obra con dúas delas, Júlia Barbany e Núria Corominas.
VerMIT23: Alessandra García. “Mujer en cinta de correr sobre fondo negro”.
Temos con nós á gañadora do Premio Max ó espectáculo Revelación 2022. E finalista como actriz e autora ese mesmo ano. A peza é unha radiografía de diferentes cidadáns dun barrio humilde. Reflexiona sobre superprodución téxtil, capitalismo, entretemento, cultura, idiomas, alcumes e sector servizos. Mais, sobre todo, esta historia é risa e pensamento.
VerMIT23: Marina Otero e FIBA. “Fuck me”
Abrimos as charlas coas compañías que actúan no Castelo cunha bailarina e performer arxentina. Os seus traballos deron moito que falar en grandes festivais europeos e latinoamericanos. Escolleu a “autoficción” como o seu xénero preferido, e afirma que lle gusta “poñerse en perigo”. “Fuck me” abre a MIT 2023, e non deixará indiferente a ninguén.
VerMIT23: Luís Álvarez Pousa e Eduardo Alonso. Premios de Honra deste ano.
Tivemos una viaxe fantástica con dúas persoas clave para a cultura galega. Podemos dicir que forman parte indispensable da creación e impulso do teatro profesional galego. Luís, xornalista, tivo boa parte da “culpa” das liñas básicas que forman agora por exemplo o AGADIC. Eduardo, con Teatro do Noroeste (entre outras moitas facetas), leva unha longa traxectoria como dramaturgo e director. Un pracer e unha honra abrir esta aventura con eles.
CTL 13: Rebeca Montero e Marcos Orsi
O CDG ten en cartel un novo espectáculo, con catro direccións diferentes. Falamos desta experiencia don dúas persoas do seu reparto. Tamén de máis cousas, como por exemplo o día da Commedia dell’ arte. Celebramos o entroido como debe ser: teatralizando o mundo. Ou como mínimo, aportando un pouco a el.
CTL 12: Álvaro Gago
Continuamos coas charlas “íntimas” do CTL. Desta vez, co director de cine galego Álvaro Gago, que está a nada de estrear a súa longametraxe Matria. Estará no na Berlinale deste ano, na sección Panorama, facendo historia para o audiovisual galego. Conversamos sobre o seu proceso de traballo, o traslado da curtametraxe á longametraxe, e moitas cousas máis. Se queredes coñecer un pouco máis a este talento do noso contexto cultural, este é o voso programa.
CTL 11: Guadi Galego
Temos un programa moi especial. Charlamos coa cantautora galega do seu novo disco, Roibén. Unha viaxe a través de cada canción, na que aproveitamos para divagar por outros lugares e polo presente. Un traballo arriscado e íntimo, esperanzador e crítico. "Roibén acabou seendo o que é porque abrimos paso entre a escuridade", así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoción que conforman "un disco de transición e de contrastes, que retrata a luz que hai sempre en toda escuridade".
CTL 10: Sara Donoso e Martín Varela
CTL 9: Especial ano María Casares
Isto tiña que pasar. Neste 2022 celebráronse os cen anos do nacemento da actriz galega. Temos con nós a Sabela Hermida e Nerea Brey, expertas na súa figura e tamén a levaron polos escenarios galegos e peninsulares. Conversamos, para pechar o ano, en profundidade sobre a vida e traxectoria desta coruñesa emigrada a Francia. Válido para descubrila e tamén para profundizar máis nesta persoa tan fascinante que deu nome ós premios do teatro galego.
CTL 8: Xiana Pérez e Jorge Coira
Aventurámonos a un novo encontro cultural. Abrindo unha nova porta para o programa coa cociña e o audiovisual. Visítannos a deseñadora e cociñeira Xiana, autora de As receitas de Xiana. E tamén o director Jorge Coira, que prepara nova película a estrear nos próximos meses. Charlamos destas cousas e máis, poñede a orella para descubrilo.
CTL 7: María Solar e Manu “Caamagno”
Traemos desta vez dúas presentacións bastante recentes. María Solar presenta “A Culpa”, recente Premio Xerais 2022. Unha historia de tres mulleres e a evolución sorprendente das súas vidas. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega. Traen “O mundo está derrotado”; unha mestura de entusiasmo, política e humor. Un pracer xuntar persoas tan fascinantes neste o noso/voso podcast.
CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto
Volvemos á casa. E recibimos a unha cantante e un escultor, completando o programa que fixeramos na Galería Dupla. Nastasia presenta “But Life Is Beauty Full”. Viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor? A arte véndese, aínda que vos pareza raro. Compartimos reflexións, risas. A despois unha comida preciosa, que non está gravada mais non todo vai ser co micro. Disfrutade!
CTL 5: Iván Davila e Brais Iriarte (Compañía NegroLópez)
CTL 4: Rosalía Fernández Rial e Lucía Carballeda Suárez
CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo
CTL 2: Uxía e Carlos Callón
CTL 1: Homenaxe a Vidal Bolaño con Roi Vidal e Nuria Araúxo
Chega o primeiro programa regular de Cultura a todas Luzes. Con cabeceira nova e figura á que lembrar: Roberto Vidal Bolaño. Vinte anos fan xa esta semana do seu pasamento (11/09/02). Un día antes do aniversario faise en Compostela un congreso para repasar a súa traxectoria vital e profesional. Aquí teredes un anaco de charla co seu fillo Roi e Nuria, organizadora do congreso. Disfrutade e descubride con nós a Roberto!