A Estación Cultural Apr 20, 2023
A Estación Cultural Podcast: O final da nosa viaxe
Esta longa viaxe chegou á súa fin.
E nesta última parada deixámosvos a conversa coa Concelleira de Cultura de Vedra para darlle o peche que se merece esta marabillosa primeira tempada.
A Estación Cultural Podcast: Mulleres Valentes
Mulleres Valentes é unha exposición de Rosa de Cabanas, unha artista que nos comparte a todos e todas como foi o proceso creativo para darlle vida a este marabilloso proxecto.
A Estación Cultural Podcast: As pandereteiras de Vedra
Se algo caracteriza ao Concello de Vedra é a súa gran actividade cultural, neste panorama destacan os seus dous grupos de pandereteiras: Silandeira e Dedaleiras. Hoxe falamos con elas para que nos conten a súa experiencia e traxectoria no universo da música tradicional.
A Estación Cultural Podcast: Unha conversa con Caamaño&Ameixeiras
Conversamos xunto a Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño sobre os seus inicios na música, o seu proxecto musical na actualidade e o rol que cumpren dentro do universo musical galego.
A Estación Cultural Podcast: A loita pola igualdade no Concello de Vedra
Para comezar a nosa radio deste festival de marzo, queremos convidar a varias participantes da Asociación Berenguela pola Igualdade, un colectivo que se autopercibe feminista e que fai distintas actividades para dinamizar a igualdade en territorios rurais.
A Estación Cultural Podcast: Unha conversa con Manuel Alonso, presidente de FAGAARTE
Falamos co presidente da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (Fagaarte) Manuel Alonso.
Galicia é terra de alfombristas e a entidade busca representar aos traballadores e espallar o seu traballo polo mundo enteiro. Nesta ocasión participan activamente no Festival da Camelia.
A Estación Cultural Podcast: Coleccionista de camelias
María Luisa Villaverde leva anos coleccionando camelias, pero máis aló ten a capacidade de transmitir a súa paixón de coleccionista e fixo que todo o mundo se namorase dela.
Se escoitas un asubío dun paxaro podería ser María Luisa.
A Estación Cultural Podcast: Entrevista a Rubén de AMABUL
Nesta ocasión, a Estación Cultural céntrase na Terra. Falamos con Rubén, representante de AMABUL, asociación medioambiental que procura mellorar a contorna coa axuda da pedagoxía ambiental.
Falamos do traballo que realizan para protexer a contorna e concienciar á poboación dende unha perspectiva ambiental.
A Estación Cultural Podcast: Lola e Montse
Lola e Monserrat levan anos traballando xuntas como veciñas que se adican dun xeito creativo e participativo a traballar arranxos coma os que vimos na Festa da Camelia. Destacan que o traballo en equipo é fundamental e invitan ás novas xeracións a que se animen a participar.
A Estación Cultural Podcast: Exposición artística na Estación Cultural
O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo dá a coñecer as exposicións artísticas que se desenvolven na Estación Cultural
A Estación Cultural Podcast: Cine e literatura como creacións artísticas
Conversa con Emily Rodríguez, creadora literaria e Marisa Otero, creadora de cine. Falaron dende a perspectiva das súas disciplinas, da súa primeira vinculación coa creatividade, os procesos creativos e o de profesionalización da súa paixón.
A Estación Cultural Podcast: A creación musical
Neste episodio falamos da creación nun sentido artístico e social.
Conversamos cos artistas que participaron no festival de xaneiro da Estación cultural:
- Okeoh: Que significa para ti o rock nun concello rural?
- Charanga BB+: Como poderías definir o que é unha charanga?
- Pauliña: Como te metiches no rock?
E sobre todo contáronnos como é traballar en colaboración con outros músicos.
A Estación Cultural Podcast: Nenos e nenas artistas en Vedra
Nesta Estación Cultural sabemos que a Arte é unha ferramenta interxeracional que abarca toda a nosa vida, non só o traballo ou o oficio, senón tamén a paixón e a canalización.
Por iso, neste episodio conversamos con Antonio, o gran mestre de Vedra e tamén co alumnado da Escola Unitaria de Sarandón que fixo as ilustracións para o libro de contos “Feitizo no Val”, do autor do libro: José Manuel Lobato.
A Estación Cultural Podcast: A Nosa Cultura
A cultura é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dun pobo e para a construción da súa identidade.
Falamos coa Conselleira da Cultura das actuacións que se están a levar a cabo en prol da cultura en Vedra.
A Estacion Cultural Podcast: Musica e Tradición
Falamos con músicos de Vedra sobre a vinculación entre a tradición e a industria musical. Sobre a relación entre a música tradicional e a música doutros territorios, sobre as principais influencias que tivo e as que aínda ten a nosa música.
A Estación Cultural Podcast: Cultura para a memoria II
Seguimos a conversa cos avós e avoas de Vedra.
A vida no rural
Lembranzas das festas, bailes e actividades de cando eran mozos e mozas e a comparación coas festas de hoxe.
A Estación Cultural Podcast: Cultura para a memoria I
Conversamos cos artistas dos distintos coros locais.
A importancia da cultura para manter viva a memoria.
Lembranzas das festas, bailes e actividades de cando eran mozos e mozas e a comparación coas festas de hoxe.
A Estación Cultural Podcast: En Galicia todo se fai con amor, artesás vedresas
Nesta ocasión falamos coas artesás de Vedra, María Ghaiteiro de “Nobelo a Nobelo” e María de “Mailo”.
Manifestaron a importancia do traballo colectivo e local en Vedra.
Tamén compartiron consellos para aquelas persoas que queiran adoptar a artesanía como forma de vida.
A Estación Cultural Podcast: Coñeces a asociación cultural raiceiros?
Falamos con Sofía Riveiro da “Asociación Cultural Raiceiros” entidade afincada en divulgar e difundir a cultura popular da zona do Ulla, sobre as tarefas que desenvolven dende este espazo para manter viva a cultura e a memoria.
A Estación Cultural Podcast: Conversa coas estudantes do CEIP Ortigueira
Falamos da memoria coas mozas do Instituto CEIP Ortigueira.
Que significado ten a memoria para ti?
Cales son eses recordos que nunca esqueciches?
A Estación Cultural Podcast: Trailer
Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura.
Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra