Skip to main content
Viaxantas Podcast

Viaxantas Podcast

By Cristina Terceiro
Viaxantas é un podcast bimensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.
Listen on
Where to listen
Apple Podcasts Logo

Apple Podcasts

Breaker Logo

Breaker

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

#7 Un tren ás nubes

Viaxantas Podcast

1x
#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira
O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao ADN meco. No episodio 15 de Viaxantas imos converternos por uns minutos en turistas no noso propio país para coñecer o “Caribe galego” dende tres puntos de vista diferentes: O puramente turístico, con Mara Mariño, responsable da Oficina de Turismo da vila. O histórico, co conservador do Museo das Salgadeiras de Moreiras, José Luís Escalante González. E a faciana máis humana e emotiva, con Lorena Lores, filla de migrantes de O Grove, que nos conta o que representa esta vila para ela e cómo a foi ir coñecendo a través das descripcións de familiares ata visitala por primeira vez. ________________________  Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
01:04:14
August 1, 2021
#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras
Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar estes sons esquecidos: o multiinstrumentista galego Abraham Cupeiro e o compositor e investigador arxentino, Alejandro Iglesias Rossi, director da Orquesta de Instrumentos Autóctonos y Nuevas Tecnologías da Universidade Nacional Tres de Febrero da Arxentina.  ________________________  Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
01:06:33
July 18, 2021
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño : dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico. Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Déixoche o encerezo web aquí para que lle botes unha ollada. Paga a pena.   Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web -The Nomadic Vegan- descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano.  Boa escoita e bo camiño!  ________________________ Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
39:24
July 4, 2021
#12 Aventuras na illa dos volcáns
O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha desas que case é máis popular no exterior que na casa, un lugar no que parece que sempre é primavera e onde os volcáns son protagonistas absolutos. Benvid@ a Lanzarote.  Falaremos das mellores praias, de como sacarlle o máximo partido ao Parque Natural de Timanfaya e tamén de experiencias alternativas coas que gozar dunhas vacacións do máis completas e diferentes. Acompáñanme:  Andrea e Carlos Vázquez, para falar de roteiros en bici e paseos en Jeep nunha illa case virxe.  Jorge Barrio, para meterche o becho do submarinismo no corpo. Apúntaste a esta viaxe sonora? ---------- Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
55:08
June 20, 2021
#11 Cvntis, máis ca un paraíso termal
Ti como describirias a vila na que te criaches?  Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cvntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo.  E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben:  Héitor Picallo, ilustrador, escritor e investigador que coñece ben a faciana termal e histórica desta vila con máis de 2000 anos de historia.  Manuel Martínez, técnico de turismo do Concello de Cvntis, que nos vai achegar os segredos menos coñecidos da localidade e arredores. Sandra Obarrio, da fundación Terra  Termarum, que nos descifrará o castro de Castrolandín e o proxecto de reconstrucción de cerámica castrexa que lidera.  Boa escoita!  ---------- Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. 
01:02:13
June 6, 2021
#10 Un paseo medieval
No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas.  Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast de viaxes e experiencias en galego.  ---------- Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego.
20:59
May 23, 2021
#9 As letras galegas en América
Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América. E para facelo, a compañareime do presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, que nos porá en contexto.  Ademáis, debateremos con Carlos Rodríguez Brandeiro (director do Colexio Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), Marta Villar (impulsora do "Faladoiro" do Centro Galicia de Bos Aires) e  Débora Campos (xornalista e unha das fundadoras do grupo de Lectores Galegos en Bos Aires) sobre o presente e futuro da cultura galega na quinta provincia.  Acompáñasme nesta homenaxe á galeguidade exterior?  ---------- Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. 
01:38:38
May 9, 2021
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra.  Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar, para preservalas nosas tradicións. Para iso conto con dous bos axudantes: Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/ Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu, contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web:  http://www.adegaslareu.com/ E todo isto, se esquecernos de que a Ribeira Sacra é candidata a Patrimonio da Humanidade da Unesco.  Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta. Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/  Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721  Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días.
53:59
April 25, 2021
#7 Un tren ás nubes
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo.  Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast! Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla  e o seu famoso tren a las nubes. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Falaremos de cultura e escoitaremos músicas da zona.   Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de "tren ás nubes" propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2018/04/22/dia-pedrafita-quedo-trenel-bng-outeiro-pide-abrir-empresas-contratos-locales/0003_201804L22C6993.htm Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso.  Súmaste á aventura?  Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.  Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/  Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721  Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días. 
23:49
April 11, 2021
#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden
Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que eres capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda. No episodio 6 de Viaxantas só me fai falta abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme? Para este paseo vou contar cun popurrí de voces, entre as que destacan a do profesor e escribor Xosé Manuel Lobato, unha das persoas que mellor coñece tódalas historias que hai ao redor deste xigante picudo con aires de grandeza. Falaremos de mitos, de milagres e dragóns, pero tamén haberá tempo para algo de historia pasada e presente do Camiño de Santiago da man de Carmen Cutrín, unha veciña do Concello de Vedra que conta con moitísima paixón a lenda do traslado dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela. Agardo que disfrutedes moito do episodio. Xa sabedes que podedes atoparnos en Spotify, Ivoox, Apple e Google podcast, entre outras plataformas.
01:07:36
March 28, 2021
#5 Viaxar ao corazón dunha pirámide
Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades. Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata o Cairo para descubrir este e outros segredos dunha civilización abraiante, cuxo legado segue en pé millieros de anos despois. Falaremos da única marabilla do mundo antigo que segue en pé, dalgúns dos templos máis fermosos da civilización exipcia e da faciana musulmá dunha cidade caótica e chea de contrastes. Dalle unha escoita e xa sabes, escríbenos no Instagram e no Facebook as túas impresións.
16:37
March 14, 2021
#4 Bos Aires con Jose Lemur
Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. Eu hoxe vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis. Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez en construcción, transformou o meu xeito de viaxar e deulle novos significados a palabras como amizade, compromiso e familia. Vivir non é o mesmo que visitar, e eu en Bos Aires vivín catro anos coma unha arxentina máis. Vivina primeiro con ollos estranxeiros, os primeiros meses, sorprendéndome de moitas cousas a pesares de tantas outras semellanzas. Pero vivina como unha porteña máis segundo avanzaba o tempo. Gozando das súas librarías abertas ata a medianoite, dos longos paseos pola Costanera Sur ou a Feira de San Telmo, das súas músicas e xentes, dos mates compartidos, e do ritmo das súas protestas. Entendina tamén como a Quinta Provincia galega máis aló da literatura, grazas aos numerosos centros e asociacións galegos que, da man de galegos de primeira, segunda ou terceira xeración, fan unha labor marabillosa do outro lado do Atlántico para difundir a nosa cultura, o noso folclore e costumes, pero tamén como un motor solidario ou un punto de contención para recén chegados, como o fun eu nun momento. Neses centros, entre galegos ou arxentinos namorados de Galicia, entendín a miña terra nai como nunca antes o fixera. E aprendín deles cousas que na Galicia territorial nunca pensara, nunca analizara, nunca vira e que agora aprecio doutra maneira. Catro anos dan para moito! Dan para pasar por campañas electorais, cambios políticos, algunha que outra crise económica ou traxedias nacionais como a do ARA San Juan ou os continuos asasinatos machistas que sufre o país. En Bos Aires fixen amigos que son familia, e reconectei con familia coa que nunca antes falara e que hoxe son parte fundamental do meu día a día. Por todo iso, Bos Aires, coma Galicia, ten que ter un protagonismo especial neste podcast. Imposible contar 4 anos nun episodio, por iso me vou acompañar de amigos para que me axuden a achegarvos esta cidade única dende diferentes prismas. Para este episodio 4 de Viaxantas contarei con Jose Lemur, outro galego dos que non chegou a Bos Aires en barco pero que nutren a comunidade galega do país austral. Falamos de morriña, da colectividade galega, de lugares que nos namoraron da cidade, de distancias e moito máis. Dalle unha escoita.
50:05
February 28, 2021
#3 Viva o entroido!
Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de "oh, un entroidiño!" cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e convertirse noutra persoa por unhas cantas horas nas que case todo vale para botar unha risas, o entroido é na miña vila natal sinónimo de Xenerais, atranques e vivas. Se aínda non sabedes de qué vos falo convídovos a escoitar o episodio número 3 Viaxantas Podcast que lle adico ó tempo das filloas e orellas (que ricas por deus!!! ), pero sobre todo a unha das tradicións que máis me gustan da miña terra. Hoxe falamos sobre os Xenerais da Ulla. Aínda que non se sabe con certeza a orixe desta tradición, o certo e que non hai coñecemento de nada similar nin noutras zonas de España nin da Europa Occidental, tal e como contan na web www.xeneraisdaulla.gal Eu aos Xenerais sempre os vin dende a barreira; é dicir, como espectadora. E para transmitirvos os momentos máis especiais desta tradición, contarei con catro axudantes que saben o que é enfundarse nun deses traxes de fios dourados e cor, moita cor. Eles son Miguel Peteiro, Alejandro Barreiro, Cristina Calviño e José Antonio Neira Pombo. Dádelle ao play e despois contádeme qué vos pareceu, se coñecíades todo isto ou se vístedes algo parecido nalgún outro lugar do planeta. Podes facelo a través das redes sociais ou no noso blog: https://www.instagram.com/viaxantas/ https://www.facebook.com/groups/3558732530911721 https://viaxantas.wordpress.com/ E para escoitarnos estamos en Ivoox, Apple Podcast, Spotify e moitas máis plataformas.
32:25
February 13, 2021
#2 Unha cea prehistórica
Neste episodio viaxamos ata a Patagonia arxentina para gozar dunha cea prehistórica e unhas vistas de película. Imos coñecer as covas de Walichu, o primeiro xacemento arqueolóxico que se descubriu na zona, pero tamén Punta Bonita e o inmenso lago Argentino. Para que me axuden a achegarvos as sensacións que transmite este lugar conto con outros dous viaxeiros: Jorge Barrio e Sol Santacroce. Agardo que vos guste!
25:15
January 31, 2021
#1 Benvidas Viaxantas!
Isto é Viaxantas, un podcast en galego para os amantes dunha boa escapada, de saír e darse unha homenaxe gastronómica e de vivir experiencias do máis diversas. Descubre quen está detrás do micro, por qué viaxantas e por qué en galego.
14:40
January 16, 2021