DecoteApr 04, 2018
#252 Streaming compartido
#251 La secta de la tierra plana
#250 Stanley Parable
#249 Altered Carbon
#248 Black Panther
#247 Ghost in the Shell
#246 Undertale
#245 Bojack Horseman
#244 De qué hablo cuando hablo de correr
#243 12
#242 The Last Jedi
#241 O momento da realidade aumentada?
#240 The night manager
#239 Apple Watch un ano despois
Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.
#238 Echo, echo, echo…
Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira.
Mixx.io | El Windows de las casas
Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más
The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event
#237 Strava + Relive
#236 TRÅDFRI
Iluminación intelixente en Ikea
#235 A historia dos podcasts
Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións.
#234 A historia dos blogs
Voltamos despois de un inmerecido descando para falar do que estivemos facendo nas vacacións. Falamos neste primeiro podcast da temporada da historia dos blogs en galego, de cales foron os seus inicios e porque estiveron motivados, damos os nomes de algúns estudos clave e animámosvos a participar na creación destas dúas webs.
#233 Tesla Model 3
Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos.
#232 Xoves de miscelánea
Como nin mañá nin a próxima semana vai haber Decotes aproveitamos este xoves para falar de todo o que pasou nas últimas semanas e algo do que está por vir, unha forma de deixar o menor número posible de temas sen tratar das últimas semanas e avisaros de todo o que está por vir na próxima.
Tim Cook Says Apple Focused on Autonomous Systems in Cars Push - Bloomberg
Apple está trabajando en coches autónomos, ¿qué podemos esperar de este anuncio? - La Vanguardia
Tim Cook on Donald Trump, the HomePod, and the Legacy of Steve Jobs - Bloomberg
#231 Apple Design Awards 2017
A semana pasada tivemos a nosa ración de aplicacións de Android por mor do Google IO e esta semana toca outro tanto do mesmo por mor da WWDC. O curioso é que ambas listas coinciden nunha mesma aplicación, será ese un motivo suficiente para mercala?
#230 X B O X
O E3 aínda está lonxe de rematar pero xa tivemos a primeira nova merecedora de un Decote enteiro. A prensentación da Xbox One X, coñecida como Scorpio no seu desenvolvemento, e todos os xogos cos que sairá foron o punto forte da coferencia de Microsoft, asi que imos adicarlle o programa de hoxe a analizar este lanzamento de hardware.
Xbox One X: la consola más potente de la historia tiene juego 4K nativo - Xataka
La Xbox One X y todo lo que Microsoft presentó en el E3 2017 - Gizmodo
#229 Mundo Verán
Empezamos a tempada de programas de verán coa edición de hoxe que leva o nome do noso mundo de Minecraft. E é que o verán é un dos mellores momentos para xuntarse cos amigos para vivir novas e inimaxinables aventuras en Minecraft, con Realms, e Discord. Así que aproveitamos o día de hoxe para falar destes dous grandes inventos da nosa era.
#228 WWDC 2017
Máis de dúas horas de presentación deron para presentar moitas cousas que seguro moitos de vós xa vístedes, asi que como acostumamos facer, hoxe imos tratar todo aquilo que está aí pero do que non se falou o suficiente na presentación. Pequenos detalles que cambiaran como traballamos cos nosos aparellos e que vos descubrimos neste Decote.
Lo mejor de la WWDC 2017 en 10 minutos (Xataka) - Youtube
Apple WWDC 2017 keynote in 19 minutes (The Verge) - Youtube
Monument Valley 2
Business Chat - Apple
Core NFC - Apple
iOS 11 brings Next/Previous Track controls to individual AirPods
#227 Un, dous, E3
Temos tres semanas por diante de auténtico bulir informativo, comezamos hoxe pola tarde coa apertura do WWDC, continuamos para a semana con todas as conferencias do E3 e para a seguinte unha sorpresa que tamén a fará moi entretida. Como son moitas cousas as que veñen hoxe falamos de todas elas e do que podemos agardar de cada unha.
Apple
Everything u/Foxconninsider Reported Today - Reddit
Files App - Twitter
Activity for iPhone - Twitter
E3
Todo lo que necesitas saber sobre Star Wars Battlefront II - Vidaextra<
#226 Intel Core i9
Nótase que non imos achegando ao verán e á presentación de Apple do próximo día 5 porque as cousas están máis calmadas que nunca. Falamos da nova cámara de Nest, dos outros plans de Andy Ruin, dos cambios no Lol, os novos procesadores de Intel e de todas as estrelas que nos van a chover este xuño.
Nest Cam IQ - Nest Web
This is the new Ambient OS, Essential’s big bet to control your home - The Verge
Essential Home is an Amazon Echo competitor that puts privacy first - The Verge
Runas reforjadas y actualización del honor | Riot Pls: League of Legends - Youtube
#225 Soda Player
No Decote de hoxe traemos unha recomendación dun dos nosos ouvintes máis veteráns, a súa recomendación, como di o título, é Soda Player, un reprodutor intermedio entre Popcorn Time e Plex. Un sistema que lle tira proveito aos torrents pero sen ter que baixalos e sen ter que estar atado ao que seleccionen uns terceiros. Unha opción perfecta para aqueles que están sempre conectados e con pouco espacio no ordenador.
Soda Player Web
Soda Player Reddit
Cabo Prior e Santa Comba - Youtube
Fotos Phantom 4 - Twitter
Camposancos en Twitter
#224 Essential Phone
Essential Phone é unha nova aposta no mundo Android por traer un proposta diferente, atractiva e rompedora. E neste caso non só é diferente polo que presentan, senón tamén por quen está detrás desta proposta, non todos os días se ve a un dos creadores do sistema operativo móbil máis usado do mundo poñer o seu esforzo en crear un terminal.
Exclusive: This is the Essential Phone - The Verge
Essential Official Web
Todos os podcasts en podcast.altg.net
#223 Playerunknown’s Battleground
Poucos ascensos tan meteóricos como o deste xogo desarrollado pola desconocida Bluehole podemos atopar neste 2017 ou nos últimos anos na industrias, sobre todo se temos en conta que se trata dun xogo inesperado, que todavía está en early access e que gastou menos que nada en promocionarse. Falamos dalgunhas das claves do éxito da sensación destes últimos meses.
Playerunknown's Battleground - Steam
¿Por qué mas de 1 millón de personas juegan a Playerunknown's? - IGN
#222 Fidget Spinner
Finalmente este sábado merquei un fidget spinner, un deses xoguetes pouco tecnolóxicos que se poñen moi de moda de ano en ano, asi que porque non falar del e de outras modas.
Máis información en podcast.altg.net
#221 Star Wars en cifras
Na miscelánea desta semana temos un pouco de Instagram e a súa versión de probas, Snapchat, falamos do Xbox Game Pass, dos libros que recomenda Bill Gates, das renovacións de HBO para a próxima tempada e dos 40 anos de Star Wars. Todo lecturas moi recomendadas para este fin de semana, máis de inverno que de verán, que temos por diante.
Todos os enlaces e capítulos anteriores en podcast.altg.net
#220 DJI Spark
Se fai un mes exacto falabamos das DJI Goggles e de todos eses pequenos drones de competición, hoxe toca falar da nova incorporación á familia de drones china DJI. Nesta ocasión da súa nova aposta ao cuadricóptero máis pequeno e barato da súa tenda, desbancando desta posición a Mavick, que era ata onte o que ostentaba esa posición.
Todos os enlaces en podcast.altg.net
#219 O novo Surface Pro
Nova presentación de Microsoft, a segunda no último mes, nesta ocasión para presentarnos as novas Surface Pro, a súa aposta máis profesional no mundo das tablets-portátiles que chega con poucos cambios exteriores pero moitos interiores e un gran acompañamento.
Todos os enlaces en podcast.altg.net
#218 Google Play Awards 2017
Como xa sabedes no meu día a día uso sobre todo aparellos iOS, así que é raro que traiga por aquí cousas relacionadas co día a día con Android xa que non son parte da miña vida diaria. Así que, cando vin que Google sacara os Google Play Awards 2017 pareceume unha ocación perfecta para falar de apps que de seguro moitos de vós podedes utilizar todos os días.
Enlaces a todas as aplicacións en podcast.altg.net
#217 MSI 2017
#216 O mp3 sigue vivo
Voltamos á carga coa miscelánea dos venres para falar dos novos televisores de Amazon, de aquela aplicación que era Instagram pero agora xa é case Snapchat, da non morte do mp3, de Shazam, de Minecraft, de Youtube e do primeiro aniversario de Overwatch.
Todos os enlaces en podcast.altg.net
#215 Google I/O
Onte foi a presentación inaugural do Google I/O 2017, as xornadas que de forma anual fai o gran buscador para falar de todas as novidades que veñen respecto a Android, os seus aparellos e terminais móbiles, aplicacións e, como non, o propio buscador. Falamos do que foron as principais novidades cunha lista de lecturas recomendadas extensa para que queira meterse de cheo no tema.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net
#214 El día del gallego
#213 Limbo
Xa facía tempo que non falabamos por aquí de un xogo, asi que este marte imos falar do predecesor de INSIDE. Limbo é un pequeno xogo, tanto en mecánicas como en duración, cun apartrado artísticos sobresaínte, apto para todo tipo de xogadores e plataformas, unha historia para todos os públicos desas que tanto me gusta recomendar.
Máis enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net
#212 Sobre o rasomware e WannaCry
O pasado venres Telefónica quedou bloqueada por un rasomware, feito que despois se extendería a outras empresas e países afectando incluso ao sistema sanitario británico. Falamos do que pasou, de como e porque pasou para que entendamos todos xuntos que narices é un rasomware e como se puido espallar tan axiña.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net
#211 Todos queren un Amazon Echo Show
Voltamos coa miscelánea dos venres nesta ocasión chea de filmes e de novas sobre Microsoft, Apple e Amazon que estiveron moi activos estas últimas semanas sacando novidades e presentando o que según eles vai ser o futuro dos aparellos do fogar. Nota a parte para Tesla, que non fala do futuro senón do presente dos fogares sacando ao mercado o seu primeiro modelo de teito solar.
Todos os enlaces e podcast anteriores en podcast.altg.net
#210 Guardians of the Galaxy Vol. 2
Voltamos despois de unhas longas vacacións para falar do último filme de Marvel. E non, o de que segundas partes nunca foron boas non se cumpre neste caso, pois con esta segunda entrega, aínda que non estea falta de problemas e cousas a melloras, temos unha entrega chea de aventura, humor e máis información ca nunca sobre os personaxes e as súas historias.
Máis información e enlaces ás análises en podcast.altg.net
#209 Máis Zeldas que Switchs
Voltamos co resumo desta semana marcada polas presentacións de resultados, tanto de Twitter, como de Instagram como de Nintendo. Especialmente interesante esta última ao tratarse da primeira tras a saída da Switch, e como sempre a de Twitter que segue loitando por ser rendible.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net
#208 Twitch máis preto, Youtube máis lonxe
Twitch segue imparable facendo novos e mellores cambios na súa plataforma. Se fai un tempo falabamos de como integraban Amazon Premium na plataforma, despois de Pulse, o seu propio Twitter, hoxe tocar falar dun novo programa de afiliados que permita case a calquera con tempo e adicación ter a posibilidade de facer cartos coa plataforma.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net
#207 DJI Goggles
Levábamos moito tempo sen falar de drones por aquí, e iso que é unha das cousas que máis me gustan deste futuro no que vivimos, así que aproveitando a saída das DJI Goggles imos falar de outra modalidade máis asequible e divertida de ter un drone, os de competición.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net
#206 Paga co móbil con Paypal
Voltamos un venres con todo o que nos quedou no tinteiro que nesta ocasión, ao ser un semana tan escasa en decotes, son bastantes cousas importantes que saíron á luz estos días. Se falta algunha non te preocupes, tratarémola con máis calma e protagonismo en vindeiros programas.
Todos os enlaces e episodios anteriores en podcast.altg.net
#205 Star Wars Celebration 2017
A pasada semana, entre o 13 e o 16 de abril, celebrouse en Orlando a Star Wars Celebration 2017, unha reunión onde fans, actores, directores e todo tipo de persoas vinculadas coas películas e o universo pasan varios días repartidos en paneis e charlas falando de todo o que xa foi, todo o que está por vir e todos aqueles que xa non están con nós.
Máis información e enlaces en podcast.altg.net
#204 Calendarios para o futuro
Voltamos unha semana máis falando de cousiñas interesantes e lecturas recomendadas que non entraron na edición diaria do Decote esta semana. Falamos de Android, tomándolle a dianteira a Windows como sistema operativo máis usado para acceder a internet, de Apple e o futuro das súas tarxetas gráficas, de xogos, de conceptos e de moitas cousas interesantes.
Todos os enlaces a estas novas e aos enlaces anteriores en podcast.altg.net
#203 Iron Fist
Tras Daredevil, Jessica Jones e Luke Cage chega Iron Fist para pechar a presentación dos catro protagonistas que formarán parte de The Defenders en agosto, cando a serie de Netflix chegue aos nosos fogares. Deixaron o mellor para o final ou xa non lles quedaban folgos para esta última entrega?
Máis información en podcast.altg.net