Skip to main content
Rubén Riós

Rubén Riós

By Rubén Riós

Camiñantes do noso.

Comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.

Serie producida por Claqueta Coqueta e que forma parte Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
Available on
Apple Podcasts Logo
Google Podcasts Logo
Pocket Casts Logo
RadioPublic Logo
Spotify Logo
Currently playing episode

Camiñantes do Noso. Ep2- Isabel

Rubén RiósDec 11, 2020

00:00
06:25
Camiñantes do Noso. Ep2- Isabel

Camiñantes do Noso. Ep2- Isabel



Isabel, coñecida polos seus veciños como a Pantoja, é a protagonista do capítulo 2 de “Camiñantes do noso”. Ela é unha desas cantareiras que, á luz do lume e da calor da lareira, cantan e gobernan. Isabel, que contaba tódalas noites os seus sete fillos pra ver se non lle faltaba ningún, déixanos a seguinte reflexión: “Saín eu adiante mellor con sete fillos que agora con un”.

Dec 11, 202006:25
Camiñantes do noso Ep.1- Xita

Camiñantes do noso Ep.1- Xita

Xita é a protagonista do capítulo 1 de Camiñantes Do Noso.

É unha desas mulleres do rural de edición limitada. Nacida en plena Guerra Civil, Xita fainos ver que algúns silencios din máis que milleiros de palabras; entre as súas atinadas reflexións destacamos/salientamos esta: “medio mundo anda arrastrado para manter outro medio que vive sentado”.É unha desas mulleres do rural de edición limitada. Nacida en plena Guerra Civil, Xita fainos ver que algúns silencios din máis que milleiros de palabras; entre as súas atinadas reflexións destacamos/salientamos esta: “medio mundo anda arrastrado para manter outro medio que vive sentado”.

Dec 08, 202006:46
Camiñantes do Noso

Camiñantes do Noso

Miniserie, que consta de 10 capítulos de cinco minutos de duración cada un, nos que o actor Rubén Riós percorrerá o dez etapas da Vía da Prata que separan A Canda, na provincia de Ourense, de Santiago de Compostela. Cada capítulo abordará, desde a perspectiva e experiencia dos máis maiores, un tema concreto como o Camiño de Santiago, o abandono rural, o coronavirus ou a violencia de xénero, entre outros.

Rubén Riós pretende empoderar a unha xeración que, por mor da pandemia de covid-19, está "en perigo de extinción". "Con este documental, os nosos maiores senten que son escoitados. Moitos deles non foron á escola, pero teñen outro tipo de información moi valiosa: a experiencia", destacou Riós.
Dec 07, 202000:21