Skip to main content
ESTACIÓN PANTASMA

ESTACIÓN PANTASMA

By RUXE RUXE

Seis superviventes dunha apocalipse fodidamente zombie e molona. Un poster dos Clash, un dos Pogues e outro dos benditos Waterboys. Unha colección interminable de vinilos e cassettes medio estragados e apilados sobre unha artesa ateigada de cables, jacks, latas de conserva caducadas e un monllo de trebellos oxidados. Tamén unha antena parabólica escarallada que ás veces funciona.
PD. Cando o demo non ten que facer, fai un podcast. ESTACIÓN PANTASMA é un podcast creado polo grupo galego de rock RUXE RUXE.