Falar Sen SaberMay 28, 2022
Gimbros e homoerótica.
Falamos da homoerótica no ximnasio e dos xemidos explicitamente sexuais dos homes hetero nun espazo publico.
Tamén analizamos prácticas homoeróticas de pavos hetero, masturbación grupal, follarse a un pavo e así. E como iso non repercute na concepción que teñen da súa propia sexualidade.
Reddit e o submundo do bizarro
REDDIT, un lugar onde che aconsellan que te divorcies e deixes ao teu marido tóxico que te engaña con túa irmán, ou que che quita da dúbida de se es unha persoa horrible por levar un vestido branco a unha voda cando a noiva é cega.
O que si asegura son unhas risas, unha reflexión sobre a vida da peña e sair de aí sentíndote algo mellor persoa.
MEMEEEEES 2.0
Hoxe temos un programa moi chachi pq invitamos ao noso amiwi do concello de Dena. Volvemos falar de memes pq tema fav de Marcos.
Falamos de internet e dos memes como democratización da cultura e a importancia do contexto compartido para o humor. Tratamos o movemento dos concellos e aparición dos memes en galego. Ah, pero tamén a masculinación das paxinas de memes e a aparición dos memes e chicas aka sailormoon feminista.
BOIRO.
Vese que a gravación é vella pq falamos do combate de boxeo entre Mr Jagger e Bustamante dende o pasado. Ademais fixemolo o mesmo día ca o da Bulimia e sae Antía de espontánea facer o seu apunte curioso.
Mención especial ao concello de oleiros e ies neira vilas.
Por certo sabiades que Reagan fixo unha campaña para evitar a desaparición dos cóndores? Buscade Reagan Operación Cóndor.
It's reality time
Vimos falar de baleirar o coco. De que despois de currar oito horas non me apetece pensar na guerra, na morte ou da situación sociopolítica consecuencia do imperante capitalismo.
Apetéceme ver xente cuxo máximo problema é que non lle fixeron ben o degradado da barba e lle deixaron as cellas demasiado finas.
E se se pegan e follan entre eles mellor. Así que vos veño contar cales me gustan, en cales hai golpes, en cales fluídos e informarvos de que agora veñen cargaditos a partir de setembro-outubro.
BIBLIA REVIEW
Ola, vimos evanxelizar a poboación. Marcos está escoitando a Biblia e resulta que ten historias.
O Bro está escoitando a Biblia en spotify e cóntanos historias curiosas, masacres, violancións e incesto nas sagradas escrituras e outras movies.
No minuto 15 escoitase eco e ponme nerviosa, pero podedes saltar coma ata o 18. Eu recomendo escoitalo porque Marcos conta a historia cúspide de Lot sendo violado polas súas fillas.
Despois xa empezo a falar eu da miña Biblia que son obvio os realities latinos. FINAL FANTASY.
Bulimia e comentarios de merda sobre os nosos corpos que ninguén pediu
Falamos da bulimia, a corporalidade e o bullying. A influenza da familia e do entorno na aparición dos TCA.
Queixamosnos dos comentarios de merda. Dos parabéns cando adelgazas e da cariña de pena cando engordas.
Laretamos sobre vómitos, atracóns, restriccións de alimentos, drogas e a importancia de crear espazos seguros.
Tamén rimos, que conste.
Os GAM e colectivizar os coidados
As siglas GAM fan referencia a Grupo de Axuda Mutua. Son un grupo de persoas que comparten unha problemática común e se xuntan para falar sobre iso, compartir, vivencias, ferramentas e experiencias.
Os GAM de saúde mental cambian a dinámica de paciente-profesional e apartarse do tratamento como algo puramente individual, colectivizando os coidados.
Esta semana entrevistamos ás mulleres do GAM @oito_marias 💜
TEA e xénero
Falamos de TEA con Carla, cóntanos a diferenza entre diagnosticar un home ou a unha muller, porque SORPRESA, non se lles ocurriu que as mulleres poidesemos ter TEA.
Deixamosvos o enlace do programa na descripción. Bicos, beijos e apertas camaradas.
O TOC e outras voces
Hoxe falamos de TOC e ansiedade, dos rituais e costumes que poden aliviala. De como afecta o TOC nas relacións interpersoais, das voces que temos na cabeza e da culpabilidade dentro da enfermidade mental.
Está interesante, checkeade.
Bipolaridade nivel usuario
Falamos con Ainhoa sobre como se vive con trastorno bipolar. Aprendemos que é a manía ou a eutimia e que hai varios tipos de bipolaridade. Pero sobre todo aprendemos a escoitar e a acompañar. Porque ao final, cando estamos perdidas, ao mellor non precisamos que nos entendan, pero si que nos abracen.
Veo veo, ou non
Hoxe Pedro abriu a súa alma para contar como afectou e afecta na súa vida o feito de non ver.
Pasa dende a súa máis tierna infancia ata o mundo laboral.
Falamos de como nos relacionamos cun mundo que non se adapta a nós e de cando foi a radio porque lle suspenderon ximnasia por non saber facer malabares.
Miradeo que non ten desperdicio. E mandou saúdos!
Por que Josefa e Maruja xa non se xuntan na marquesina?
Hoxe veu Pedro falar da despoboación das marquesinas do rural; da importancia da súa figura para o desenvolvemento social e os seus principais usos.
En verdade rimos un cacho falando e pensei que todo o que dicía Pedro era mentira, porque mentir é o que mellor se lle dá. Pero despois busquei as fotos en Google e resulta que se lle escapou algunha verdade e as marquesinas son unha puta FANTASÍA!!
VOTA TANXU, imbécil
No día de hoxe explicamos como facer un tongo a nivel estatal, joder a túa carreira musical antes de comezala, tráfico de influencias en Prime Time, a Transición española ou como lle pagamos estróxenos ao rei emérito. Quixemos falar de moitas movidas, pero en verdade acabamos rajando e lendo dúas frases dun libro MOI RECOMENDABLE : "El arte de la manipulación política". Pouco se fala das miñas habilidades de tradución simultánea. E tamén do pobre imbécil que se equivocou na votación da reforma laboral despois de que xa fose comprada. Mexamos por nós. En fin, realismo máxico.
Señores e menores
Hoxe non falamos das Tanxus
Outro día falaremos do sistema electoral, pero como somos tertulianas e non periodistas, e como nós tamén vimos pra quedar, pois dentro de seis meses non ides saber se nos cagamos no puto sistema electoral e no puto centralismo o día que era ou non. Así que cando nos caguemos no sistema electoral ímolo facer con propiedade (coa pouca que nos caracteriza, probablemente), e a destempo (que si vai moito máis con nós).
Hoxe vimos nun rollo 'I'll get older but your lovers stay my age e deixade ás crianzas ser crianzas. Porque aproveitar a oportunidade non é a nosa maior virtude e precisamos xornadas de reflexión.
O resume é que falamos de señores e menores.
Tócanse os extremos?
Neste programa perdemos á xeración Z, porque non sei por que cona non vos interesa a loita de clases. EXPLIQUENME Non o entendo, panda de anarcocapitalistas metidos na criptomoneda!! divagamos un pouco sobre iso, sobre o espectro político, os reximes fascistas, comunistas e democráticos. Reflexionamos se existen os extremos porque asumimos que O CENTRO NON EXISTE, SON OS PAIS.
Facemos alusión a un dos nosos temas predilectos: o imperialismo. Tocamos á operación Cóndor, a dificultade de manter un goberno de esquerdas en América Latina e obvio mencionamos que a nova esquerda latinoamericana con Chile en cabessa hermanes.
Apoiadenos tamén en cousas de rojos, que queremos falar de máis cousas ca de que estamos mal da cachola.
Lof u ol.
MEMEEES
Hoxe Marcos falal de MEMES, eu escoito. Flípase un pouco porque quere abarcar 10 anos en 30 minutos, pero intentouse. Falamos de eventos como Harambe, os memes irónicos e os "memes de chicas" (especial mención a @zorras.regular ). De como os memes son unha expresión social e cultural que transmite mensaxes que en moitas ocasións acaban sendo virais. Son un reflexo da realidade e, ao mesmo tempo, ferramentas de cambio.
Tamén falamos de como consideramos que influíron os memes de chicas en proxectos como @bratzantifa.wav , que levan mensaxes dende internet a un formato musical. Que por certo as recomendamos mazo e están en soundcloud.
La vieja murió
Falamos un pouco das eleccións en Chile, de que a dereita non é o novo punk, é o reggaeton, de Boric, da moderación do discurso NAZI DO NAZI DE KAST para atraer o voto do centro, de que a vella Hiriart pechou a campaña palmandoa, a viúva de Pinochet!
E de que fomos á rodaxe de @pringadas.serie é pasámolo en grande, grazas á equipaa!
O Nadal e facer o Belén na Igrexa
Hoxe falamos de como Marcos deixou de crer silenciosamente nos Reis Magos, e case o temos que informar ao chegar a Universidade, para que non fixese o ridículo. De como el facía dun adorable pastor no Belén da Igrexa e eu pouco máis e era Herodes rei de Xudea, porque a min a Señorita non me quería.
Vimos que o Carrufas, que así lle chamo eu ao Carrefour que era punto de reunión da miña adolescencia, ten un buzón para o apalpador. Cando comezou a dar pasta falar do apalpador? Dende o goberno socialcomunista de Perro Sanchez e a Rata Chepuda??
Folga do metal en Cádiz
A culpa é da Unión Europea. Falamos das protestas en Cádiz, da precariedade, a temporalidade e o incumplimento sistemático do convenio. Rajamos dos Sindicatos e eu entendo porque os acusan de VENDEOBREIROS. Tamén rajamos da Jusapol, que é un sindicato de maderos e militares, cando NON SE PODEN SINDICAAAAAAAAR.
Defendede as vosas barricadas locais. Teruel existe referente. E cagámonos no pacifismo outra vez.
O mono de Marcos
Marcos fala do mono da medicación coma se fose politoxicómano. Cando, efectivamente, é politoxicómano. Por algunha razón todos os posibles efectos adversos da droga lle pasan a Marcos. A min solo me estriñen, pero resulta que é mazo de jodido. Compárase co señor de Tranispotting e fala mazo dos Serrano porque o están vendo no piso. Tres Zentenials vendo os Serrano, cando vexan o final comentámolo, impaciente estou. E falamos da Guerra do Opio tamén.
Comercio local, trama Gürtel e así
Marcos desenténdese da descripción e faime cargar co enorme peso do noso éxito. Está mazo de resaca e ten o cerebro murcho. Comezamos falando de comercio local e da importancia do consumo dentro do sistema capitalista. Perdémonos un pouco no medio e acabamos falando das "convenientes mortes naturais" da trama Gürtel. Marcos salienta que el estuda EDUCACIÓN SOCIAL, e que le LIBROS de EDUCACIÓN SOCIAL. E acabamos falando de aporofobia, que é odio ás persoas pobres.
Falamos do audiovisual en galego con Adelita.
En verdade vimos Ons, que nos alegra mazo unha peli en galego en Netflix. E despois rajamos porque a min todo me dá as mesmas vibes de costumbrismo, vacas e peleas polos marcos das leiras.
Que a peña do audiovisual ten que comer e hai xente mazo de boa, con mil ideas e cero pasta. Que se queremos unha cultura en galego viva e diversa, peña, hai que invertir niso.
Mencionamos a @belenpuime e @cacolaserie porque os vin no Carballo interplay e non o supero.
Rajamos que flipades
Eu quentome co sistema de protección internacional, para variar. Que é un tema serio.
E Marcos fala de Educación Social e das lideresas Bolvianas.
Todo dende a nosa obexctiva perspectiva de persoas europeas e blancas.
Comentade que opinades sobre que a peña teña dereitos fundamentales, a nós parécenos moi caro!!
Marcos corre diante dos grises
Falamos do botellón, das hostias no Ruta, de okupar as rúas e reapropiarnos das aulas! Imosnos de antisitemas pero somos mazo de cagonas.
Queremos botellona na Alameda e Marcos fala de estudos de Gringolandia sobre a iluminación nos parques e a criminalidade.
A puta droga chorvo II
Pois si, falamos de drogas, do racismo das leis antidroga. Marcos homosexualiza a Lois Pereiro porque para el agora todo o mundo que lle pareza guai é maricón e quéixase de que todos os nosos exemplos son de Gringolandia pero eu aporto datos do Brasil.
A ver que é mazo de largo o capitulo, pero a os primeiros vinte minutos como que intentamos falar da movida das drogas e despois xa se nos foi a pinza e laretamos de ben. QUEREMOS DROGA CON IVE (IVA en español amigues, non vaia ser). E falamos de presos, putas e obvio da madera, que é o eixo vertebrador de todos os nosos programas.
A puta droga neno I
Pois si, falamos de drogas, do racismo das leis antidroga. Marcos homosexualiza a Lois Pereiro porque para el agora todo o mundo que lle pareza guai é maricón e quéixase de que todos os nosos exemplos son de Gringolandia pero eu aporto datos do Brasil.
A ver que é mazo de largo o capitulo, pero a os primeiros vinte minutos como que intentamos falar da movida das drogas e despois xa se nos foi a pinza e laretamos de ben. QUEREMOS DROGA CON IVE (IVA en español amigues, non vaia ser). E falamos de presos, putas e obvio da madera, que é o eixo vertebrador de todos os nosos programas.
A infanta Elena é un pug
Sigo amargada e desempregada. Mentíronme dicindo que iamos ser a nova elite pero en vd o único que son é POBRE. Probablemente rajemos do capitalismo e dos maderos. Confésolle a Marcos que o castramos de pequeno e falamos da endogamia na realeza.
Blackface e cousas de rojos
Marcos descubre que o blackface é RACISTA. Resulta que ten un dirigente comunista favorito. A 12 de setembro falamos do 11S, de morbo e colonialismo porque o 11S é o golpe de estado de Pinochet.
Uxía estivo un ano en Chile e agora crese na potestade para falar en nome do país.
Que asco traballar. Maldito capitalismo II.
Encheuseme a boca coa merda de condicións laborais nos campas pq viña de rematar a última quenda e queríame duchar. Botaba de menos as condicións de hixiene básicas. Estaba cansada de coexplotarnos como proletariado cando quen gana nunca somos nós, son as empreeeesas. (Bendita a empresa que me dou traballo por certo). Maldito capitalismo.
Malditos masters que me piden para traballos que non me van dar.
Que asco traballar. Maldito capitalismo.
Iamos falar do mercado laboral, porque eu (Uxía), estou buscando curro e complícaseme esta ardua hazaña. Enredamos un pouco falando de como nos explotan nos campamentos de verán (sempre agradecida por cobrar, non vou morder a man que me dá de comer). E queixámosnos da peña que nos pide que lle falemos castejano de castilla.
Por que odiamos aos superheroes máis ca á Policía?
Batman, oposita
Maricuelas
Falamos do orgullo a destempo, de Españita, de Mostopapi e o outro pavo que dixo que violaba mulleres e estaba en contra do aborto. Rajamos de amazon e algunha cousa máis. Na nosa liña.
Viva Colón, viva II
no programa de hoxe de falar sen saber: CENTROS DE MENORES EN CHILE, DELINCUENCIA, DROGA (sen demonizar), XENOCIDIOS, PUNK, ETA, GUARDIA CIVIL, DEPRESIÓN CRÓNICA, DROGA (demonizada), ALIENS, PROSTITUCIÓN, MADEROS
Viva Colón, viva
Uxía fala de pq o sistema de acollida de solicitantes de protección internacional é jodido e despois falamos do xenocidio canadiense. Todo desde a nosa perspectiva de brancos cis europeos colonizadores.
Violencia sexual, loitas sociais e capitalismo
Uxía tomou notas. Falamos de abuso sexual e apropiación de loitas e movementos sociais por parte do capitalismo.
Novas masculinidades
Poooode que nos viñesemos un pouco arriba. Just maybe. Intentamos falar do "hombre blanco común", pero spoiler Uxía cagouse en todo o cagable. Estamos en spotify e o programa da próxima semana tédelo en twitch. Besiiiiiiiis.
Movidas e outras
Divagamos sobre o que pensamos que queremos que sexa o noso podcast, arreglamos o mundo en 20 minutos. O video subino eu (Uxía), que Marcos, moi generación Z pero non sabía.
Os concellos, a nada, a psicodelia e por que Marcos mandibulea
Marcos anda de colonias e grabamos a semana pasada. Quixo falar dos concellos e eu non entendín moito. Tivemos un momento de incertidume pero xa reconducimos polo noso tema favorito: as drogas da cabeza.
Lembrade xentiña, a vosa opinión sobre a medicación da peña non lle importa a nadie!!!
AHHH, e que me quentei a dicir psilobicina pero é psilocibina.
escatolóxico, non apto para persoas sensibles
Falamos de caca, de Emús, pero non de caca de Emús
salvadoras brancas falan do colectivo trans*
hoxe tocou falar de TERFas, transfobia e do noso archienemigo, o PSOE
Voltamos raposas!
hoxe tocou moita leria e moito conto, as miñas últimas declaracións con vesícula, marcos e o monopolio do colectivo lgtbiq+ e Rajoy rajando dos maricas (repetimos, RAJOY!!!).
Onde Uxía, eu, di DMS-V, quere dicir DSM-5. Retraso ou dislexia? no próximo capítulo saberedes por que retraso
Referentes
puxémonos soviets e uxia cágase en gandhi e marcos no Che, pero nunca en Oleiros
TAMOS TOLOS
hoxe puxémosnos algo serios falando de saúde mental e movidas