Skip to main content
A Viva Voz Galega

A Viva Voz Galega

By Isabel Pichel
Espazo de reflexión e conversa. Temas: Saúde metal, emocinal e física, estilos de vida e cultura galega. Dirixido e presentado pola xornalista e coach Isabel Pichel
Cada episodio conta coa participación dunha persoa especialista e tamén coa voz de persoas que teñen unha historia de superación persoal inspiradora.
Listen on
Currently playing episode

Ana Castro Liz conversa sobre amor e parella con Isabel Pichel

A Viva Voz Galega

Ana Castro Liz conversa sobre amor e parella con Isabel Pichel

A Viva Voz Galega

1x
Ana Rendo, psicoloxía Kabbalística e intelixencia emocional
Ana Mª Rendo, psicóloga e coach: "As decisións fáciles levan a unha vida difícil e que as decisións difíciles levan a unha vida fácil" Fala da estructura enerxética, do mapa espiritual, con relación á data de nacemento, o nome e os apelidos. Fala tamén da viaxe cara o interior para recoñecernos. A psicoloxía humanista, cognitiva, conductual, axuda a prender a decidir cómo queremos vivir a propia vida. A psicoloxía clínica mira pola nosa saúde mental. Conta que hoxe por hoxe temos a tendencia a tapar e bloquear as emocións, por exemplo a tristeza. O malestar físico alerta da ausencia de límites. "O 85% das persoas non están satisfeitas co seu traballo", di Ana.
36:32
October 21, 2021
Rubén Riós presente e futuro 2ª parte
O actor e director galego, Rubén Riós fala de que a exclusión é por moito descoñecemento e tamén, que é no compromiso onde reside a diferenza. Conta que se quitaron as lareiras das casas e nesas reunións de outrora,  e tamén nas tabernas, onde se gobernou o pobo galego. Fala tamén de emprendemento: "se ves riqueza no rural, peta á porta da veciñanza e pide axuda, vai pouco a pouco, asesórate ben sen cegarte. Mira que pasaría se fose mal o proxecto, as fortalezas e as debilidades". "Levamos na mochila da infancia frases coma "estudia para non quedar na aldea coas vacas" como sinónimo de pobreza e non é así" "Temos moito millo na tulla" di, en decembro estrea o documental "Outros Camiños" onde percorre 500 kms da Vía da Prata xunto con persoas con parálise cerebral. Antes, en novembro prepara nova edición da "Ruta do talento" en Riós, Ourense.
29:32
October 17, 2021
Rubén Riós, actor e director de cine 1ª parte
O actor e director de cine galego conversa a corazón aberto sobre intelixencia emocional e amor como motores do mundo. Conta que na pandemia se deu conta de converterse en pai de seus pais e tamén, que existen moitas soidades e non só no rural galego. "Dende un punto de vista optimista, podemos comezar un novo capítulo da nosa vida", di. Premio do público no Festival de cine inclusivo de Vigo pola webserir "Arrieiros somos" inicia a dirección na súa primeira longametraxe.
22:39
October 17, 2021
Ana Castro Liz 2ª conversa sobre amor e parella con Isabel Pichel
Nesta conversa a psicoterapeuta fala de Tinder, parellas que escollemos en función das nosas feridas, do interés común, da responsabilidade persoal. Conta que as persoas somos as creadoras da nosa vida, pero que careciamos de educación emocional ata o presente. A vida é o que nos pasa, mentres facemos outros plans. Necesitamos escoitar máis. Sempre debemos seguir camiñando pois apararecerá un sinal inesperado que mude a nosa realidade. Unha parella sana ha de ter comunicación, respecto, confianza, atracción sexual e compartir intereses e plans comúns. Ana Castro Liz ten publicados 3 libros: "Aprende de tus cicatriz.ex" ( 2021, Vadeletras Editorial); "Tu cuarentena" (2020, Vadeletras Editorial); "Cuántas ranas hay que besar hasta encontrar al Príncipe Azul" (2015 Editorial Humanitas)
35:15
October 11, 2021
Ana Castro Liz conversa sobre amor e parella con Isabel Pichel
Nesta conversa a psicoterapeuta fala da "toma de conciencia" da propia felicidade, de educación emocional, dos modelos de parella copiados ou herdados da familia. No tempo presente poñemos o foco en "ser" e non en "ter". Conta que deixar a unha persoa que non nos quere é un acto de amor propio e tamén, que as emocións teñen o seu propio prazo, o seu propio tempo. Ana Castro Liz ten publicados 3 libros: "Aprende de tus cicatriz.ex" ( 2021, Vadeletras Editorial); "Tu cuarentena" (2020, Vadeletras Editorial); "Cuántas ranas hay que besar hasta encontrar al Príncipe Azul" (2015 Editorial Humanitas)
24:36
October 11, 2021
Día Mundial Alzheimer 2021
Nunha poboación envellecida, un estilo de vida saudable axuda a combater as demencias.
03:23
October 8, 2021