Skip to main content
Outeiro Verde

Outeiro Verde

By Recuncho Gamer

Outeiro verde é o podcast de Recuncho Gamer dedicado a Sonic no que en cada episodio visitaremos cada un dos xogos desta franquía de Sega.
Currently playing episode

Outeiro Verde Ep.3&K: Sonic 2, o filme

Outeiro VerdeApr 07, 2022

00:00
01:20:42
Outeiro Verde Ep.11: Sonic Adventure 2 (Escapar de Vigo)

Outeiro Verde Ep.11: Sonic Adventure 2 (Escapar de Vigo)

Nesta ocasiom vamos de Vigo até Toralha e o bairro egípcio de Noia para descobrirmos o Sonic que marcou o fim de SEGA como desenvolvedora de consolas: O Sonic Adventure 2. Um jogo que nos deixa escolher entre os pontos de vista dos Hero e os Dark com 3 jogabilidades bem marcadas ainda que com distintos resultados. Este Sonic Adventure 2 é a apresentaçom de Shadow, Rouge, e as perninhas de Robotnik quando caminha polo Chao Garden. Também aproveitamos para repassar a atualidade do ouriço azul da SEGA com o anúncio do Sonic Superstars, a chegada do Sonic Origins Plus, o DLC do Sonic Frontiers, a série de Knuckles e o feixe de novos episódios que chegarám a Sonic Prime. Ajuda-nos preenchendo este questionário: https://forms.gle/4Sah3GSQkzkXEtom9 ---- Nesta ocasión imos de Vigo até Toralla e o barrio exipcio de Noia para descubrirmos o Sonic que marcou a fin da SEGA como desenvolvedora de consolas: O Sonic Adventure 2. Un xogo que nos deixa escoller entre os puntos de vista dos Hero e os Dark con 3 xogabilidades ben marcadas aínda que con distintos resultados. Este Sonic Adventure 2 é a presentación de Shadow, Rouge, e as perniñas de Robotnik cando camiña polo Chao Garden. Tamén aproveitamos para repasar a actualidade do ourizo azul da SEGA co anuncio do Sonic Superstars, a chegada do Sonic Origins Plus, o DLC do Sonic Frontiers, a serie de Knuckles e o feixe de novos episodios que chegarán a Sonic Prime. Axúdanos preenchendo este cuestionario: https://forms.gle/4Sah3GSQkzkXEtom9 TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado. Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer - PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP - OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV - Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer - Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j Séguenos en Twitter: http://twitter.com/recunchogamer Instagram: http://Instagram/recunchogamer TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer #sonicadventure2 #podcast #galego

Jun 16, 202301:33:26
Outeiro Verde Fase Bonus 1: O DLC do Sonic Frontiers (Sights, Sounds and Speed)

Outeiro Verde Fase Bonus 1: O DLC do Sonic Frontiers (Sights, Sounds and Speed)

Chega un novo DLC gratuíto ao Sonic Frontiers cun novo modo foto, un modo jukebox no que escoitar cancións clásicas de Sonic mentres visitamos as zonas abertas de Starfall Islands e dous modos de desafíos de tempo: O desafío do Cyber Stage e a Batalla radical. Neste vídeo contámosche con máis detalle de que van estes modos do DLC Sights, Sounds & Speed do Sonic Frontiers (Imaxes do vídeo correspondentes á versión de PS5). Lembra que no podcast de Outeiro Verde repasamos a historia do ourizo azul de SEGA. TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado. Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer - PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP - OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV - Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer - Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j Séguenos en Twitter: http://twitter.com/recunchogamer Instagram: http://Instagram/recunchogamer TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer #sonicfrontiers #Galego


Mar 26, 202306:13
Outeiro Verde Ep.10: Sonic Adventure [Dreamcast] (A orca na Costa Esmeralda)

Outeiro Verde Ep.10: Sonic Adventure [Dreamcast] (A orca na Costa Esmeralda)

Chega o décimo episódio do Outeiro Verde com o primeiro jogo do Sonic para a Sega Dreamcast: Sonic Adventure. O primeiro plataformas em 3D do ouriço da SEGA, ao que se juntárom o raposo Tails (que nom 'zorra', salvo que estejades em Ice Cap), Knuckles (nós dos dedos), Amy Rose (com o martelo Xosé Manuel Olveira Piko-Piko), E-102 Gamma (um robô con páxaros na cabeça), e Big (um gato violeta gigante parente de Totoro). 

Falamos também dos Adventure Field, as Action Stages e do Ernesto Chao Garden. Um saúdo se chegache a esta descriçom procurando um vídeo de Pratos Combinados e nom do Sonic Adventure ou do Outeiro Verde, o teu podcast do Sonic. 

---

Chega o décimo episodio de Outeiro Verde co primeiro xogo do Sonic para a Sega Dreamcast: Sonic Adventure. O primeiro plataformas en 3D do ourizo de SEGA no que se xuntaron o raposo Tails (que non 'zorra', salvo que esteades en Ice Cap), Knuckles (nós dos dedos), Amy Rose (Co martelo Xosé Manuel Olveira Pico-Pico), E-102 Gamma un robot con paxaros na cabeza, e Big, un gato violeta xigante parente de Totoro. 

Falamos tamén dos Adventure Field, as Action Stages e do Ernesto Chao Garden. Un saúdo se chegaches a esta descrición procurando un vídeo de Pratos Combinados e non do Sonic Adventure ou do Outeiro Verde, o teu podcast do Sonic.  

TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/  

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.   

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer  

- PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP 

- OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV 

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer 

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j  

Séguenos en  Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

Máis podcasts en galego en @podgalego #Podcast #Videoxogos #Sonic

Feb 08, 202301:39:11
Outeiro Verde Ep.9: O "Sonicarrat" (Os Sonic de Arcade, 8 e 32 bit)

Outeiro Verde Ep.9: O "Sonicarrat" (Os Sonic de Arcade, 8 e 32 bit)

Programa especial do Outeiro Verde em que fazemos speedrun dos mais duma  dúzia de jogos do Sonic saídos em Arcade, 8 e 32-bit. De jogos  jeitosinhos como o primeiro Sonic ou o Sonic Pocket Adventure até  trapalhadas como o Sonic Blast. Outeiro Verde é o podcast sobre Sonic de  Recuncho Gamer, com o Jon Amil e o Iago Gordillo. 

---- 

Programa especial do Outeiro Verde en que facemos speedrun dos máis  dunha ducia de xogos do Sonic saídos en Arcade, 8 e 32-bit. De xogos  xeitosiños como o primeiro Sonic ou o Sonic Pocket Adventure até bostas  como o Sonic Blast. Outeiro Verde é o podcast sobre Sonic de Recuncho  Gamer, co Jon Amil e o Iago Gordillo. 

TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.  

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer 

- PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP

- OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j 

Séguenos en  Twitter: http://twitter.com/recunchogamer

Instagram: http://Instagram/recunchogamer

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  #youtubeiras #podcast #galego #sonic

Jan 12, 202301:18:24
Outeiro Verde Ep.8: Sonic R (Ilha Mola)

Outeiro Verde Ep.8: Sonic R (Ilha Mola)

Podes sentir o sol brilhar? Se conheces o Sonic R seguro que podes. Voltamos Jon Amil e Iago Gordillo a repassar o salto do Sonic às carreiras a pé pola Sega Saturn. 

Assim começa a segunda temporada do Outeiro Verde, o podcast dedicado ao Sonic no que repassamos em cada programa um jogo do ouriço azul da Sega.

Também falamos de Barraka, o jogo de Zomorro Studio que podes encontrar aqui: https://zomorrostudio.itch.io/barraka

---

Podes sentir o sol brillar? Se coñeces o Sonic R seguro que si. Volvemos  @amilgz   @IagoGordillo  a  repasar o salto do Sonic ás carreiras a pé pola Sega Saturn.   Así comeza a segunda temporada do Outeiro Verde, o podcast dedicado ao  Sonic no que repasamos en cada programa un xogo do ourizo azul de Sega.  Tamén falamos de Barraka, o xogo de  @zomorrostudio  que podes atopar aquí: https://zomorrostudio.itch.io/barraka

TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ 

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.  

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer  

- PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP 

- OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV 

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer 

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j 

Séguenos en 

Twitter: http://twitter.com/recunchogamer

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  #Sonic #podcast  #youtubeiras Podgalego

Dec 14, 202201:06:39
Outeiro Verde Ep.7: Sonic 3D (O Grove verde)

Outeiro Verde Ep.7: Sonic 3D (O Grove verde)

Derradeiro programa dedicado aos Sonic da Mega Drive no Outeiro Verde, o teu podcast sobre Sonic, e cada dia o de menos gente. Repassamos a  atualidade do ouriço azul da Sega sobre o Sonic Frontiers e o Sonic  Origins, e mergulhamos no mundo do Dr. Robotnik's Mean Bean Machine e do  Sonic 3D Flickies' Island.  Hoje com um extra de Enciclo-speed-ia.

  -----------  

Derradeiro programa dedicado aos Sonic de Mega Drive no Outeiro Verde, o teu podcast sobre Sonic, e cada día o de menos xente. Repasamos a  actualidade do ourizo azul de Sega sobre o Sonic Frontiers e o Sonic  Origins e mergullamos no mundo do Dr. Robotnik Mean Bean Machine e do  Sonic 3D Flickies' Island.  Hoxe cun extra de Enciclo-speed-ia.

TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/  

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.   

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer  

- PODCAST:  https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP 

- OUTEIRO VERDE:  https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV 

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer 

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j  

Séguenos en  

Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

#podcast #sonic #outeiroverde #youtubeiras #youtubeiros

Jun 16, 202201:01:14
Outeiro Verde Ep.6: Sonic Spinball (Na caverna tóxica)

Outeiro Verde Ep.6: Sonic Spinball (Na caverna tóxica)

Como é um mau jogo do Sonic? Pois descobre-o nestes 32 minutos em que falamos de quase tudo menos do Sonic Spinball. Com o Jon Amil, Iago Gordillo e o Veg-o Machine. 

-- -- 

Como é un mal xogo do Sonic? Pois descúbreo nestes 32 minutos en que falamos de case todo menos do Sonic Spinball. Co Jon Amil, Iago Gordillo e o Veg-o Machine.  

TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ 

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.   

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer  

- PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP 

- OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV 

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer 

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j

Séguenos en Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

#OuteiroVerde #Podcast #Sonic #youtubeiras #youtubeiros

May 26, 202232:18
Outeiro Verde Ep.5: Sonic 3 & Knuckles

Outeiro Verde Ep.5: Sonic 3 & Knuckles

Chegamos ao programa número cinco do Outeiro Verde, o melhor podcast sobre Sonic em galego (olho, e também o pior). Aproveitamos para falar do melhor Sonic 3 & Knuckles: O Sonic 3 & Knuckles. Chegamos como Super Sonic a Angel Island com um recebimento pouco agradável do Knuckles, que nos rouba as 7 esmeraldas do caos. 


E o resto contamos-vo-lo neste podcast: cidades submergidas que nom sabemos pronunciar, música de MJ mas nom Pérez, Jackson; Hyper Sonic e, se queredes jogar, podedes dar um grolo a algo cada vez que o Iago Gordillo use a escusa da "narrativa" para tentar defender a absurda ideia de que este é o melhor jogo do Sonic quando, como todo o mundo sabe, o indiscutível melhor jogo é o Sonic 2. (O mais seguro é que se ledes a descriçom em galego RAG estas palavras estejam completamente tergiversadas).

---

Chegamos ao programa número cinco do Outeiro Verde, o mellor podcast sobre Sonic en galego (ollo, e tamén o peor). Aproveitamos para falar do mellor Sonic 3 & Knuckles: O Sonic 3 & Knuckles. Chegamos como Super Sonic a Angel Island cun recibimento pouco agradable do Knuckles, que nos rouba as 7 esmeraldas do caos. 

E o resto contámosvolo neste podcast: cidades somerxidas que non sabemos pronunciar, música de MJ mais non Pérez, Jackson; Hyper Sonic e, se queredes xogar, dádelle un grolo a algo cada vez que o Iago Gordillo diga a palabra "narrativa" mentres Amil intenta refutar inutilmente que este é o mellor xogo do Sonic (O máis seguro é que se ledes a descrición en galego internacional estas palabras estean completamente terxiversadas).


TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/tenda/ 

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.   

Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer  

- PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udb5VlM_mHsq8XetmOmHoPIP 

- OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list=PL-mvB6D71udas5e-1p5oeQdEntR9LmRIV 

- Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer 

- Pasa e participa no noso DISCORD: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j  

Séguenos en 

Twitter: http://twitter.com/recunchogamer

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

#youtubeiras #youtubeiros #youtubeires #podcast #Sonic #Outeiroverde


May 05, 202201:54:10
Outeiro Verde Ep.4: Sonic CD | Pânico em Palmeira

Outeiro Verde Ep.4: Sonic CD | Pânico em Palmeira

Quarto episódio do Outeiro Verde, no qual nos achegamos ao Little Planet  do Sonic CD para descobrirmos a sua proposta de viagens no tempo. Isso  sim, com o desenho de níveis do Sonic CD acabamos mais perdidos que nas  opções e packs do Sonic Origins, que acaba de ser anunciado para o 23 de  junho.   Outeiro Verde, o podcast sobre Sonic, o ouriço azul da Sega. Como sempre, com o Jon Amil e o Iago Gordillo. 

 ---  

Cuarto episodio do Outeiro Verde, no cal nos achegamos ao Little Planet  do Sonic CD para descubrirmos a súa proposta de viaxes no tempo. Iso si,  co deseño de niveis do Sonic CD acabamos máis perdidos que nas opcións e  packs do Sonic Origins, que acaba de ser anunciado para o 23 de xuño.   Outeiro Verde, o podcast sobre Sonic, o ourizo azul de Sega. Como sempre, co Jon Amil e o Iago Gordillo.   

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.  Tamén emitimos en http://twitch.tv/recunchogamer  

PODCAST: https://www.youtube.com/playlist?list=PL273g4peB0hYmnJyaP5L8ue4hnURJz7xT

Pasa e participa no noso Discord: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j  

Séguenos en  

Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer

Apr 21, 202201:21:19
Outeiro Verde Ep.3&K: Sonic 2, o filme
Apr 07, 202201:20:42
Outeiro Verde Ep.2: Noite no Casino (Sonic 2, Mega Drive)

Outeiro Verde Ep.2: Noite no Casino (Sonic 2, Mega Drive)

Segundo episódio do Outeiro Verde, no qual aterramos na West Side Island  para conhecer o Tails ao tempo que o Doutor Robotnik (egg-o-quê?) volta  a fazer das suas, repetindo o plano da primeira entrega, tampouco lhe  pidades muito mais. Sim, exato, desta vez falamos do Sonic 2, mas nom  Sonic 2, o filme; falamos do Sonic 2 da Mega Drive. Olho, nom o Sonic 2  da Master System ou da Game Gear, esquece isso, o Sonic 2 da Mega Drive  (ou Sonic 2 da Sega Genesis). Tampouco estamos mui certos de que se  repetimos o tempo todo "Sonic 2" isto vaia posicionar melhor para o  algoritmo, mas eu que sei... Sonic 2. Fim.

Também nos esquecemos  de mencionar o comentário de Gabri @buenoconabueno, que falava de que a  sua personagem favorita era Cotelos, o Equidna.

Ah, sim, com o  Jon Amil e o Iago Gordillo. 

 -----  

Segundo episodio do Outeiro Verde, no cal aterramos na West Side Island  para coñecer o Tails ao tempo que o Doutor Robotnik (egg-o-que?) volve  facer das súas, repetindo o plan da primeira entrega, tampouco lle  pidades moito máis. Si, exacto, desta vez falamos do Sonic 2, mais non  Sonic 2, o filme; falamos do Sonic 2 da Mega Drive. Ollo, non o Sonic 2  da Master System ou da Game Gear, esquece iso, o Sonic 2 da Mega Drive,  (ou Sonic 2 da Sega Genesis). Tampouco estamos moi certos de que se  repetimos todo o tempo "Sonic 2" isto vaia posicionar mellor para o  algoritmo, mais eu que sei... Sonic 2. Fin.

Tamén nos esquecemos  de mencionar o comentario de Gabri @buenoconabueno, que falaba de que a  súa personaxe favorita era Cotelos, o Equidna.

Ah, si, co Jon Amil e o Iago Gordillo.

Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado.

Tamén emitimos en http://twitch.tv/recunchogamer 

PODCAST: https://www.youtube.com/playlist?list=PL273g4peB0hYmnJyaP5L8ue4hnURJz7xT 

Pásate e participa no noso Discord: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j  

Séguenos en Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer 

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer 

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

#youtubeiras #youtubeiros

Mar 31, 202201:39:13
Outeiro Verde Ep.1: De volta no Outeiro Verde (Sonic 1)

Outeiro Verde Ep.1: De volta no Outeiro Verde (Sonic 1)

Primeiro programa do Outeiro Verde, o novo podcast de Recuncho Gamer  dedicado à franquia Sonic. Nele, Iago Gordillo e Jon Amil repassam  episodio a episodio os jogos de Sonic the Hedgehog. Neste primeiro  episódio retornamos às origens do ouriço azul de Sega para repassarmos  em profundidade o primeiro jogo, o Sonic the Hedgehog da Sega Mega  Drive.  

----

Primeiro programa do Outeiro Verde, o novo podcast de Recuncho Gamer  dedicado á franquía Sonic. Nel, Iago Gordillo e Jon Amil repasan  episodio a episodio os xogos de Sonic the Hedgehog. Neste primeiro  episodio retornamos ás orixes do ourizo azul de Sega para repasarmos en  profundidade o primeiro xogo, o Sonic the Hedgehog da Sega Mega Drive. 

LINKS

● 50 Hz vs. 60 Hz no Sonic [está no 1h30m]:  https://youtu.be/fEW3EiNUyyI

●  Mod "Sonic o Ourizo" no Steam: https://steamcommunity.com/sharedfiles/filedetails/?l=portuguese&id=674736133

●  Sonic the Hedgehog  (Android): https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sega.sonic1px&hl=gl

●  Sonic the Hedgehog (iOS): https://apps.apple.com/pt/app/sonic-the-hedgehog-classic/id316050001

---

MARCAS DE TEMPO

0:00:00 Abertura

0:01:12 Início

0:05:17 História

0:16:10 Mecânicas

0:29:16 Argumento

0:38:42 Green Hill Zone

0:46:05 Marble Zone

0:55:54 Spring Yard Zone

1:02:20 Labyrinth Zone

1:09:20 Star Light Zone

1:13:52 Scrap Brain Zone

1:19:11 Final Zone

1:23:55 Ports e remakes

1:32:29 Pergunta do dia

1:45:45 Próximo desafio

1:47:28 Despedida 


Recuncho Gamer é un espazo adicado aos vídeoxogos desde o desenfado.

Tamén emitimos en http://twitch.tv/recunchogamer 

PODCAST: https://www.youtube.com/playlist?list=PL273g4peB0hYmnJyaP5L8ue4hnURJz7xT

Pásate e participa no noso Discord: https://discord.gg/Uyq6CyVY4j 

Séguenos en  Twitter: http://twitter.com/recunchogamer 

Instagram: http://Instagram/recunchogamer

TikTok: https://www.tiktok.com/@recunchogamer

Facebook: http://www.facebook.com/recunchogamer  

#Sonic #Podcast #Youtubeiras

Mar 27, 202201:50:03