Skip to main content
Zona Wifi - Fóra de Cobertura

Zona Wifi - Fóra de Cobertura

By xabierrolan
Podcast sobre comunicación dixital, tecnoloxía e moitas outras cousas que me pasan pola cabeza - Con Xabier Rolán, profesor e investigador na Universidade de Vigo
Listen on
Where to listen
Breaker Logo

Breaker

Google Podcasts Logo

Google Podcasts

Overcast Logo

Overcast

Pocket Casts Logo

Pocket Casts

RadioPublic Logo

RadioPublic

Spotify Logo

Spotify

Currently playing episode

S03 E01 Que difícil é ter a aplicación de correo perfecta

Zona Wifi - Fóra de Cobertura

1x
S03 E02 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: "melóns e algoritmos"
Queríamos falar de algoritmos e abrimos demasiados melóns. Son cousas que pasan cando Amador e Xabi botan a falar ás veces sen pensar as cousas moito, e de comentario a comentario, tertulianos a monte que se volveron :)
42:21
January 21, 2022
S03 E01 Que difícil é ter a aplicación de correo perfecta
Spark, Outlook, Mail, Mimestream... ningunha aplicación me permite todo o que quero! Problemas do primeiro mundo tecnolóxico para comezar o ano 2022. Ah, e a ver se notades algo diferente na gravación. Xa vos contarei...
08:27
January 14, 2022
S02 E15 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: PRODUTIVIDADE. Así, con maíusculas (episodio 1)
Esta semana falamos sobre produtividade. Comezamos co correo electrónico, pero prometemos que falaremos outra vez sobre este tema, porque atallos, rutinas, pequenas apps ou metodoloxías... son parte do noso día a día. 
43:41
December 03, 2021
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: falemos sobre odio e(n) internet
O titular ben podería ser que Amador é unha "persoa de bata", pero o eixo temático deste capítulo son os odios en internet e sobre a tecnoloxía. Que cousas aborrecen Amador e Xabi? Sobre que falamos de discursos de odio en liña? Todo isto e moito máis (escuro) nun episodio que remata coa luz das recomendacións deste episodio de outono. 
53:30
October 29, 2021
Especial "Wi-Tip" con @dorfun e @evelio_sj: What the BIM is this!
Desta volta conversamos un rato con Evelio Sánchez, apaixonado da tecnoloxía que (sobre)vive no sector da construción, autor do podcast @BIMras sobre metodoloxía BIM. Achégate a coñecer a conexión entre tecnoloxía e construción civil, que para iso temos un convidado de excepción!
48:52
September 28, 2021
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: Volvemos ao cole
Amador e Xabi volven ás andadas podcasteiras falando de como foi o verán, da progresiva desaparición da carteira e dos contrasinais. Velaquí algunhas cousas das que falamos e recomendamos: Newsletter de Amador Newsletter de Xabi Serie For All Mankind App Stocard
50:20
September 23, 2021
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: edición de verán (tecnolóxico)
Antes de marchar de vacacións, Amador e Xabi falan un pouco sobre as novidades tecnolóxicas do verán, sobre todo o ligado coas virtualizacións (Windows 365 vai a poder executarse dende un navegador), a cultura da suscrición, como está a ser a evolución das grandes tecnolóxicas... e para rematar, un par de recomendacións para que pases un estupendo verán acompañado de varios podcast moi recomendables. Volveremos coas pilas cargadas a partir de setembro! Recomencións: Dálle unha oportunidade a Pocket Casts Descubre a historia de Nintendo con "Arqueología Nintendo" A gruta de Gizamaluke dálle unha nova dimensión ao "salto" nos videoxogos. 
55:04
July 26, 2021
Traballar cunha tablet (ipad). É posible? Merece a pena?
Levo tempo pensando en facer este podcast (un ano acumulando experiencias). Merece a pena traballar cunha tablet? Substitúe o ipad ao ordenador? Que vantaxes ten? E os principais inconvenientes? Que trebellos precisas para acompañar a tablet? Agardo que a miña opinión –baseada na experiencia– vos sexa útil.
16:28
July 15, 2021
[Entrevista en RadioVigo] Como nos comportamos os iberomericanos durante a pandemia
Que ben me prestou conversar con @jacobobuceta sobre o proxecto de #covidstagram que temos en marcha entre as universidades Estadual Paulista, Brasilia, Coruña e Vigo.  Conversa nada técnica, non vos preocupedes. É amena. Non é Zona Wifi nin Wi-tip, pero paga a pena. 
12:45
May 26, 2021
Mellora a wifi do teu fogar: extensor wifi, PLC, wifi mesh???
A meta-wifi! Hoxe na Zona Wifi imos a falar de Wifi. Para non quedar "fóra de cobertura". Si, seino. Estou "sembrado".  Pero agardo que vos sexa útil: extensor wifi, plc, wifi mesh... esta é a miña experiencia na casiña. 
09:13
April 08, 2021
Especial “Wi-Tip” con @dorfun e @isaacgonzalezeu - Criptomoedas e tecnoloxías blockchain
Hoxe falamos con Isaac González @isaacgonzalezeu profesor de informática na USC e investigador no mundo das finanzas dixitais, criptomoedas e tecnoloxías blockchain. A Isaac podedes seguilo no fantástico boletín https://consenso.substack.com/ e nun proxecto que dará que falar nas vindeiras semanas: https://www.agora.gal/ 
01:02:09
March 25, 2021
Especial "Wi-Tip" con @dorfun e @albertodafonte: fake news e fact-checkers
Imos tan lanzados con "Wi-Tip" que Amador e un servidor xa se lanzan coa primeira entrevista: o profesor e investigador Alberto Dafonte achégase (isto non é literal) aos nosos micros para falar da desinformación e "infodemia" dende a perspectiva das entidades que se adican á verifición dos feitos. 
57:07
March 19, 2021
Especial “Wi-Tip” con @dorfun: copias de seguridade
Ao fío do ataque de ransomwere do SEPE e do datacenter de OVH que ardeu esta semana, compartimos algúns consellos e as nosas configuracións de copias de seguridade.
46:58
March 12, 2021
Especial "Tip & Tic - Fóra de Cobertura" con @dorfun - Competencias dixitais.
Vaia capítulo especial este! Hoxe a Zona Wifi fúndese con Tip & Tic e Xabi e Amador conversan sobre competencias dixitais, sobre todo na era da pandemia, e recomendan empregar BitWarden e https://www.online-convert.com/ Por certo, o concepto ao que aludo no programa chámase "affordance", introducido por Gibson en 1977. Por favor, suxerídenos nomes para esta colaboración, convidados (se queredes participar) e se vos gustan estes lazos que comezamos a tecer.
36:56
March 06, 2021
Como Microsoft volve a ser un exemplo a seguir
Maqueiro grazas a Windows, pero cando se fan as cousas BEN, hai que recoñecelo. Aquí che conto por que creo que Microsoft é un exemplo a seguir, de novo, e por que debes darlle unha oportunidade ao seu navegador: Edge https://www.microsoft.com/es-es/edge 
08:54
March 01, 2021
Xestores de contrasinais. Se non empregas ningún, xa estás tardando
A propósito das recentes limitacións que vai a impoñer LastPass, falo un pouco das alternativas ou opcións que temos, e o mínimo que lle podemos pedir a un xestor de contrasinais. 
05:57
February 19, 2021
Cinco consellos para optimizar o uso do correo electrónico
Coñecías o "truco do punto (.) de gmail?", é o primeiro de cinco trucos, consellos ou formas de optimizar o teu tempo de uso do correo electrónico
06:59
February 12, 2021
Zafarse das poutas de Google é difícil, pero non imposible
Nova temporada, novos propósitos. Aproveita o novo ano para tratar de fuxir dos servizos de Google coas alternativas que comparto no podcast. Adiante!
16:33
January 13, 2021
Algúns bos podcast para despedir o ano (o que descubrín en 2020)
Neste podcast recomendo algúns podcasts que descubrín este ano e que se converteron en imprescindibles.
10:08
December 18, 2020
Como traballar en remoto (BEN) con macs
O prometido é débeda. Así é como traballo en remoto cos meus equipos. As gañadoras son Parallels Access e Jump Desktop
10:05
October 05, 2020
Redes sociais e turismo. Un interesante uso para os emojis!
Xa tiña ganas de falar sobre redes sociais e turismo, así que hoxe explícovos para que emprego eu os metadatos de Instagram (neste caso, os emojis) para a análise de comunicación turística.
04:09
July 16, 2020
Gravar videotitoriais con Capto
Hoxe cóntovos como fago para gravar e editar videotitoriais, a versión gratuíta co quicktime e a profesional con Capto, un software sinxelo, potente e por 14 euros!
08:33
April 21, 2020